Cotillón social

cotillon

Moi ben debemos vivir en Baiona si a maior preocupación do departamento de benestar social é si podemos ou non disfrutar dunha festa de fin de ano en condicións, con cotillón e todo. Seica non hai baioneses que pasen apuros para alimentar á súa familia, disque os que están en paro poden pór langostinos na cea de fin de ano pero nada máis.

Independentemente da ironía que pode conlevar esta nova, non deixa de sorprendernos que o Concello de Baiona se enfrasque nunha medida da que non temos moita certeza dos apoios que poda recoller. De seguro que a oposición aproveitará a ocasión, pero o sector da hostelería pode estar nun dilema de consideración. Son varios os establecementos que pretenderán ofrecer este servizo e de súpeto lles sae a competencia desde o mesmo concello, ¿qué lles parecerá esta medida?

Pero o máis paradóxico disto é que un Goberno Municipal que non ve con bos ollos o fenómeno do botellón e o uso do Noitebus salga agora cunha festa de fin de ano en plena vía pública. Contradictorio ou non, voltamos a estar ante unha medida que non se conxuga precisamente coas demandas máis perontorias daqueles baioneses que peor o están a pasar nestes momentos de crise. ¿Perderon o norte os nosos políticos ou é que o que perderon é o contacto cos seus cidadáns?

Con todo, déuse o pistoletazo inicial das festas do Nadal e Fin de Ano, ésta non será a única nova relacionada con estas festividades, podémolo asegurar.

15 Comentarios

  1. barrabí dijo

    1 de Decembro del 2009 a las 10:21

    Esto é outro dos despropósitos da Sra. Silva coa venia do Sr. Almuíña. Pero é que a nova non ten desperdicio algún, tan so hay que ler as “declaracións” da concelleira. Pero fagamos unha análise pormenorizada da mesma;

    Eu considero que non é mala idea facer unha festa para recibir o ano, de feito faise en moitos lugares, pero sorprende que co que nos teñen machacado dende o grupo de goberno neste ano de “crise e calamidades por culpa de ZP”, consideren esta festa como oportuna este ano.

    “una alternativa a quienes se quedan en casa solos viendo la tele”, non sei si é que nos cre tan inxenuos a Sra. Silva, pero a xente que queda na casa esa noite é porque quere.

    “creimos conveniente prepararla ahora por las dificultades que atraviesan muchas familias” Pois esto si que é pensar nas familias e na crise. Voltamos ao goberno de “reparto de alimentos entre os pobres” o goberno dos Robin Hood e dos premios nobeis da paz. Estou esperando ver o rastrillo da beneficencia ¿nunca se lles ocorriu? Poderíamos ver a todas esas señoras cos seus abrigos de piel e collares de perlas traballando para os máis necesitados. Non Sra. Silva, a xente necesitada non necesita esmolas, necesita traballo para non ter que ter dificultades económicas, e dende o Concello non so non se fai nada, prefírese esta situación para vender esmolas ¿votos a cambio de turrón?

    Pero os despropósitos continuan, é que a festa comeza a unha da madrugada e remata as catro…, é que nin eso fan ben, por que digo eu, de facer, facer xa cas campanadas “pq haberá familias que non teñen luz e non poden ver as campanadas por televisión”. E supoño eu, que levarán personal a traballar esa noite… ¿parados? ¿serán os de sempre os colaboradores? ¿Haberán medidas para controlar o ruido? ¿Todo vale en fin de ano? ¿estará ben cuberta a festa en canto a medidas de seguridade? ¿Haberá esa noite policía local? ¿estará a Guardia Civil para controlar a festa da beneficencia do Sr. Almuíña? ¿Os hosteleiros da zona necesitan realmente esa noite unha “axuda” por parte do concello para animar á xente? ¿Non sería mellor animar a xente en calquer outra data do ano en que os hosteleiros (que non son os únicos comerciantes do concello) en épocas de menor intensidade de volume de negocio? ¿Esta festa é positiva para alguén que monta unha zapatería? ¿para aquel que ten unha clínica veterinaria ou de fisioterapia? ¿atraerá o turismo? ¿”Animará las cafeterías”?

    E xa postos cos despropósitos. A xente en plena rúa, ¿vai entrar en calor cun antifaz, serpentinas e matasogras? ¿Bailando? ¿Dende esa concellería se pensou na xente que non pode bailar e que está soa na casa e van ir morrer de frío ata as 4 de mañá? ¿Haberá calefactores para a xente?

    ¿É ou non é outra chafallada do goberno Almuíña?

    Saudos quentes..

  2. maria dijo

    1 de Decembro del 2009 a las 10:42

    barrabi non saves ti canto estou dacordo contigo pensa esta señora xunto con o alcalde se hai nenos que os pais non teñen para comprarlle nada , pensan estes señores se poden ter un cacho de turron , pensan estes señores se este ano poden permitirse moita familia calefacions , pensan estes señores que moitos de nosos veciños estan a vivir con familia co 800 euros .o menos e de pena de vergonza pero o peor de todo que eles quedan satisfeitos e con isto xa esta isto demostra xunto con moitas cousas mais que esta señora e unha incomptente xunto con os servicios sociales tecnico de emprego axuda a muller e que se deixen de criticar ao governo central que o deber deles e gobernar baiona e buscar o ben estar dos baioneses/as coma non sepan facer mellor con perdon bamos de culo esta a sair o que todos estamos a denunciar en este blogs de baiona consciente a imcompetencia de todos estes señores .que teñen a traballadores traballando polas ruas sabados e domingos cando eles sabado e domingo teñen libre non e xusto pidolle desde aqui a os politicos de baiona que sei que fan o que poden que inviten a traballar a este governo tamen sabados e domingos e a o señor vilar que tamen traballe pola semana qe que se deixe de ser con o movil centralista

  3. Marcote dijo

    1 de Decembro del 2009 a las 12:05

    Non son campanadas, senón badaladas.

  4. maria dijo

    1 de Decembro del 2009 a las 14:11

    a concejalia do benestar sicial di no faro de vigo textualmente ….asegura frente a las posibles citicas por que sea su departamento …..a señora concejala esta moi equivocada a min dame igual tanto que sexa o departamento dela como sexa doutro ,,este departamento que di que e dela tamen ten que ver o alcalde se esta ben o mal …non so isto este departamento que di que e dela que fai polo ben estar do cidadan de baiona ,,,so se lle ocurre isto pois que ben que pensa que fai unha hazaña balla benestar social que ten baiona …non me estraña que nos balla asi

  5. veraneante dijo

    1 de Decembro del 2009 a las 22:41

    Desde luego no es una de las necesidades acuciantes de Baiona, pero creo que la crítica es exagerada, tampoco está tan mal. Se hace en muchas localidades del Estado, y los hosteleros no protestan ¿Los de Baiona tienen motivos para protestar?
    Sigo apoyando cualquier fiesta que se celebre en invierno, para los de todo el año, y no para esos que sólo vienen en verano; A ver si conseguimos que no se celebren actuaciones y fiestas en verano, ¡Que nos dejen en paz!
    Dos cosas para Barrabí. De acuerdo en lo del horario, todavía no puedo entenderlo, son unos artistas. Por otro lado decirte que sí que hay mucha gente que desgraciadamente está muy sola, y esta es una manera de que por lo menos empiecen el año rodeados de vecinos y conocidos, la idea no es tan mala. Saludos.

  6. Manda Baiona dijo

    2 de Decembro del 2009 a las 9:48

    A min a festa en sí non me parece mal e de seguro que lle da “clientes” os bares.
    O que é de morrer de pena son as argumentacións desta xente. Son presas da súa verborrea incontrolada e agora non poden decir que organizan unha festa para colaborar a encher Baiona de “cogorzas”, que deixan cartos sí, pero cogorzas ó fin e o cabo.
    Se esta é a única iniciatriva da concellería de benestar social é que temos o que merecemos e o espíritu de Chicho e o seu autobús, continúan entre nós.

    ¡¡ Manda Baiona !!

  7. barrabí dijo

    2 de Decembro del 2009 a las 10:37

    Varias cousas:

    – Marcote, claro que son badaladas, o meu galego non é o normativo, síntoo. Nunca escoitei aos meus avós dicir “badaladas”

    – veraneanto, xa dixen, unha festa non está mal, a min a idea non me parece mal, paréceme mal no momento en que se pretende facer a festa (ca que está a caer según eles mesmos). E en segundo lugar, estamos de acordo, hai xente sola, moitos por que queren precisamente esa soidade, e outros porque non lles queda outra, agora ben, a toda esta xente, non teñen máis que sair a rúa… é así de sinxelo, en Baiona non se celebran moitas festas onde se cobre a entrada, é un lugar moi recomendable para sair, e as rúas están cheas.

    O que estaría ben sería tomar as uvas no reloxio da vila, claro que… ¿onde está ese reloxio? ¿o que temos furrula? Haberá chocolate para os asistentes ao guateque de noitevella?? Todo son incógnitas, pero quen mellor que a ilustrada da Sra. Concelleira para alumearnos e darnos vida.

    Saudos normativos

  8. maria dijo

    2 de Decembro del 2009 a las 10:46

    http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2009/12/02/vilagarcia-lidera-formacion-parados-o-salnes-3-centros-21-especialidades/391456.html

    con todos meus respetos señor veraneante vostede sabera moito de istoria pero o que non ten idea das necesidades que teñen os cidadans de baiona,, bostede di que se esaxera pois familias e non familias en baiona estan a convivir 420 euros e familias con fillos con 800 euros.. e persoas que falando con elas fai 3 meses non tiñan para pagar o seu piso de alquiler. cando di vostede que non esta tan mal que entende vostede por iso que ten unha paga segura ,un emprego seguro ,o que se bostede save moito de historia eu sei moito de necesidades o por que xa o explicarei mais para a diante pero asegurolle a bostede que en baiona hai necesidades senon por que segun vostede hai canbio de libros por alimentos tamen teño que decir que a idea non e tan mala pero non e o momento xusto, so lle pediria a bostede que se informe das necesidades que hai en este concello ,e vera bostede o que estan a facer .tamen respeto a sua opinion e como dixo en unha ocasion que non estendia o que escribia se quere digamo .e escribireno en castellano un ,saudo tamen para vostede señor veraneante de unha ciudadana de baiona que ten moitas faltas de ortografia e non fixo moita escola pero isto non qure decir que de este tema entenda bastante por desgracia

  9. maria dijo

    2 de Decembro del 2009 a las 11:04

    honte saiu en tele vigo a conselleira de benestar de emprego e de igualdade falando sobre a festa do fin de ano cada vez estou mais convencida que e unha imcompetente eu non sei escribir ,pero ela non save falar eu son unha cidadana ,ela e unha conselleira que representa a todos os baioneses /as dixo tamen algo de servicios sociais e de aceba ,tamen dixo que a carpa estaba para tapar as cabezas e se facia malo as do lado e sinceramente amin os meus escritos o veraneante non nos entende pois amin pasame o mesmo cando ela fala pero de verdade que abia cousas que non nas entendin

  10. veraneante dijo

    2 de Decembro del 2009 a las 22:32

    Campanadas, badaladas, ambas formas son correctas. Pero relojes que den badaladas hay poquitos, más bien las badaladas se tocan en las iglesias.
    En Baiona había que yo recuerde dos relojes con sonido, uno daba badaladas (el de la calle del Reloj, antes José Antonio ) y el de la Caja de ahorros en Elduayen, que si sonaba y pasabas por debajo o estabas en la terraza del Atlanta te rompía los tímpanos ,aunque no daba badaladas. Creo que el reloj de la Caja está en la parte de arriba de la fachada del nuevo edificio pero ya no pita. En resumen, si no hay badajo, no puede haber badalada. Saludos.

  11. maria dijo

    3 de Decembro del 2009 a las 9:36

    badaladas ,se hai ganas mirade o dicionario da lingua galega eu vinno

  12. maria dijo

    4 de Decembro del 2009 a las 10:59

  13. maria dijo

    4 de Decembro del 2009 a las 13:51

    sego nas mesmas honte no pleno cando eu cheguei estaba falando a conselleira de servicios sociais que eu so poiden entender ,ley da dependencia , biberon de leite nenos galegos nos osos , pontevedreses ,galegos .e asta creo aver entendido vivamos como galegos . mais tarde perguntei a unha pesoa de que estaba a falar e dixeronme que estaban coma min e coma todos hoxe volvin a preguntar o mesmo a outra persoa e contestaronme o mesmo enton se era un tema da ley da dependencia a miña pregunta e ¿e logo por que mezclou allos con cebolas ?isto non ten sentido pero esta e outra prova da imcompetencia de esta señora seguro que pouco a pouc se veran mais que non save diferenciar e mete todo no mesmo saco

  14. maria dijo

    7 de Decembro del 2009 a las 12:35

  15. maria dijo

    8 de Decembro del 2009 a las 11:12

    http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2009/12/08/0003_8157248.htm

    ¡¿preguntome eu e por ilegales todas o por que aunion europea estalle a petar ? quen e responsable de que alla tanta ilegalidade ,,,,,

Comentarios RSS