BC apoia o manifesto “En defensa dos dereitos fundamentais en internet”

Image

O novo anteproxecto de “Lei de economía sostible” que pretende aprobar o Goberno de España acaba de facer saltar as alarmas de milleiros de internautas de todo o Estado. Desde este blogue queremos manifestar a nosa repulsa por esta proposta que permitiría pechar as webs que un grupo de censores consideren que violan os dereitos de autor.

A revolución na rede está en marcha: en apenas 8 horas xa hai case 80.000 entradas por internet adiante co texto íntegro facendose eco do manifesto. Un manifesto creado por uns 40 blogueiros e xornalistas na noite de antes de onte. Un manifesto que apoiamos desde aquí:

Manifesto “En defensa dos dereitos fundamentais en Internet”

Ante a inclusión no anteproxecto de lei sobre a economía sustentáble das modificacións lexislativas que afectan o libre exercicio das liberdades de expresión, de información e o dereito de acceso á cultura a través de Internet, os xornalistas, blogueiros, usuarios, profesionais e creadores de Internet manifestamos a nosa firme oposición ao proxecto, e declaramos que …

  • 1 .- Os dereitos de autor non poden estar por riba dos dereitos fundamentais dos cidadáns, incluíndo o dereito á privacidade, a seguridade, a presunción de inocencia, á tutela xurisdiccional efectiva e a liberdade de expresión.
  • 2 .- A suspensión dos dereitos fundamentais é e debe seguir sendo unha competencia exclusiva do Poder Xudicial. Nin un peche sen unha sentenza. Este anteproxecto, ao contrario do disposto no artigo 20.5 da Constitución, pon en mans dun corpo non xudicial, un organismo dependente do Ministerio de Cultura, a potestade de poder impedir o acceso dos cidadáns españois a calquera páxina web.
  • 3 .- A nova normativa vai xerar inseguridade xurídica en todo o sector tecnolóxico español, perxudicando unha das poucas áreas de desenvolvemento e futuro da nosa economía, dificultando a creación de empresas, introducindo barreiras á libre competencia, e trabando a súa expansión internacional.
  • 4 .- A nova lexislación proposta ameaza aos novos creadores e dificulta a creación cultural. Coa Internet e os sucesivos avances tecnolóxicos democratízase drasticamente a creación e emisión de todo tipo de contidos que xa non veñen principalmente das tradicionais industria culturais, se non de moitas fontes distintas.
  • 5 .- Os autores, como todos os traballadores teñen dereito a vivir do seu traballo con novas ideas creativas, modelos de negocio e actividades relacionadas coas súas creacións. Tentar de soster con modificacións lexislativas unha industria anticuada que non sabe adaptarse a ese novo ambiente non é xusto nin realista. Se o seu modelo de negocio baséase no control das copias dos traballos e na Internet non é posíble sen violar os dereitos fundamentais, haberán que atopar un outro modelo.
  • 6 .- Cremos que as industrias culturais precisan para sobrevivir de alternativas modernas, eficaces, credibles, accesibles e que atendan os novos usos sociais, en vez de limitacións tan desproporcionadas coma ineficaces para o fin que afirman perseguir.
  • 7 .- Internet debe funcionar libremente e sen interferencias políticas patrocinadas por grupos que buscan perpetuar modelos de negocio obsoletos e impedir que o coñecemento humano siga sindo libre.
  • 8 .- Demandamos que o Goberno asegure por lei a neutralidade da rede en España, ante calquera presión que poda ocurrir, como un marco para o desenvolvemento dunha economía realista e sustentábel para o futuro.
  • 9 .- Propomos unha reforma real dos dereitos de propiedade intelectual co fin de: retornar á sociedade o coñecemento, impulsar o dominio público e limitar os abusos das entidades xestoras.
  • 10 .- Nunha democracia as leis e as súas modificacións deben ser aprobadas despois do debido debate público e de ter consultadas todas as partes implicadas. É inaceptable que se fagan modificacións lexislativas que afectan os dereitos fundamentais nunha lei non orgánica e que trata de outro tema.

7 Comentarios

  1. veraneante dijo

    3 de Decembro del 2009 a las 19:57

    Mi adhesión incondicional y rotunda, enérgica y total. Saludos

  2. baionaconsciente dijo

    3 de Decembro del 2009 a las 20:51

    As débedas do pasado acaban tendo que pagarse, ¿non si?

  3. AIXIÑA dijo

    3 de Decembro del 2009 a las 21:08

  4. veraneante dijo

    3 de Decembro del 2009 a las 22:05

    Aixiña, tu enlace no me aporta nada nuevo; Este hombre o miente mucho o no sabe lo que dice. Viene siendo habitual en él. Saludos

  5. pentamaster dijo

    4 de Decembro del 2009 a las 21:27

  6. barrabí dijo

    9 de Decembro del 2009 a las 10:40

    Eu por ser malo… a min o enlace de Pentamaster tampouco me di moito, a excepción de que é normal que os concertos supoñan o 90% dos ingresos, lóxico, tengo en conta que as ventas caeron nos últimos anos a niveis insospeitados. En calquera caso, eu son dos que lle van facer caso a Zapatero cando di que non se pecharán sitios web, pois que a Ministra teña eso en mente non quere dicir nin que se vaia aprobar, nin que no caso de aprobarse esto fose realmente constitucional, pq eso de pechar publicacións sen orde xudicial, a min paréceme que atentaría contra o artigo 20 da CE… seguramente, que eu non son nin do constitucional nin doutras cousas.

    Saudos web

  7. basas dijo

    26 de Decembro del 2009 a las 2:09

    Iso de que os dereitos do autor non poden estar por riba dos dereitos fundamentais dos cidadáns soa un pouco raro…. e que os autores non son cidadáns con dereitos tamén?

    Se queremos Internet libre entón si que se comezarían a violar os dereitos de privacidade. Non crendes?

    E o de que isto ameaza ós novos creadores??? crear non é mesturar, recortar, pegar e difundir. É algo máis.

    Tan só quería da-la miña opinión, aínda así non me parece axeitada a proposta do Ministerio de Cultura.

Comentarios RSS