Felices Festas, Conscientes Baiones

Felices Festas

O 2009 vai tocando ao seu fin e Baiona Consciente va tomarse uns días de vacacións. Comezaremos o 2010 con renovadas forzas, con ganas de afrontar o período preelectoral que antecederá ao 2011, ano clave para unha lexislatura que nos atrevemos a calificar xa como de transición cara a unha renovada Baiona. A Baiona do século XXI decidirase en Marzo do 2011. Pero xa tocará analizar todo iso máis polo miudo durante o 2010.

2009 foi un ano extraño no noso concello. Produxéronse acontecimentos notables na política municipal, pero si temos que quedarnos con algo é cos mariñeiros do Playa de Bakio e do Alakrana. Eles foron os verdadeiros protagonistas. Pero non deixaremos escapar a ocasión de lembrarlles que deixarse levar pola tendencia dos comentarios partidistas non foi unha boa escolla. Esta semana liberouse o barco griego Ariana, logo de sete meses de secuestro. ¿Alguén, en comparación, pode tildar logo de mala xestión do Goberno Español a liberación de ambos barcos españois? Como xa tivemos comentado anteriormente, no periodo preelectoral serán varios os partidos que petarán na porta dalgún dos protagonistas desta aventura con final feliz. Pero, sexamos sinceiros, só hai un partido con verdadeiras posibilidades de acadar o seu obxectivo, ¿non si?

En fin, desde Baiona Consciente queremos desexar unhas Felices Festas a todos os Conscientes Baioneses, sobre todo aos máis activos, como maria, Aixiña ou barrabí. Tamén ás recentes incorporacións, como Veraneante. E, como non, a aqueles que escribían habitualmente pero aos que non se lles le moito últimamente, como Pietro, Roberto ou Diego.

Iso sí, un saúdo moi especial a todos aqueles que fixeron posible que Baiona Consciente siga existindo. Eles saben ben quenes son, porque nalgúns casos coas súas contribucións e noutros co seu apoio moral permitiron que vaiamos a polos tres anos de vida. Todo un mérito para unha iniciativa que non ten subvencións da Diputación.

Vémonos do 2010, alí teremos que comezar coa tradicional carta aos Reis Magos.

12 Comentarios

  1. maria dijo

    14 de Decembro del 2009 a las 20:48

    baiona consciente moitas grazas por estar ahi e por deixarme entrar cando non era o tema desexo que baiona consciente dure moito mais e que teñades felices festas e espero que o 2010 nos traia a todos moita sorte un saudo ,,cuidado con o turron ,,, e que voltemos todos con moita forza

  2. Diego dijo

    15 de Decembro del 2009 a las 12:53

    Gústame o de “renovada Baiona”. E ogallá se poida conquerir no 2011!! Pero para iso non se pode agardar ó ano 2011, hai que porse a traballar dende xa! Dende hoxe mesmo! Hoxe mesmo xa é o futuro!!

    Unha aperta!!

  3. maria dijo

    15 de Decembro del 2009 a las 13:28

  4. Veraneante dijo

    15 de Decembro del 2009 a las 23:21

    Lo mismo; Felices fiestas para todos, y que el año nuevo os traiga fuerza para seguir en esta lucha. En cuanto a Baiona, yo pido más respeto con el medio ambiente, y menos apoyo al turismo, a las hamacas, a los chiringuitos de playa, a las fiestas y al ruido en general. En lo personal para ti, Baiona consciente te deseo que no te concedan subvenciones oficiales. De verdad, Felices fiestas para todos vosotros.

  5. AIXIÑA dijo

    16 de Decembro del 2009 a las 20:26

    Gracias a todos por aturarme,

    Salud e felices festas.

  6. maria dijo

    17 de Decembro del 2009 a las 10:56

    mentres nos vamos a pasar as navidades tamen quero acordar sin amargalle as festas a ninguen pero isto existe dentro e fora de baiona para que non se olvide como di aixiña grazas por aturarme tamen a min boas festas para todos e que poidamos seguir escribindo o noso punto de vista

    http://www.expansion.com/2009/12/12/opinion/llave-online/1260647858.html

  7. maria dijo

    22 de Decembro del 2009 a las 8:56

  8. pedro dijo

    23 de Decembro del 2009 a las 13:11

  9. Pitxi e Ditxi dijo

    26 de Decembro del 2009 a las 20:34

    Saudos a tod@s conscientes Baioneses,e q o vindeiro ano sexa moito milhor ca este.Unha aperta.

  10. maria dijo

    28 de Decembro del 2009 a las 12:26

  11. AIXIÑA dijo

    29 de Decembro del 2009 a las 12:48

  12. baionaconsciente dijo

    30 de Decembro del 2009 a las 1:00

    Grazas a todos polas felicitacións. Vémonos no 2010.

Comentarios RSS