Exemplos de preocupación social

Froiz

É famoso o dito de que o nacionalismo cúrase viaxando, por moito que a historia galega certifique o contrario. No caso que traemos hoxe a colación o que nos procurou o viaxar foi poder propór un debate moi interesante entorno ao que se entende por accións sociais. A viaxe non foi cara un destino moi lonxano, senón ao veciño concello de Tomiño.

Alí o Concello decidiu entregar un cheque social a aqueles veciños máis desfavorecidos, con cargas familiares e que non poden facer fronte ao seu sustento. Pero non se trata dunha medida populista no que se entregan cartos a cambio de votos. No caso do que falamos trátase dun saldo disponible para gastar nos supermercados Froiz e para un carriño da compra con productos de primeira necesidade. Ese saldo é mensual e pode solicitarse ao mes seguinte. Si agora comparamos esta medida social coa celebración dunha festa de fin de ano pública, ben podemos concluir que ou no noso concello o concepto de benestar social é diametralmente oposto ao que se ten en Tomiño, ou ben é que en Baiona o nivel de vida é tan elevado que se entende por primeira necesidade poder dispoñer de cotillón na última festa do ano. Unha enquisa descartaría a segunda opción, por suposto.

O señor Almuiña xa hai tempo que deixou de tentar disimular os despropósitos dos seus compañeiros de goberno, decatouse que daba igual, que por moi gorda que se fixese a xente sigue sendo fiel ao PP e lles perdoa todo. Esa impunidade é perigosa, porque pode conducir a vicios esaxerados e despertar o peor que cada ún leva dentro de sí. No 2011 o señor Almuiña volta a ter unha excelente oportunidade de rodearse dun equipo que poda sacar o mellor do noso concello ou pode voltar a optar por un grupo de persoas totalmente incapaces pero que arrastran un considerable número de votos.

O paralelismo co Goberno de España é significativo, existe unha mala xestión dos gobernantes pero resulta que non se presenta unha alternativa esperanzadora. De seguro que PSOE e BNG andan en cábalas sobre a conformación da súa lista electoral, cando deberían estar xa saindo ás rúas a explicar cales son as solucións que porían en marcha para os principais problemas dos baioneses. Desgraciadamente voltará a triunfar a desidia e teremos que ir a votar ao menos malo.

42 Comentarios

  1. maria dijo

    13 de Xaneiro del 2010 a las 21:55

    que razon tes baiona consciente pero os votos tamen se cobran con adiantar citas medicas e en garaxes como cando se dixo nun pleno prometendo cousas que non se cumplen cando uvo o problema na escola de fontes non so iso senon que se dan traballos facendo ver que esta facendo un favor cando e un dereito de un cidadano que os entes publicos velen polo ben estar dun cidadan so que o señor almuiña vendeo como favores estan facendo en moitos sitios que dan un vale para as familias necesitadas pero parece ser que en baiona con afesta do fin de ano xa esta asta cando se vai a permitir que con os nosos impostos fagan o que lle peta en vez de axudar en estes momentos o cidadan e se se protesta fan represalias e por encima riense do cidadan isto e a transparencia e boas practicas que hai no concello de baiona velar polos primos tios pais e seguidores do partido

  2. bay dijo

    13 de Xaneiro del 2010 a las 22:27

    Eu opino que Almuiña o que quere e dar unha cara diferente a Baiona , unha cara de ricachos que somos , que nos sobran os cartos …. pero non de seguido lle sobraran alguns pero a mallor parte de xente de baiona non … pero Almuiña tamen o que quere e quedar ven el , dan lastima , e a sua preocupacion e minima , eu opino que polo menos tiñan que dar unha pequena visita o concello de nigran ali son mas honrados que no concello de baiona , e bo aprender Almuiña e funcionarios do concello de Baiona .

  3. maria dijo

    14 de Xaneiro del 2010 a las 10:54

    bay tes toda razon a impresion que da e esa pero iso non e o peor opeor para moitas persoas e familias de baiona e que en estes momentos que tanto fillos como pais hirmans o estan pasando mal non fan nada e o peor e que miran para ootro lado beneficiando como todos savemos a moitos achegados a eles e os que falan e protestan fanlle represalias amenazan como por exemplo fixeron cando foi da escola de fontes esta e a otra cara de estes para min inpresentables e non so iso se non que sacan a constitucion cando lle con ben cando eles incunplena de continuo acia a os cidadans eu teño moitas faltas de ortografia o como dixo alguen unha vez que non se me entendia o que escribia .pero coñezo os meus dereitos e non son parba un saudo bay

  4. barrabí dijo

    14 de Xaneiro del 2010 a las 11:56

    Home, hai carga de razóns en tódolos comentarios. Si ben é certo que as necesidades dos baioneses son especiais, de feito, os resultados electorais de Tomiño e Baiona son distintos, e a cor do seu goberno tamén, é por esto que en Tomiño priman outro tipo de necesidades sociais, e en Baiona, como era de esperar, outras, máis, digamos, faranduleiras. Pero xa que traemos a exemplo a carpa de fin de ano, comentar que en Baiona se ve que non habían moitas persoas soas que non se podían permitir un cotillón en fin de ano, por que a asistencia de un cuarto para abaixo, e os presentes, na súa maioría dos que íamos ver o que alí acontecía. Quero supoñer que a xente que estaba soa, realmente e como di o refraneiro, prefería “estar soa que mal acompañada”. Pero de seguro que dende o Goberno Almuíña toman nota para que non se lles adiante o concello de Tomiño, e en próximas datas sorprenderanos na prensa cunha foto cun cheque xigante no Froiz por esto de acadar o Nobel da Paz.

    Saudos sociais

  5. Manda Baiona dijo

    14 de Xaneiro del 2010 a las 12:34

    Bos e conscientes días.
    Da chamada “carpa social” non quero nin falar porque prodúceme irritación na pel. Se de verdade no hai máis ideas que esa…
    O preocupande de verdade, é a falla de capacidade que ten esta xente. E desafortunadamente, non é só un problema do PP. En Baiona hai moita xente capaz e formada que sería moi válida para tarefas de goberno pero non están en política ¿porqué? Quizáis os partidos teñan que pensar qué fan ou non fan para contar con bos equipos, implicados e ilusionados en traballar polo pobo. Baiona necesita xente que a dirixa coa vista posta a longo prazo e non para organizar festas, autobuses, días do turista, “rapa dos montes” ou alicatamento de rúas.
    Baiona necesita e merece xente boa e con proxecto. E se non hai alternativa, teremos carpa moooooooitos anos.

    ¡¡ manda baiona !!

  6. Diego dijo

    14 de Xaneiro del 2010 a las 13:31

    Bo apunte Manda Baiona,

    o de Baiona é de análise sociolóxico. ¿Cómo é posible que 4 nomes poidan, non só gobernarnos durante 30 anos, senón adormecer ata matar a consciencia e interese dos baioneses pola política? Hoxe mesmo houbo pleno do concello. Pois ben, incluíndo á prensa chéganme os dedos das mans para contar ós asistentes.

    ¿Por qué non hai relevo e non entran os mellores? Pois ben doado. Porque terían que deixar paso os “menos” mellores. E iso mentres teñamos as regras de xogo que temos (de elección institucional e de elección orgánica) vai a ser cando menos complexo e seguirá sendo cousa de catro.

    Bicos e apertas,

  7. Diego dijo

    14 de Xaneiro del 2010 a las 13:40

    Por certo, invítovos a sumar no grupo de Facebook “Por 1 cambio en Baiona”. Grupo horizontal de suma polo cambio:

    http://www.facebook.com/group.php?gid=244355531832&ref=ts

    Bicos e apertas,

  8. AIXIÑA dijo

    14 de Xaneiro del 2010 a las 20:40

    Non podemos estar criticando continuamente pois non todo o que fan ten que esta mal feito.

    Non creo que as necesidades dos Baioneses sexan especiais e tampouco creo que faga falta facer un análise sociolóxico de nada.

    Non sera que en 30 anos non tuvemos mellores donde escoller ?

    Temolos hoxe ?

    Donde estan ?

  9. maria dijo

    14 de Xaneiro del 2010 a las 21:35

    aixiña sinto non estar dacordo contigo ainda que tamen o respeto as necesidades dos baioneses /as e das familias que me creas o non estan a convivir alguhas con fillos con 800 euros e outras con menos tamen e certo que as hai fora de baiona pero eu son cidadana de baiona e vivo en baiona e sei o que estan a facer e asegurote ati que hai moito mais eu non fago ningun analise so escribo algo do que sei e me calo tamen moito mais si te podo decir e sei do que falo que se estan a reir do cidadan dime algo que allan feito ben en estes momentos e sinceramente te contestarei e reiterome do que dixen estan a traballar para eles e seus coñecidos e para os cidadans en dificultades miran para outro lado

  10. Diego dijo

    14 de Xaneiro del 2010 a las 21:47

    Aixiña,

    os baioneses non temos problemas especiais pero a pregunta é: solventáronse os básicos nestes 30 anos? Pois nin sequera iso! O exemplo é o lixo, o máis básico. Pódesme crer que segue a ser un dos problemas máis recurrentes dos veciños!

    Tivémolos, témolos e terémelos. Temos veciños traballando en empresas importantes fora de Galicia e mesmo de España, estudando e traballando nas Universidades do estado e do estranxeiro, e sobor de todo fillos deste tempo, pero a pregunta é: deixarémolos? Eu non me creo iso do desinterese da xuventude…

    Apertas,

  11. Veraneante dijo

    14 de Xaneiro del 2010 a las 22:45

    Feliz año a todos. Manda Baiona tiene razón. De esto ya opiné hace tiempo. La gente válida en Baiona se ha ido desilusionada de la política; Y sí, teneis que reconocerlo, hay demasiada inquina personal y \contra todo porque si\. Cualquier cosa que se haga en Baiona va a ser criticada,da igual lo que sea.
    Diego, en el tema de la basura se ha avanzado mucho en los últimos años, de todas formas, el gran problema de Baiona va a llegar en 2 ó 3 años , y es la quiebra total gobierne quién gobierne; Analizar un poquito el presupuesto, es insostenible, y no a largo plazo. Saludos.

  12. Manda Baiona dijo

    15 de Xaneiro del 2010 a las 8:58

    Aixiña, de verdade crees que en Baiona non hai xente máis preparada que a gran maioría dos actuais concelleir@s??? Hoxe, en Baiona hai unha gran cantidade de persoas con titulacións superiores e postos de certa responsabilidade en diferentes empresas. O problema e que a clase política deste pobo dende hai 30 anos é vergoñenta a afasta de sía a casi calquera con certa ética. Tivemos ó primeiro alcalde inhabilitado da democarcia, tivemos independentes que, logo de pasar pola alcaldía pactaron con todo canto partido llo propuso, tivemos alcaldes que duraron meses, mocións de censura…e por si acaso todos con todos, non vaia ser que o conto cambie e teñamos que volver a ser amigos. ¡¡¡triste!!! Baiona necesita ilusión e algo ou alguén que a canalice e non creo que iso se poda esperar do concello.
    Quebraremos pero será por non ter un concepto de pobo definido; perdemos identidade, perdemos atenticidade e cando alguén non sabe ou no quere saber qué é e de dónde ven….
    Creo que foi Séneca que dixo que ” Se non sabes a qué porto vas, ningún vento te será favorable” e Baiona, hai demasiado tempo que non sabe a dónde vai

    ¡¡¡ Manda Baiona !!!

  13. Roberto dijo

    15 de Xaneiro del 2010 a las 9:32

    Moi bo post, para comezar o ano.

    O Goberno de Almuiña, polo momento está tendo vía libre, a oposición prácticamente nin se está escoitando, é non poderá queixarse de que non poido poñer en marcha o seu programa, é máis, ata está contando con votos favorabeis nos plenos, nestes tres últimos estanse aprovando por unanimidade a maioría dos puntos.

    Que quero decir con isto, pois que tocou teito a súa xestión, está adicandose o día a día, sen ilusión por proxectos novos, o Pepchab e o Plan Xeral no caixón, ata despois das eleccións, case seguro.

    Agora tocalle mover ficha a oposición neste ano que queda para as eleccións municipais teran que ser capaces de demostrar que sí existe outra maneria de gobernar e de poñer a Baiona a altura que se merece, terán que ser quen de ilusionar de novo os veciños deste concello que poden ver como Baiona está anquilosada, que en 6 anos de goberno de Almuiña non avanzamos nada, agas catro pedras e menos aparcamentos no centro de Baiona.

    En fin, temos moito traballo e todos debemos arrimar o hombro.

    Unha aperta a todos e Feliz Ano.

  14. maria dijo

    15 de Xaneiro del 2010 a las 11:08

  15. barrabí dijo

    15 de Xaneiro del 2010 a las 12:28

    Certo é, o complicado dos orzamentos non está en que sexan insostibles, o problema é o do curto prazo, as ideas (neste caso) que do futuro de Baiona poida ter o Goberno Almuíña reflexanse directamente no presuposto. Un exemplo é que leve gran parte do peso de gastos o gasto de persoal, e enriba, con problemas ¿non falla algo ahí?

    ¿Qué o ciclo Almuíña chegou o máximo? Pois eso se decidirá nas vindeiras eleccións, ¿ten algo que ofrecernos innovador ou que nos de esperanzas para o progreso de Baiona? Non, de feito en seis anos non ofreceu moito, mais do mesmo, e un plan xeral que debería definir o modelo de vila que queremos e que o que vai facer é anclarnos no que xa temos, por moitos anos, onde están a primar os intereses persoais ante todo.

    ¿Qué facer os que non estamos no poder? Pois a oposición propoñer e defender o modelo de Baiona que se quere e se necesita, e esto debería ilusionar a calquera… é sinxelo, e o mellor de todo, é viable. Os veciños, valorar e non quedarnos no dito aquel de “máis vale malo coñecido que bo por coñecer”.

    saudos inconformistas

  16. maria dijo

    15 de Xaneiro del 2010 a las 15:44

    http://www.mtas.es/SGAS/ServiciosSocDep/ServiciosSociales/Sistema/Sistema.htm
    traballan en baiona tanto a concejala como os servicios sociales en baiona asi ,,,e con axente que realmente o necesita

  17. maria dijo

    15 de Xaneiro del 2010 a las 15:49

    e sigo respeta o concello de baiona a constitucion española respeta o concello de baiona o estatuto gallego
    http://www.benestargaliza.org/files/Lei%2013-2003%20do%203%20de%20decembro_0.pdf

  18. maria dijo

    15 de Xaneiro del 2010 a las 16:02

    http://noticias.juridicas.com/base_datos/Admin/l30-1992.html

    estas leyes tamen anparan o cidadan igual que a constitucion e mais o estatuto e hai mais que o concello de baiona non cumple con os seus deberes pero nos como cidadan si cumplimos son os que din que traballan para o cidadan e ,,,recalco por si alguen pensa que polo que escribo hai algo personal ,,,que quede claro ,,,de iso nada

  19. maria dijo

    15 de Xaneiro del 2010 a las 16:14

  20. maria dijo

    15 de Xaneiro del 2010 a las 16:20

    http://www.tt.mtin.es/eu2010/es/noticias/empleo/200912/EMP20091228-002.html

    isto e o que estan a facer n baiona con relacion o que teño comentado moitas veces tios primos hermas e amigotes son os que se chaman en chufados e seguiran mentres os que verdaderamente necesitan estan sen poder facer nada por desconocimiento por iso en baiona aproventan con os amigos etc

  21. AIXIÑA dijo

    15 de Xaneiro del 2010 a las 17:14

    Non teño dudas de que en Baiona hay xente muy preparada e con titulacións superiores pero eso non me dice nada.

    Tamen Almuiña ten titulacion superior e tamen estuvo en empresas con postos de responsabilidade e estades decindo que non vale.

    Tampouco creo que o alcalde actual e o seu equipo se poidan considerar uns vellos e portanto eu tampouco me creo iso do desinteres da xuventude.

    Penso que o problema dos diferentes partidos non e encontrar candidatos con titulo( hay muito mil eurista)

    Fai falta xuntar “un equipo de personas” que con e sin titulo non paren de traballar mentras non consigan a alcaldia.

  22. AIXIÑA dijo

    15 de Xaneiro del 2010 a las 18:31

    Leendo o punto “10 MOCIONS DE URXENCIA” tamen “Froiz” esta en Baiona.

    http://www.baiona.psdeg-psoe.org/archivos/398archivo.pdf

  23. Alalá dijo

    15 de Xaneiro del 2010 a las 21:24

    Dende logo, é complicado lendo estes comentarios facerse unha idea do que realmente buscamos nos gobernantes de Baiona. Posiblemente cada un temos unha opinión. O que sí resulta curioso é ler asiduamente comentarios como, que a oposición vota a favor nos plenos, que non existe, etc., é decir a culpa é da oposición, pois así apañados vamos.
    Temos que recordar que a oposición no Concello representa casi a metade dos baioneses e ten a obriga de defender os seus intereses tanto como o Goberno, polo cal non debe escandalizar que en ocasións haxa temas que se voten por unanimidade, sempre e cando sexan de interés para os veciños. Dificilmente poderán levar a cabo o programa electoral que defenderon cando se presentaron as eleccións, aínda que soamente haxa un concelleiro de diferenza entre goberno e oposición non debemos olvidar que o goberno ten maioría absoluta.
    O que si se vota de menos é un referente de futuro, con capacidade de transmitir proxectos de futuro e ilusionar con eles os baioneses.
    En canto de si os gobernantes deben ser titulados ou non estou mais de acordo con quen dí que o que hai é que traballar sen descanso e sobre todo quererlle ó noso pobo.

    Un saudo

  24. maria dijo

    15 de Xaneiro del 2010 a las 21:31

    tamen quero comentar o que oxe me dixo unha veciña de baiona que polo visto estan a decir que quen queira traballar no novo carrefur ten que ir a falar con o señor manolo vilar so con el ,, e logo o señor tecnico de emprego que esta a facer no concello esta de estampa e a señora directora de axuda a muller polo visto en vez de estar no seu posto de traballo esta a pasear tomando cafe que din que casi nunca esta pois tamen esta para informar o ,,,,non isto e o que en baiona non funciona xente con titulo so que ocuopa un posto de traballo 1º por enchufe 2º por incompetencia e 3º por estar sentada o paseando,,,asi vai baiona e o peor e que din que fan o seus deberes como que o cidadan de baiona fose parbo ,,,non si

  25. Diego dijo

    15 de Xaneiro del 2010 a las 23:03

    Apaixoante debate!

    Aixiña,

    coido que estas a levar as cousas ó extremo. Se te moves un pouquiño atopasme en moitas cousas. E Almuiña? pois Almuiña sexa titulado, novo ou o que se queira hai que metelo xunto a Vilar no saco que fixo Manda Baiona máis arriba.

    Unha aperta,

  26. AIXIÑA dijo

    15 de Xaneiro del 2010 a las 23:33

    Diego,
    Eu son de izquierdas pero para min Almuiña e nestes momentos o mais preparado e tamen o mais conveniente para Baiona.

    Para o 2011 espero que alguen me faga cambiar de idea………

  27. Alalá dijo

    16 de Xaneiro del 2010 a las 14:16

    Aixiña, por qué non me sorprende ler o teu último comentario?
    Será porque non é a primeira vez que o escoito na rua?

  28. maria dijo

    16 de Xaneiro del 2010 a las 14:38

    aixiña se ti dis que almuiña e o que esta mellor preparado pode ser pero que governe para todos por igual nin de coña eu sei de persoas que non estaran demasido preparadas pero sei que son moi boas personas e creo que para governar ben non so hai que estar preparado senon que hai que ter mais que iso e falo de baiona ,,vale ,, 1º ser bo politico ,,2ºgobernar igual para todos posto que un alcalde cara o cidadan non pode ter color politico posto que todos contribuimos con os nosos impostos 3º transparente e justo ,,e non traballar para os conselleiros propios ..que segun di que os seus conselleiros non llos toquen que son coma seus fillos e o mellor algun de vos din que estas cualidades que iso non no hai en ningun sitio pero eu falo de baiona e como se governa a pesar que almuiña teña estudios e este preparado e consentidor do desgoverno que hai hoxe en dia dende logo eu respetarei todos os puntos de vista de todos espero que tamen se respete os meus saudos

  29. maria dijo

    16 de Xaneiro del 2010 a las 14:44

    http://www.baiona.org/?20101,1

    como alcalde isto non no esta a facer …e preguntome eu estando tan preparado e traballando segun din eles e sobre todo o señor rodal que fan os seus deberes como e posible que para todos os cidadans que esten en dificil situacion so vele polo ben estar dos moi achegados amin como todos os cidadans un alcalde moi preparado asi non me interesa interesame ..un alcalde que traballe por un igual para todos

  30. sinnomeposiacaso dijo

    16 de Xaneiro del 2010 a las 14:45

    Pensemos por un momento, con todas sus diferencias, en el Ayuntamiento como en una empresa, cuyo objetivo es obtener los resultados más eficientes a largo plazo para sus administrados, es decir, los ciudadanos, es decir el mercado y pensemos que ese mercado es el que demanda unos resultados eficientes. Al tratarse de un mercado en monopolio los ciudadanos somos precio aceptantes, es decir, que o nos lo comemos, o nos lo comemos. Por lo tanto, nos encontramos con lo que se conoce en economía como fallo del mercado. Fuera del monopolio del poder, la nada, o casi nada. Los demandantes, aún sin querer adquirir un producto, tienen que amoldarse a lo que establece el monopolio, otra vez la administración, que te dice: o te lo comes o te lo comes. Además de eso, este monopolio establece sus propias reglas de acceso a sus servicios, expulsando del mercado a ciertas “empresas” (otros partidos, asociaciones o entidades sin ánimo de lucro) que podrían realizar esas funciones y obtener resultados de una manera más eficiente, es decir, con menos coste y con un aumento de beneficios, entendidos como un mayor bienestar. Y todo, con unos consejeros delegados puestos por el propio mercado (léase Almuiña y Manolo Vilar) que cobran cantidades cercanas a las de “controlador aéreo” con altos incentivos hacia el ahorro para poder luego realizar reparto de capital al finalizar cada ejercicio económico, pero reparto de capital entre ellos y sus directivos (cardiño an compani).
    Se que es una asimilación un poco absurda y con muchas deficiencias en su desarrollo e inacabada, pero podría llevarnos a pensar cómo hacer desaparecer ese monopolio del poder y crear una economía de mercado en competencia perfecta y que todos puediesemos elegir donde, quien, como y de que manera hace rentable nuestro capital.
    Un saludo eficiente.

  31. AIXIÑA dijo

    16 de Xaneiro del 2010 a las 21:17

    Alalá,
    Os de Baiona da miña quinta criamonos na calle..

    Non somos unha quinta muy estudiada pero o que si somos e xente muy responsable e con muito sentido comun.

    Si queremos e mellor para Baiona o que temos que ter e muito sentidiño.

  32. barrabí dijo

    18 de Xaneiro del 2010 a las 10:10

    Lóxicamente, a cuestión non é candidaturas de licenciados ou de non licenciados. As candidaturas que opten ás eleccións municipais, incluida a do PP deben ser listas de xente con coñecementos, non so a nivel educativo, tamén a nivel humán, a nivel Baiona ou mesmo da vida en xeral e como dixo alguén por ahí, con gañas de traballar por Baiona. Defraudaríanme listas soamente de licenciados. Ningún mariñeiro? ningún comerciante? ningunha ama de casa? As listas deben levar de todo, penso eu.

    Sobre o que dixen antes, vendo o que fixo Almuíña, Sr/a Aixiña, prefiro que cambien as cousas:
    – Plan Xeral totalmente interesado (nos propios intereses de catro familias de Baiona das que non imos dar nomes) e sen un debuxo claro da idea que quere de Baiona
    – Imputacións por presuntos delitos de prevaricación
    – Medallas de ouro ao chou a faccións católico-fascistas
    – Tufillo fachilla á hora da homenaxe aos nove
    – Escasez de ideas
    – Botar balóns fora á mínima
    – As “consultas” na alcaldía… e o clientelismo
    – Xogo de favoritismo político á hora de contratacións laborais
    – Falta de oportunidades para os veciños
    – Etc…

    Eu teño motivos suficientes á hora de elexir o meu voto nas próximas municipais e sei que non quero máis do mesmo. O cambio a peor paréceme prácticamente imposible. Prefiro que veña xente nova a gobernar Baiona, que de seguro que peor non o poden facer… ou… para eso que volva Chicho, que necesito unha cafetera para o meu piso, a non ser que me propoña o Sr. Almuíña que nas próximas festas da Anunciada me vai traer as Mamachicho… entón si.

    Saudos clientelares

  33. Diego dijo

    18 de Xaneiro del 2010 a las 10:36

    Levades un bo rato debatindo sobor de si licenciados ou non e quero deixar claro que eu en ningún momento falei do tema. Teño por costumo non xeneralizar!

    Por outra banda andades a falar moito de Almuiña pero o plantexamento é moito máis amplo. Non falamos do ciclo Almuiña, falamos do ciclo político destes 30 anos. Falamos dun xeito de facer política doutro tempo que temos que deixar atrás. O nick \sinnomeposiacaso\ é bastante representativo de como estivemos e de como seguimos estando. A xuventude fuxe da política e iso non pode ser. Non falamos de que o poder cambie de mans de uns a outros, falamos de que o poder é dos veciños.

    Iso sí o primeiriño é \discriminación positiva\ para a xuventude. Sigamos crecendo:

    http://www.facebook.com/group.php?v=wall&ref=mf&gid=244355531832

    Bicos e apertas,

  34. maria dijo

    18 de Xaneiro del 2010 a las 13:54

    eu que governe quen teña ganas eu so digo que quen entre a governar que entre para que traballe para o cidadan por igual que o respete e que os servizos que hai en baiona que traballen polo pobo e que se coordinen por que diso sei moito pero que non traballen para eles mesmos que en baiona fai moitos anos que os estan a facer cando se trata de cursos o bradoiros por cooperacion por diputacion o incluso polo inen sempre esta o puñetero dedo non esta a traballar nen a xuda a muller nen o tecnico de emprego nen servizos sociais nen o inen fan o que lle peta e o que lles da a gana eu persoalmente estou farta que din que fan os seus deberes e con cartos do cidadan fan o que lles peta menos invertilo en estes momentos donde realmente fai falla …queredesme decir cando falan de facer algo polos veciños que estan en desemprego a inda non saiu nada pero parece ser que sa estan falando de que ,,si ti ,se meu pai que si meu hirman ,,,en resumen como sempre asi traballan en baiona e asi traballa ainda hoxe en dia o señor vilar e o alcalde pero o peor e quen no permite e consinte un saudo

  35. maria dijo

    18 de Xaneiro del 2010 a las 14:11

    esqueciame desexolle que o señor vilar que polo visto se opero que teña unha pronta recuperacion

  36. AIXIÑA dijo

    18 de Xaneiro del 2010 a las 22:31

    Para mellorar esto fai falta mellor equipo e mais traballo que nas anteriores.

    http://www.baiona.psdeg-psoe.org/noticia.php?idnoticia=10

    Parece que para a xente da calle e que nin unha cousa nin outra.

  37. Manda Baiona dijo

    19 de Xaneiro del 2010 a las 9:12

    Matizo as miñas verbas por su levan a erro: pediría xente preparada (non necesariamente titulada), con capacidade para tomar decisións, honrada, con ilusión e ganas de traballar, con visión de pobo, que sepa que “PU” non é Partido Humanista, que sepan falar en público se fai falla, que teñan capacidade de ilusionar e “mover” Baiona.
    Pediría ideas máis novedosas que o autobús turístico, o día do turista ou a carpa dos pobres para “facer” Baiona. Pediría que nunca máis se tire a praza de abastos vella para facer “iso” que temos agora; que non se alicaten máis rúas sen preservar a estética auténtica de Baiona; que non se constrúa máis pisos para estar vacíos; que a xente de Baiona non se teña que ir a Gondomar….
    ¿pido moito?

    Manda Baiona

  38. maria dijo

    19 de Xaneiro del 2010 a las 10:25

    manda baiona tes toda a razon pero eu tamen pido que escoiten o cidadan , e que os poucos servizos que temos en baiona que fagan o seu traballo cara o cidadan, non para os propios intereses tanto dos concejales como dos alcalde que todos veciños e veciña somos igual e que pense mais no cidadan. que nos turistas o turismo que tamen ten que governar para o cidadan cando hai vacas flacas non so cando estan gordas e governar non so se compon de arreglar calles etc …con suvencios se no que tamen ten que buscar alternativas ,,,,,esqueciame e sobre todo que se coordinen entre eles e moi importante nas administracions publicas de baiona que amin dixeronme tanto o tecnico de emprego que non estaba en cordinacion e a xuda a muller cando lle preguntei con cantas administracions estaba en coordinacion en baiona dixome que non se acordaba ,,,nen que baiona fose madrid isto e o que non vai que persoas que levan certos departamentos non teñen nin idea e alguns estan so ocupando unha silla asi nos vai por certo tamen o inem dixome que tampouco esta coordinada ,,,,,,,,e eu me pregunto quen ten que velar que esten en coodinacion

  39. maria dijo

    19 de Xaneiro del 2010 a las 12:03

  40. maria dijo

    19 de Xaneiro del 2010 a las 17:12

    Acta do Pleno extraordinario de data 23 de abril de 2009

  41. maria dijo

    19 de Xaneiro del 2010 a las 17:16

  42. LoboLarsen dijo

    19 de Xaneiro del 2010 a las 17:54

    Curiosa la nota informativa de la Brigada Medioambiente , pues todas las opiniones que escucho en la calle son contrarias.
    http://www.baiona.org/?502,1,100669

Comentarios RSS