Mudan as cousas cando mudan os gobernos

AG-57

Resulta agora que as agrupacións socialistas do Val Miñor se percataron de que os novos enlaces da Autoestrada do Val Miñor son de peaxe, excepto o tramo Sabarís-Baiona e viceversa. Curioso é que cando gobernaba o bipartito e a responsable da área era a compañeira de partido Caride non tiveran a mesma impresión ou polo menos estiveran calados ao respecto.

Esta reviravoltas hipócritas sempre teñen un custe social importante, xa que a cidadanía acaba por tomarse a cachondeo á clase política. A coherencia do discurso é fundamental cando se quere acadar unha representación institucional considerable. Esa falta de coherencia unida ao servilismo en confrontación á falta de preocupación polos problemas dos representados acaba derivando nun desencanto polas alternativas e un reforzamento do discurso titulado “Todos son iguais”.

Pero éste non é un problema só dos socialistas, trátase dun mal endémico nos partidos politicos de toda índoles. Sen ir máis lonxe, o noso Alcalde mallaba na Xunta ata non hai moito por causa das obras destes enlaces. Mudou o goberno e santas pascuas, aquí nadie protesta por nada. E no BNG vimos votar de xeito diferente unha mesma proposta segundo o concello de que se tratase no Val Miñor. Ou sexa, en todas partes cocen fabas.

¿Non hai alternativas que merezan a toma en consideración? En Catalunya xurdiu Cidadáns e demostrou ser máis do mesmo, excéntricos militantes do PP con gañas de perder o tufillo centralista que tiñan esas siglas nun país maioritariamente nacionalista. Non falemos xa de UPyD, un cóctel mortal de populismo e gañas de amarrar moqueta como non se viu na historia recente da política española.

Retomando o tema que nos traía hoxe a aquí, ¿qué pensará o Sr. Almuiña da proposta do PSOE?, ¿sumarase polo ben dos seus cidadáns ou recuará ante as altas instancias do seu partido? Agardamos acontecementos analizalos polo miúdo.

18 Comentarios

  1. barrabí dijo

    27 de Xaneiro del 2010 a las 17:16

    Por lóxica e sentido común, debería ver polo ben dos cidadáns, así que debería ter en conta esa moción, aprobala no pleno e facerlla chegar ao conselleiro.

    Sobre outras cuestións, pois dicir a favor de Caride, que ela conseguiu a obra dos enlaces sen custe algún para os concellos e que a chafallada de autopista que temos agora, ven dos tempos cando gobernaba o Sr. Fraga, con Cuiña de Conselleiro e con Manolo Vilar de alcalde… tódolo demáis, falar por falar… o lóxico é ver cara o futuro, e ese peaxe, a día de hoxe sobraría, e xa no seu día o dixo Efrén Juanes, e se nos queremos remontar ao pasado, pois… sempre hai pasado tras do pasado. E a Virxe da Roca… partida pola metade…. todo un exemplo de ecoloxismo, e de manter a paisaxe de Baiona.

    Saudos gratuitos

  2. AIXIÑA dijo

    27 de Xaneiro del 2010 a las 19:26

    Fai anos soliamos cantar……..

    Xa temos unha autopista,xa corremos como un raio,e as nosas carreteriñas tocadiñas do carallo.

    Os de Baiona necesitamos que a autopista VIGO/BAIONA sea gratis.

  3. baionaconsciente dijo

    28 de Xaneiro del 2010 a las 21:33

    Non entendemos, logo ¿é ou non é unha contradicción que a Caride vendese como un logro a peaxe porque non supuña un custe ás arcas públicas e agora o PSOE pida a gratuidade?, ¿porqué non xestionou entonces o PSOE a gratuidade cando tivo a oportunidade?

    Ninguén está exento de crítica cando se recurre á demagoxia.

  4. maria dijo

    29 de Xaneiro del 2010 a las 14:05

    http://www.baiona.org/?502,1,100682

    baiona cuida a sua historia …pero non os seus cidadans
    este seria o mellor titulo ,,,,va que si

  5. AIXIÑA dijo

    29 de Xaneiro del 2010 a las 17:21

    fe
    Fecha de publicación: 17/1/2008 La Voz de Galicia

    El consello de la Xunta ha aprobado hoy el decreto para la expropiación de los bienes afectados por la reforma de la autopista del Val Miñor, que permitirá la comunicación interna de la comarca…

    La financiación de la actuación será asumida por la Consellería y la propia concesionaria…

    Esta actuación, señala la Xunta,…

    para circular entre los tres municipios y circunvalar gratuitamente Baiona.

    Mediante el decreto aprobado hoy por el Gobierno gallego, los tres municipios de Nigrán, Baiona y Gondomar quedan liberados de aportar financiación, a lo que se habían comprometido con el anterior Gobierno autonómico en la firma de un protocolo. El actual acuerdo supone que la concesionaria asumirá la construcción inicial de los enlaces y, en el caso de que los ingresos por peaje sean insuficientes para garantizar el equilibrio de la concesión, sería la Consellería quien compensase a la empresa.

    Una de las mejoras que apunta la Xunta en esta reforma de la autopista será que proporcionará una circunvalación gratuita a Baiona.

    esto nos decian fai un ano ¡¡

  6. AIXIÑA dijo

    30 de Xaneiro del 2010 a las 13:48

    Mellor dito,
    Fai 2 anos que decian que a seria gratis,

    Esto si que nos sigue sendo un problema a os de Baiona.

    http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/03/12/3541145.shtml

  7. barrabí dijo

    1 de Febreiro del 2010 a las 9:39

    En calquera caso, con Caride se comezaron a pagar as expropiacións dos terrenos afectados pola AG-57, e se comezou a obra. Agora ca obra case a punto de rematarse, xa no 2010 toca pensar máis aló e non quedarse con “ti no seu día non o pediste”, hai ou haberá unha moción enriba da mesa ¿apuntarse ou quedarse fora? Se o post busca sacar as cores ao PSOE, mal me parece, por que se obvia que están a pedir algo necesario para Baiona e o Val Miñor e repito, mirar atrás non sempre é positivo (e xa dixen, tras do pasado, hai máis do pasado). Quizais no 2008 non fose o momento de asumila gratuidade e por eso non se fixo, agora está de novo diante nosa esa oportunidade.

    Saudos invernais

  8. barrabí dijo

    1 de Febreiro del 2010 a las 9:42

    En calquera caso, con Caride se comezaron a pagar as expropiacións dos terrenos afectados pola AG-57, e se comezou a obra. Agora ca obra case a punto de rematarse, xa no 2010 toca pensar máis aló e non quedarse con “ti no seu día non o pediste”, hai ou haberá unha moción enriba da mesa ¿apuntarse ou quedarse fora? Se o post busca sacar as cores ao PSOE, mal me parece, por que se obvia que están a pedir algo necesario para Baiona e o Val Miñor e repito, mirar atrás non sempre é positivo (e xa dixen, tras do pasado, hai máis do pasado). Quizais no 2008 non fose o momento de asumila gratuidade e por eso non se fixo, agora está de novo diante nosa esa oportunidade.

    Saudos invernais

  9. maria dijo

    1 de Febreiro del 2010 a las 16:23

    http://www.depontevedra.es/?1,19809
    tedes informacion de isto

  10. maria dijo

    1 de Febreiro del 2010 a las 16:38

  11. maria dijo

    2 de Febreiro del 2010 a las 14:09

  12. maria dijo

    2 de Febreiro del 2010 a las 14:10

  13. carmen dijo

    4 de Febreiro del 2010 a las 13:10

  14. carmen dijo

    4 de Febreiro del 2010 a las 13:16

    ¿por que os sindicatos saen agora polas pensions e non sairon cando hoxe en dia hai 4300,000 parados ? por que .e raro non

  15. carmen dijo

    4 de Febreiro del 2010 a las 13:17

  16. AIXIÑA dijo

    4 de Febreiro del 2010 a las 22:41

  17. carmen dijo

    5 de Febreiro del 2010 a las 13:20

    aixiña pero nadie me responde por que canbiaron os sindicatos ,para ir despois dacordo se gaña o pp …

    ¡e se non por que ¡

  18. carmen dijo

    5 de Febreiro del 2010 a las 13:26

Comentarios RSS