Portos de Galicia desembarca en Baiona

portos segundo o PP

E faino por todo o grande. Anuncian actuacións millonarias e, como non podía ser doutro xeito, para desfacer o feito polo bipartito. A polémica concesión entre a Doca e o Clube de Iates vaise cancelar, descoñecemos o custe que isto suporá en indemnizacións á concesionaria, e vanse facer actuacións na Doca, peirao e porto deportivo de Ronáutica.

Moitas das propostas parécennos interesantes, sobre todo si antepoñen que no recheo de Ronáutica non debe haber un só edificio, algo que racharía por completo a estética da nosa franxa costeira. Agardamos que dunha vez se resolva a eventualidade deste porto deportivo que se impuxo desde a Xunta de Fraga, con escasa oposición por parte dos baioneses, por certo.

Pero hai dúas cousas que nos sorprenderon nesta nova. Unha foi a creación dunha estación marítima “onde se poda tomar un café”. Ou sexa, que nos venden unha infraestructura para colocar unha cafetería en medio do peirao. De seguro que as que se atopan legalmente desenrolando a súa actividade no paseo de Elduayen van recibir a nova con xúbilo e desinteresado apoio á iniciativa. Todo para poder dar servizo a unha soa empresa privada, que é a que realiza o transporte ás Illas Cíes, ¿ou é que hai algún transporte de viaxeiros máis no noso peirao?

A outra é o elegante cambio de look do noso Alcalde. Si polo menos a súa política no é do agrado de moitos, pensamos que o seu novo estilo vai a causar unanimidade no seo da familia baionesa. Noraboa, señor Almuiña, non todas as súas decisións son erradas.

10 Comentarios

  1. pedro dijo

    21 de Febreiro del 2010 a las 11:03

  2. maria dijo

    21 de Febreiro del 2010 a las 21:10

    http://www.baiona.psdeg-psoe.org/noticia.php?idnoticia=354

    para isto ben e para o emprego o señor almuiña corre tanto –isto non imteresa verdade a diferencia que hai entre pp de baiona e psoe e tamen bng que estadacordo con isto …aprenda señores governates que os cidadans de baiona tamen queren o benestar dos fillos …corra tamen para o ben do cidadan e deixe tantas fotos por todo que fai aver si fai fotos pensando na necesidade dos cidadans ,,,señor almuiña dorme ben de noite

  3. barrabí dijo

    22 de Febreiro del 2010 a las 10:06

    Xa o di o refraneiro, “cando vexas as barbas do teu veciño pelar, pon as túas a remollar”, e nesas está o Sr. Almuíña. Sobre o porto.. eu non estou moi enterado do que pretenden facer. Eu o da cafetería non o vexo mal, no porto de Vigo tamén hai unha, e supoño que non será so para os pasaxeiros das Cíes, teño entendido que pretendían impulsar o transporte marítimo entre Baiona e Panxón, así que supoño que virá por ahí. Haberá en calquera caso que ver o proxecto non vaia a ser que nos tomen o pelo con esto de que “non debe haber un so edificio”, a ver se nos van a montar moitos edificios… e para rematar “as actuacións na Doca”, espero que non sexan pechala… que eu desta xente xa me espero calquera cousa.

    Saudos

  4. barrabí dijo

    22 de Febreiro del 2010 a las 10:09

    Por certo, duas cousas, a primeira é que é unha magoa que non colgasen nada ao respecto na web de Baiona, estaría ben poder consultar estas cousas, sobre todo para os que non estamos en Baiona e non podemos ir ver estes proxectos en directo. e en segundo lugar… cando falo da cafetería antes, tamén me estaba a referir á estación marítima.

    Saudos aclaratorios

  5. pedro dijo

    22 de Febreiro del 2010 a las 16:24

    o venres estiven a ver na paxina do concello por si abia ofertas publicas non abia nada donde foi a miña sorpresa que o sabado vin un amigo e dixome que abia unhas bases eu cando cheguei a casa voltei a ver e non abia nada sobre peons de obras publicas pero algun amigo que outro xa estaban fartos de saver que abia estas bases ..que qure decir que eses empregos ax teñen dono pero polo que din hai contratos de 8 meses para amigos claro esta recollin as bases o luns pola maña estamos en,,,,, baiona os contratos son de 3 meses que vergonza

  6. pedro dijo

    22 de Febreiro del 2010 a las 16:26

    estan tirando as casas e queren facer unha cafeteria en que pais vivimos esto e unha risa a todos aqueles que lle estan derribando asuas casa ,,,,se e verdadade

  7. maria dijo

    23 de Febreiro del 2010 a las 13:50

    hoxe recibin unha contestacion deo concello de baiona e me encanta como usan as leis cando lle conven a ele pero na mesma lei que poñen eles tamen hai articulos que e a favor do cidadan e e ahi cando eles o descoñecen e falo do concello de baiona seguro faranno nas restantes pero como eu falo do que me contestan do concello por iso congreto o concello de baiona e cando e asi dame moita pena posto que o concello como o alcalde e o que debe estar mais proximo o cidadan pero en baiona e todo o rebes en este concello se te poden ,,,j ,,,con perdon o fan e pobre de aquel que non coñeza todos os seus dereitos e sobre todo no concello de baiona —- cuidado —–

  8. maria dijo

    24 de Febreiro del 2010 a las 10:39

  9. pedro dijo

    24 de Febreiro del 2010 a las 10:51

    estas casas as derriban e en baiona queren facer unha cafeteria manda narices

    http://www.farodevigo.es/comarcas/2010/02/24/guarda-lleva-pleno-reclamacion-xunta-demolicion-21-viviendas/414387.html

  10. maria dijo

    1 de Marzo del 2010 a las 12:18

    http://www.lavozdegalicia.es/dinero/2010/03/01/0003_8325669.htm

    pero os que nos governan siguen con festas

Comentarios RSS