Chega o Verán cun hándicap, a suba do IVE

IVE

Por activa e por pasiva o sector hosteleiro o ten sinalado, a suba do IVE en Xullo vai supór un atranco considerable para poder manter a súa actividade, xeral emprego ainda que sexa eventual e poder pervivir en temporada baixa. O Presidente Zapatero ten comentado que a suba do IVE non vai supór un incremento dos prezos, xa que logo, supón que esa porcentaxe de incremento irá contra a conta de resultados empresarial. Ou sexa, que os hosteleiros non van subir os prezos pero van pagar máis impostos. A verdade é que aquelas empresas que fagan as súas declaracións trimestrais de IVE soportarán máis imposto pero tamén devengarán máis. O problema é que na hostelería moitos productos se mercan ao IVE reducido e incluso superreducido (como o leite), pero se venden manufacturados ao IVE máis alto.

O problema do IVE é que grava a todos por igual, ao que gaña setecentos euros que ao que se leva a casa tres mil. Non é xusto e os defensores da constitución debería lerse con certo detenimento o seu artigo 31.1 para reflexionar sobre si un imposto como o IVE é constitucional ou non e sobre si a cesión de competencias en favor dunha entidade política extranxeira (UE) é mellor ou máis consentible que en favor dunha entidade política interna (autonomías).

Neste panorama, as taperías e cafeterías de Baiona malviven, moitas pecharon e unhas cantas máis están buscando a forma de traspasar canto antes. E unha pequena disputa de territorio subxace no sector. O Florentino socialista quere quitarlle terreo ao patriarca liberal, namentres os pequenos empresarios que traballan para levar a casa o seu xornal porque se creeron aquilo de que calqueira pode ser empresario (bo truco para reducir as cifras do paro e, de paso, os parados con subsidio) caen coma moscas.

En Setembro farase análise e reconto de víctimas. Os carteis de “SE ALQUILA” e “SE TRASPASA” serán a nota dominante? Fagas apostas, señores, porque ademáis nos están a decir que se voltará a reforma a Lei do Tabaco e aqueles hosteleiros que gastaron os cartos en acondicionar os locais verán a súa inversión tirada polo retrete por unha decisión arbitraria.

Los comentarios han sido cerrados para esta nota