O PSOE de Baiona únese á rede

Arturo PereiraNos inicios de Baiona Consciente faciamos unha evaluación da presenza dos partidos políticos baioneses na rede. O resultado era desalentador, xa que a todos empregaban a rede con fines electorais e mesmo o PP nen a empregaba con ese fin.

Logo o BNG abriu un bloge e agora o PSOE estrena web de seu. De momento a xestionan como medio de difusión do seu boletín, seguindo os pasos dos nacionalistas. Pero tamén podemos atopar información tan interesante como a formación da Agrupación Local Socialista ou as mocións que van presentando nos Plenos (de momento só tenñen unha colgada).

A cousa  promete e non podemos máis que congratularnos de que un novo partido se una ao fomento da rede como medio de expresión e debate político. Agora agardamos con impaciencia que o Partido Popular se una á vanguarda e tamén empregue os mesmos medios que a oposición. O noso propósito é que estas iniciativas conflúan no noso bloge e se xenere así debate.

Semella que a toma do timón de mando por parte de Arturo Pereira posibilitou a ruptura dun modelo presidencialista como o de Carlos de la Peña e se inicia unha nova singladura con novas estratexias.

Faremos unha soa crítica. Os arquivos que se poden descargar, como poden ser os textos das novas ou as mocións presentadas, estáne formato de texto. Todo desenrolador de web sabe que o formato compatible e de lectura é o pdf, por diversos motivos, pero os dous fundamentais son que non se pode editar e é o formato máis compatible e lixeiro acadado ata o de agora. Cuestións técnicas pero que cómpre pulir.

5 Comentarios

  1. Roi dijo

    19 de Novembro del 2007 a las 13:55

    Ademais de ter nova páxina web, o PSOE tamén estreou un novo formato de boletín: hai un mes comezaron cunha folla A4 dobrada e agora só falta que poñan cores nas fotos para que sexa igual có Boletín do BNG…
    Falta de orixinalidade e falta de compromiso cos que loitan en contra do parque eólico. Se ledes o artigo que dedican ao parque eólico, parece que non están informados cando a asociación sos groba seica inforrmou a todos os grupos políticos por igual.

  2. baionaconsciente dijo

    19 de Novembro del 2007 a las 17:44

    Está ben que os partidos políticos multipliquen os seus medios de difusión da súa mensaxe. É lóxico que algúns deses medios de dupliquen, sobre todo os que funcionan, estimado Roi. Noraboa a PSOE e BNG por tentar facernos chegar as súas inquedanzas fóra do filtro dos medios de comunicación masivos.

  3. Roberto dijo

    22 de Novembro del 2007 a las 0:57

    O PSOE de Baiona está noutra onda, mentres os seus compañeiros de Nigrán que ademáis de estar Gobernando sí teñen tempo para documentarse, esocitar as dúas partes con visións encongtradas a Empresa Eurovento e o colectivo SOS A Serra da Groba levarán unha moción conxunta co BNG para solicitarlle a Consellería de Medioambiente que emita un imforme negativo tendo en conta todas as afeccións que este parque eólico repercutrirá na Serra da Groba e máis nos Concellos tanto afectados directamente polo emprazamento como polos que os rodean, caso de Nigrán.

    Con isto quero decir que as xentes do PSOE de Baiona teñen que perder o medo e tomar ás súas propias decisións en prol dos intereses dos Veciños e Veciñas do noso Concello e deixar de ver tanto cara arriba non vaia ser que ….

    As veces os nosos direxentes dende a Xunta de Galicia pódense equivocar en distintas cuestións, agora ben, dende os Concellos que temos que velar polos nosos propios interses e defendelos diante de quen faga falla.

    Coido que a iniciativa que está a topar este novo PSOE en Baiona vai ben, xa que é fundamental dar a coñecer cal é o seu posicionamento. Somentes nos falta que tamén o PP fixera algo similar.

    A información cara os veciños e un ben que non podemos rexeitar se realemente queremos vivir en DEMOCRACIA.

  4. Diego dijo

    22 de Novembro del 2007 a las 11:04

    Estimado Roberto, aunque no creo que este post sea el más indicado para hablar del Parque Eólico y no tengo intención de entrar en polémica permíteme decirte que el Psoe de Baiona mantuvo las reuniones con los grupos de interés que consideró oportunas, y las seguirá manteniendo.

    Ahora bien, quien creo que no mantuvo ese nivel de reuniones y estudio de documentación que nos reclamáis es el bipartito PP-Vilar; y eso sí que me parece especialmente grave. Han mostrado una falta de liderazgo absoluta. Desde luego desde el Psoe sí que estamos legitimados a criticar la información recibida por parte del bipartito …

    Por último, creo que sería interesante que el BNG explicase cuales son exactamente los problemas del ampliamente denostado D302/2001 del PP (en la sección Parque Eólico Albariño I, por favor)

    Un saludo

  5. baionaconsciente dijo

    22 de Novembro del 2007 a las 12:47

    Efectivamente estes dous últimos comentarios poden considerarse “off topic”. Non os borraremos debido ao interese do debate, que agardamos se poda continuar nunha futura anotación.

Comentarios RSS