En todas partes cocen fabas

urbanismo

E finalmente se confirma a nova e Baiona acaba no grupo de concellos cunha forte presión inmobiliaria na que os seus políticos se ven salpicados por sospeitosas decisións

A verdade é que si comparamos este caso co acaecido na limítrofe Gondomar non podemos deixar de sinalar que si ben no concello fluvial a decisión política contradecía os informes técnicos, no caso do noso concello a cousa é ben distinta.

O asesor xurídico para asuntos urbanísticos e a secretaria municipal avalaron a decisión, polo que a prevaricación dos membros da Xunta de Goberno non é facilmente demostrable. Pero, cál foi o informe técnico do arquitecto municipal e cáles foron os argumentos do solicitante da licencia?

Primeiro foron as palmeiras nos paseos, logo as grandes actuacións veraniegas e agora os escándalos urbanísticos. Só nos falta a actuación dunha tonadilleira liándose con Manolo Vilar para que sexamos a Marbella do Norte. Bromas aparte, xa tiñamos comentado anteriormente o paradóxico de acaben nos xuzgados os nosos políticos por non conceder unha licencia cando o habitual é á inversa. Sobran os casos que nos veñen á memoria. A urbanización dos Tendais, a de Portoman ou as maclas de Vista Real son pequenos exemplos de tramitacións con máis dun pero. E resulta que prospera unha denuncia pola tramitación dunha licencia directa nunha parcela en solo consolidado que non ten que acometer reparcelacións, crear xuntas de compensacións ou urbanizar e entregar zonas de uso público. Incluso si analizamos o todavía non aprobado Plan Xeral, a edificabilidade da actuación era considerablemente superior a calqueira outra do noso concello. Algo cheira a podre en Dinamarca.

Enlace ao foro: http://baionaconsciente.foroactivo.com/urbanismo-f8/en-todas-partes-cocen-fabas-t11.htm#19

Los comentarios han sido cerrados para esta nota