Paté baionés

Non se cansan de repetirnos que a crise é tempo de oportunidades, de que as ideas innovadoras son as que nos permitirán sair deste bache e de que a nova sociedade que construiremos entre todos será mellor e máis sólida do que era anteriormente. É certo que estamos tardando moito en inventarnos unha nova burbulla que cree euros onde non os hai e que iso vai facer retrasar a recuperación económica, pero sempre nos alegra saber que esa xente con ideas innovadoras non están tan lonxe e que igual deberiamos adicar máis tempo aos que nos rodean que a ver as solucións que se prantexan a miles de kilómetros.

Así, ver que o proxecto de explotación dos percebes das nosas costas xurdiu no noso concello, conxuntamente co da Guarda e que non hai que ir ás Rías Altas para recibir leccións de cómo aproveitar os nosos recursos mariños sempre é reconfortante e resulta un toque de atención para aqueles que pensan que Baiona debe esquecerse da súa tradición mariñeira e debe volcarse no sector servizos e na marbellización do seu territorio.

Pois non, se mire como se mire, a vila baionesa é mariñeira e a moita honra. Noraboa ás percebeiras e percebeiros que siguen exprimíndose os miolos para que o mar siga sendo rentable en Baiona. Desexando estamos poder probar ese paté de percebe, ainda que moito nos tememos que o prezo non vai ser precisamente innovador.

Eis unha iniciativa que tiña merecido unha subvención do Plan E, non a reforma de beirarrúas que levaban pouco tempo desde a súa remodelación. O noso cancro é que a calidade política está moitos puntos por baixo da calidade da nosa sociedade. Vai sendo hora de prantexar si a definición de político e as súas funcións deben ser revisadas. Debe deixarse en mans da sociedade a orientación das áreas políticas das administracións públicas, limitándose os políticos a executar os medios para acadar os fins solicitados. Temos a suficiente madurez para afrontar este cambio de perspectiva ou realmente queremos seguir tendo a unha panda de incompetentes que nos eviten ter que pensar e nos fagan as cousas a cambio dun puñado de billetes baixo a mesa?

Enlace ao foro: http://baionaconsciente.foroactivo.com/sociedade-f5/pate-baiones-t10.htm#18

Los comentarios han sido cerrados para esta nota