Política de baixa intensidade

UPYD

O pistoletazo inicial xa sonou. UPyD comezou a campaña antes incluso de presentar aos seus abanderados. Todos sabemos quén encabezará a lista e o porqué de presentar lista en tan anecdótico partido político. O partido da cor fuxia optou por un comezo clásico, ao máis puro estilo do PP na oposición: fotos de zonas ou servizos abandoados.Xa a empregou o PP baionés hai catro anos e o galego hai dous. Triunfa electoralmente nos sectores máis críticos, pero a verdade é que é populista e demagóxica. Calqueira goberno, por moi eficiente que sexa, se atopa nalgún momento con que non puido atender o mantemento dalgunha zona axardinada, con que Unión Fenosa non da acudido a retirar uns cables descolgados por moitas veces que se lles chame insistentemente ou mesmo con que unha inoportuna folga pare traballos de limpeza que deixan unha parroquia temporalmente como nunca se desexaría ver.Trata a política de ir collendo en renuncios aos rivais? Se isto é así, apaga e vámonos.Chamarannos ilusos, mais sempre pensamos que as campañas electorais eran para que os partidos políticos expusexeran a idea da Baiona que querían crear para os baioneses, as propostas que o farían posible e o xeito de acadalas.Lamentablemente para que un partido decidise actuar dese xeito e tivera éxito deberíamos ter unha mellor calidade de electores. Logo, os elexidos son fiel imaxe dos seus electores. Qué pena da ver unha democracia tan asentada como a nosa e pola que tanta xente loitou botada a perder pola indiferencia e o conformismo.

6 Comentarios

  1. barrabí dijo

    7 de Febreiro del 2011 a las 13:27

    Home, non estou moi de acordo con esta mensaxe de conformismo que vexo habitual dende varios posts, acudir ás urnas é unha forma de amosar se un está conforme ou non cunhas listas ou con outras, logo, os partidos deben amosar agora se teñen algunha idea da Baiona que queren, que é moi bonito dicir nun programa que se vai construir unha piscina e quedar tan anchos ¿enténdese o que quero dicir? O que non quero eu é unha Baiona de facer tres festas para ter a xente contenta, supoño, que a Baiona que veña debería seguir algún plantexamento de cara a darlle máis vida de pobo e xa sabemos ás fórmulas, nada de ser unha vila feita de pisos valeiros, e con moita máis vida comercial e despois, cuns servizos básicos ben cubertos e sen deficiencias, non é moito pedir, tan só hai que poñerse a facelo.

    Saudos

  2. AIXIÑA dijo

    13 de Febreiro del 2011 a las 14:04

  3. baionaconsciente dijo

    13 de Febreiro del 2011 a las 20:28

    Acabarase o conformismo cando muden as actitudes nos partidos ou xurdan alternativas renovadoras.

  4. Alalá dijo

    13 de Febreiro del 2011 a las 22:22

    Que tes Aixiña? Dóeche algo?

  5. AIXIÑA dijo

    14 de Febreiro del 2011 a las 21:39

    Boas noites Alala,

    Doenme muitas cousas,pero penso que a culpa e dos anos,un faise vello e os cambios de tempo empezan a afectarnos.

    Simplemente me sorprendeu a lista.

    NIN SON TODOS OS QUE ESTAN NI ESTAN TODOS OS QUE SON

  6. pedradoacordo dijo

    19 de Febreiro del 2011 a las 11:17

    Aixiña, eu vexo unha lista á altura do que se veu traballando nos últimos tempos e tamén dos obxectivos que se pretenden acadar. E esta xente está satisfeita polo feito e xa festexan o que vaia a ocurrir.Os obxectivos están acadados.

Comentarios RSS