Trinta anos son moito

23F

23F

Mañá cúmprense 30 anos do día que nos quitou o sono a todos, o día no que moitos prepararon as maletas por si había que tirar para Portugal, o día no que os trasnoitados déronse de bruces coa realidade do sentir popular. Aquel día aprendimos que os poucos non podían impoñerse aos moitos. En fin, quen realmente aprendeu iso foi Don Juan Carlos. Soubo ver que o camiño fácil para el non tiña futuro e que había que apostar pola democracia. Non o parece a día de hoxe, pero aquelo supoxo unha auténtica revolución.Bastaron 30 anos para que a conciencia voltase a adormecerse. Nos acomodamos na abundancia e deixamos que as vellas momias que pensábamos enterradas se erguesen e ata tivesen os seus propios medios de comunicación no que alabar a ladróns e vomitar insultos sin máis sentido que a autocomplaciencia.Trinta anos despois podemos xuzgar con calma o inxustos que foron os españoles con verdaderos heroes daqueles anos. Adolfo Suárez o deu todo para asentar a democracia en España e os votos o prexubilaron. Carrillo tivo que ceder o que ningún comunista cedería na súa vida, e os votos cáseque aniquilaron a un partido que tiña que loitar no exilio por estar prohibido. En troques, os Felipe e Fraga contaron co respaldo que se negou a estas emblemáticas figuras.Tal vez nos sirva no futuro saber que os políticos de mérito non triunfan e os mediocres pasan á historia. Qué tipo deses políticos queremos para Baiona? Os que agachan a cabeza ou os levan a dignidade ata as últimas consecuencias?

5 Comentarios

  1. barrabí dijo

    23 de Febreiro del 2011 a las 12:10

    Que complicado conferir o acontecido no 23-F ca situación de agora de Baiona, os políticos daquela e os de agora, os do Congreso dos Deputados e os do noso pleno.

    Home, mal encamiñados non van, que no pleno perden máis tempo falando da política nacional que do que realmente interesa aos baioneses, e leelos é como asistir a unha desas tertulias de calquera canal, menos dos canales que mencionas onde se insulta impunemente, xa que, grazas a quen sexa os nosos políticos non cairon tan baixo. Agora ben, do que temos… temos (ou tiñamos) a un Chicho, ao que recordaremos sempre por ser ese alcalde que quería construir un casino na media luna e poblar Monte Boi de chalés, tamén por estar inhabilitado …, un Manolo Vilar que pasará a historia polos seus romances que nunca chegou a cumplir e bailar ao seu son para conseguir unha concellería, tamén por ser o que case consegue unha guerra civil local co seu parking da Palma, e por último, un Almuiña que pasará a historia por estar imputado por prevaricación, e por pouco máis, que é un goberno sen chicha nin limonada… ¿fixeron algo agás eliminar aparcamentos? ¿algunha política novedosa que nos fixese pensar que non estamos na España dos anos sesenta? E que nin se lles escoita… ¿están realmente ahí? ¿fan algo?

    Saudos

  2. Thaxo dijo

    23 de Febreiro del 2011 a las 19:47

    O certo é que xa o teño comentado en máis de unha ocasión, o actual goberno municipal actúa como na dictadura.

    Si es amigo, non te preocupes todo son facilidades.

    Si es dos rojos, ollo, van ir a por tí, e non che deixarán levantar cabeza.

    É máis falando con algunha persoa …., en máis de unha ocasión no despacho do Sr. Alcalde tiveron a sensación de que di en lugar de estar no ano 2011 estivesen na década do 40, sería fusilados.

    O odio que desprende este home non é normal.

    Comento isto a relación do comentario de Barrabí onde di que diferencia entre os políticos do 23F e os de agora. Os da dereita sonche bastante máis fachas que os do 23F.

  3. pentamaster dijo

    25 de Febreiro del 2011 a las 9:14

    Escoitaba onte que decian que se perdera o poder de movilizacion da xente, que hai 30 anos isto non era asi.

    Eu pregunto, saiu masivamente a povoacion o 23F a defender a democracia ou agardou atemorizada nas suas casas a que o Rei dese un paso adiante? Non cambiaron tanto as cousas, hoxe a povoacion de Egipto, Tunez, Bahrein, Libia e mesmo Marrocos nos estan dando unha leccion de como o povo pode mudar as cousas, e sin que o dictador acabe morrendo na cama.

  4. Diego dijo

    26 de Febreiro del 2011 a las 13:45

    Veamos, no creo que en Baiona se necesiten “héroes” dispuestos a arriesgar su vida. ¿Qué políticos necesita Baiona? No hay más que arrimar la oreja para responder. El pueblo lo único que le pide a los políticos es compromiso.

    pentamaster, no sólo nos están dando una lección sobre lo que no hicimos nosotr@s en el pasado. Creo que lo importante es que nos están dando motivos más que suficientes para sentir vergüenza, e indignación, como sugiere Hessel, por el “laissez faire” que tenemos con muchos regímenes, al anteponer la economía a los ddhh.

    Saludos,

  5. pentamaster dijo

    1 de Marzo del 2011 a las 16:17

    100% dacordo contigo, Diego.

Comentarios RSS