Arrinca o BNG

BNG

O BNG tamén se pón serio e comeza a precampaña coa presentación nas redes sociais do seu candidato. Nótanse as ganas de querer unha alternativa totalmente diferenciada do habitual “carne ou peixe”, ainda que quizáis esa oportunidade xa lles pasou hai oito anos e xa sabemos qué nos están a ofrecer. É de loar que nos permitan revisar as propostas que prantexaron hai catro anos e que se abran á participación da veciñanza. Algo que, por outra parte, adoita ser costume na maioría dos partidos antes da eleccións. Cando acadan o poder a cousa cambia e non hai quen lles chiste. “A democracia é cada catro anos”, decía aquel excelso Alcalde baionés.Tamén nos prometen que o 9 de Abril farán pública a candidatura. Moito se lle adianta o PSOE e unha data tan próxima á das eleccións só indica pouca capacidade de atracción. O PSOE gañou neste senso a todos os partidos, sobre todo cando a lista está tan renovada. Nestes tempos de crise económica tan vencellada ás actuacións do Goberno Central acadar ese grao de renovación, con rebaixa na idade media da lista e con tanta anticipación permite que o primeiro tanto sexa para os socialistas.É verdade que o partido comeza con 5-0 para o PP, pero ao contrario que moita xente, nós pensamos que a campaña é decisiva. Poderiamos decir que a predisposición ao voto e o favor máis relevante, seguido dos nomes das listas, a campaña e o traballo na última lexislatura quedaría no último lugar. Lamentablemente para o BNG o seu punto forte non é o que máis votos arrastra.Examinando os puntos fortes do seu programa, xa expostos nalgún comentario do noso blogue polo que supoñemos será o número dous do BNG, Roberto Valverde, quizáis teñan abundante traballo para redifinir o máis esencial deles, a aprobación do PXOM. O 2011 non é o 2007, como todos ben sabemos. Xa non se pode pensar que as actuacións urbanísticas dotarán de fondos e patrimonio ao noso concello. Iso acabóuse, hoxe temos que pensar a longo prazo, as propostas constar de moito esforzo hoxe para obter rendabilidade moito máis alá de mañá. Nese senso a proposta dun semilleiro de empresas vai polo bo camiño, sempre e cando conten con capacidade de financiación para porse a arrancar.Así, un concurso de propostas financiadas polo concello a cambio dunha participación nos beneficios empresariais en canto fosen quenes de pervivir fora do semilleiro permitiría que éste pervivise no tempo e resultase autofinanciable no futuro, beneficiando a futuros emprendedores.Propostas como éstas son as que converten a palabra crise en oportunidade. Pero para iso fai falta compromiso político e debe ser o que demandemos en Maio.

39 Comentarios

  1. barrabí dijo

    28 de Febreiro del 2011 a las 14:11

    ¿Teño que romper sempre eu o xeo? Xa postos, tamén dicir que o PSOE tamén comezou hai tempo, moito antes de que saisen as listas no senso das novas tecnoloxías, con presenza en Twitter, Facebook ademáis da páxina web e do blogue sobre o PXOM. É unha boa noticia que o BNG se sume tamén a estas novas formas de facer política, din que as redes están a cambiar o mundo. Logo, supoñemos chegará no seu día algo similar por parte do PP, como fixo no seu día, a súas últimas entradas no blogue “Zp nos hunde” e “ZP caradura 2008”, ambolos dous de xaneiro de 2008, como podemos ver non ofrecen nada máis, e tampouco llo pedimos, pero de plantexamentos a futuro de Baiona máis ben poucos, o ningún, e como no seu dia fixo tamén Manolo Vilar, que ten ahí a páxina, co seu programa onde se ve que segue priorizando os pobos irmáns fronte o desemprego.

    Eu pola miña parte darlle a noraboa a Xose Enrique, e agardando a súa lista pronto…

    Saudos

  2. pentamaster dijo

    1 de Marzo del 2011 a las 16:30

    Home, que “se sume tamén…” Non é que sexa decisivo, pero a web do BNG comezou na campaña do 2007 e logo lle seguiu o blog.

    Do Twitter e Facebook do PSdeG é a primeira nova que teño.

  3. Barrabi dijo

    1 de Marzo del 2011 a las 21:43

    Home, se polo que leo, o do facebook é novo, e a páxina da candidatura de Xose Enrique é nova… penso que se están a sumar…

    Saudos

  4. Roberto Valverde dijo

    2 de Marzo del 2011 a las 8:25

    Tranquilidade, aqui non se trata de competir para ver quen emprega máis o menos a REDE.

    Concordo co post en que o traballo realizado durante os catro anos anteriores na oposición, fiscalizando e facendo un traballo intenso, non se reflexa logo nas urnas. De ser así, estou seguro de que o BNG gañaría por goleada.

    Nas municipais, o máis relevante son as candidaturas e sobre todo o cabeza de lista. Logo as siglas.

    O BNG presentará a súa candidatura, segundo as previsións o 9 de Abril, con tempo máis que suficiente. E de seguro que será unha candidatura a ter en conta, renovada, xoven, con representatividade de todas a parroquias e con persoas con capacidade de traballo, xestión e gañas de facer algo polo noso pobo.

    Atopámonos ante unhas eleccións nas que todo é posibel, adinda que eu confío en conseguir unha maioría absoluta de votos de esquerda. E na consolidación dun goberno forte e que saque a Baiona da parálise na que se atopa.

    Referente o PXOM, quero ser extremadamente claro:
    É IMPRESCIDIBEL APROBAR O PXOM A MAIOR BREVIDADE (se pode ser en 6 meses que non sexa en 8)

    dito isto, o PXOM presentado na sua fase de avance, non é asumible polo BNG así o manifestamos no seu momento, nos medios, nas parroquias e presentamos as nosas alegacións e co paso destes 2 anos dende aquel momento todavía nos temos que reafirmáis se cabe nas nosas posturas. Nos podemos basear o desenrolo do noso pobo nun modelo caduco e expeculativo que ten fracasado en todo o mundo.

    O BNG ten dúas claves fundamentais e nas que nos atopamos solos, por certo. Somos os únicos que decimos clara e rotundamente:


    NON os campos de Golf.

    SI a creación de un área industrial no noso concello para a creación de postos de traballo.


    NON a construccións de máis promocións valeiras.

    SI a construcción de vivenda protexida e a construcción de vivendas unifamiliares en núcleos rurais.

    Desgraciadamente, por parte do PP non existe vontade de diálogo neste tema con en outros tantos, nin ganas de chegar a consensos.

    O PXOM, é o gran fracaso deste goberno. Afirmaron por activa e por pasiva que o aprovarían nesta lexislatura. Paralizaron a construcción durante 2 anos para agora ter que levantala por imperativo legal e volta o planeamento do 94. E non foron quen de facer nada. O que conseguiron foi afundir máis si cabe as empresas que se adican o sector, e contribuir a que o desemprego no noso concello sexa maior.

    En Baiona non se contrúen vivendas, non por que non exista financiación, nin cartos. Senon por que o Concello de Baiona non otorga licenzas. Esta é a realidade.

  5. barrabí dijo

    2 de Marzo del 2011 a las 12:14

    Home, non estades sos con o barullo este do PXOM, o PSOE deixou clara a súa postura nas súas alegacións ao mencionado plan, e que podedes ler e descargar o arquivo no seguinte linke:

    http://www.baiona.psdeg-psoe.org/noticia.php?idnoticia=284

    Logo, ainda que non exento de dificultades, o camiño tamén levamos catro anos facendoo, eso si, de forma máis silenciosa.

    Saudos

  6. sosgroba dijo

    7 de Marzo del 2011 a las 16:14

    Si vos parece ben entrade nesta páxina e votade pola Serra da Groba e o Monte Aloia que neste caso mete ao Galiñeiro no conxunto.

    http://maravillasnaturaisgalicia.com/
    http://sosgroba.blogspot.com/2011/03/10-marabillas-naturais-de-galicia.html

    Grazas.

  7. carlos de la peña dijo

    8 de Marzo del 2011 a las 11:10

    Coido que a posibilidade de que o Galiñeiro e a Serra da Groba podan convertirse en parques eólicos debera ser obxecto de preocupación máxima para todos os que creemos no futuro do Val Miñor ligado á preservación da paisaxe e o medio ambiente.

    Enerxías limpas e renovables SÍ, pero non en troques de calqueira espazo nin de esmolas para os donos do monte.

    Gostaríame atopar posicions claras nos partidos do Val Miñor ó respecto de este punto nos programas das vindeiras eleccións locais. Ánimo.

  8. Roberto Valverde dijo

    8 de Marzo del 2011 a las 15:44

    Neste senxo Carlos, o BNG de Baiona en especial, sempre o tivo extremadamente claro.

    Pero concordo en que é preciso que todos os partidos teñan unha posición definida e unánime a poder ser neste senxo.

    Tanto a Serra da Groba coma o Galiñeiro, son pezas clave para o futuro desenrolo da nosa comarca. Son un tesouro ainda por descubrir.

  9. AIXIÑA dijo

    8 de Marzo del 2011 a las 20:44

    Cal e o futuro desenrolo da nosa comarca ?

    Que opina a comunidad de montes ?

    A min pareceme un tesouro xa descuberto e xa repartido.

  10. bayonita dijo

    9 de Marzo del 2011 a las 20:30

    desde aqui que tanta caña meteis deberiais apoyar al grumir, parece que tener un grupo de emergencias en el val miñor no importa a nadie

  11. Gilbert Nightray dijo

    10 de Marzo del 2011 a las 9:08

    tampoco veo que se este haciendo nada con los chanchullos con referencia acontrataciones eso no interesa

  12. AIXIÑA dijo

    13 de Marzo del 2011 a las 22:40

    COPIO E PEGO DA PAXINA DO BNG

    Soldos mensuales políticos Baiona

    Alcalde 6.547,99 €
    Concelleiro Vias e Obras 3.663,09 €
    Concelleiro Turismo 1.923,35 €
    Concelleira Serv. Sociais 1.749,43 €
    Concelleira Educación 1.555,06 €
    Resto Concelleiros goberno 1.224,26 €
    Concelleiros Oposición 380,00 €

    QUE FARIAN CON ESTE ASUNTO BNG E PSOE EN CASO DE GOBERNAR EN BAIONA?

  13. GISELA dijo

    14 de Marzo del 2011 a las 1:20

    A VERDA QUE E MOITO CARTO .PERO PEOR E SABER O QUE COBRAN E QUE NON FAGAN NADA POR BAYONA ,SOLO ENCHER A CONTA DE AFORRO.

  14. preocupado dijo

    14 de Marzo del 2011 a las 10:00

    Todos os concelleiros/as da oposición merecen o que cobran?
    Hai algúns/algunhas que nin van os plenos.

  15. Barrabi dijo

    14 de Marzo del 2011 a las 16:13

    Boa pregunta, preocupado, ainda que a min me preocupa máis os que gobernan, pero tampouco hai que quitarlle a importancia aos da oposición, que os hai que ainda estando, parece que non están. O que eu chamo, lastres.

    Saudos

  16. Xose Enrique dijo

    14 de Marzo del 2011 a las 19:06

    AIXIÑA como ben dicimos na carta,os salarios nos parecen excesivos,xa que o alcalde cobra de dous organismos públicos no mesmo horario de traballo,pero tamén cremos que o peor e a baixa rentabilidade que estos politicos que nos gobernan producen na sua acción de goberno.En todo caso e importante ter en conta que un alcalde o é as vintecatro horas do dia todo o ano, e iso hai que pagalo.

  17. AIXIÑA dijo

    14 de Marzo del 2011 a las 22:51

    e ti que farias si chegaras a ser alcalde ?

    renuncirias a un dos soldos ?

  18. FATIMA CABRAL dijo

    14 de Marzo del 2011 a las 22:55

    EU CREO QUE SO E ALCALDE DOS EVENTOS ,QUE SE FACEN EN BAIONA O PARA SAIR DE VIAXE E RIRSE DO POBO DE BAIONA .O TAMEN E ALCALDE PARA DARLLE POSTOS DE TRABALLO AOS DO PP MENTRES OS QUE SOMOS DOUTROS PARTIDOS PODEMOS ESTAR SIN TRABALLO CON FILLOS PAGANDO UN ALQUILER QUE A EL DALLE IGUAL CONTAL DE TER OS PEPEIROS CONTENTOS .O SI UNHA PARELLA DE XUVILADOS TAN COBRANDO UNHA BAIXA PAGA E POR CULPA DA ASISTENTA SOCIAL A MULLER PERDE A PAGA E AINDA POR RIBA VOTANLLE UNHA MULTA .E BAISE FALAR CO SEÑOR ALCALDE E DICE QUE EL NON PODE FACER NADA .E PORQUE POR SER DOUTRO PARTIDO. PERO BUENO ESPERO QUE EN MAYO TODA ESA MAFIA BALLA FORA

  19. Alalá dijo

    14 de Marzo del 2011 a las 23:06

    Aixiña, penso que Xosé Enrique si chega a ser alcalde, cobraría o mesmo que o actual, menos a parte da Deputación. Pero si fora Deputado Provincial cobraría o mesmo mais ou menos. Esto non se pode considerar descabellado, tendo en conta que si Xosé Enrique tivese que ser alcalde, probablemente lle adicaría as 24 horas, e eso merece ser pagado. Decir outra cousa é pura demagoxia.

    Un saudo

  20. xose enrique dijo

    14 de Marzo del 2011 a las 23:34

    falar do que cobrará cada quen pode dar lugar a demagoxia efectivamente, non obstante quero recordar que cando fun tenente de alcalde,responsabel de vias e obras e de seguridade cidadán,a pesares de traballar dia e noite,o meu soldo era de 1000€ escasos.Do cal cobrei un par de meses e logo o sr. Almuiña e compañia sacaronnos os soldos e seguimos traballando igual.
    De calquer xeito, e bo recordar que tanto a secretaria como a interventora cobran aprox. 4.700 € mes,polo que si alguen ten mais responsabilidade que elas devera tamen cobrar mais,esa e a formula pola que se calcula dende sempre o salario do alcalde quizais non sexa a mais xusta pero faise asi.
    En todo caso sigo insistindo en que hai salarios que saen caros pagando pouco e outros que pagando moito saen baratos.

  21. Gilbert Nightray dijo

    15 de Marzo del 2011 a las 9:42

    FATIMA non saves ti arazon que tes

  22. barrabí dijo

    15 de Marzo del 2011 a las 14:29

    Non descubrimos nada novo con esto dos salarios dos políticos, xa se aprobou en pleno fai catro anos. Eu onde teño lagoas mentais, e pregunto a quen corresponda e o sepa, é se cando o Goberno central tomou as medidas de baixar o salario aos funcionarios e demáis cargos políticos… ¿baixaron as asignacións nese momento dos politicos baioneses? É simple curiosidade.

    Eu creo que unha baixada nos salarios non estaría nada mal, certo é que a responsabilidade dun alcalde é máis importante no Concello, pero non se pode medir o seu salario co da secretaria ou a interventora, a diferencia entre estas dúas e o alcalde, é que elas teñen unha praza en propiedade, son funcionarias e tamén teñen unhas responsabilidades e uns deberes que cumprir. O alcalde é elexido nas urnas, moi lexítimo e moi meritorio, pero non é igual…

    Saudos

  23. xose enrique dijo

    15 de Marzo del 2011 a las 19:30

    O alcalde cumpliu con a rebaixa do decreto, antes cobraba do concello de 4.443,47, no pleno do pasado mes de xullo aprobouse a rebaixa.
    Comentei cal era o sistema que se aplica para o calculo do salario do alcalde, non quero decir con iso que estea dacordo con él.Tamén pareceme un autentico desproposito o salario da interventora e secretaria e que foi posto polo sr. alcalde, él sabrá porqué.

  24. sinnomeporsiacaso dijo

    15 de Marzo del 2011 a las 21:33

    Xose Enrique, ti sabes perfectamente os sueldos astronomicos desas duas persoas, ademais do que reciben por facer funcions na mancomunidad no mesmo horario de traballo, os sobresoldos dalguns traballadores cercanos o equipo de goberno, os pagos por detras a outros funcionarios “amigos” e os soldos por debaixo dos mileuristas do resto dos traballadores do concello que no son “amigos” o que non comulgan con pedras de muiño. Pero, porque non o sacades a luz publica o denunciades eses feitos onde sexa pertinente? iso tamen e facer oposicion, non sí?

  25. AIXIÑA dijo

    15 de Marzo del 2011 a las 21:43

    Enton o soldos son o non son altos ?

    Teño un lio de carallo ¡¡

  26. sinnomeporsiacaso dijo

    15 de Marzo del 2011 a las 21:52

    Pois e moy facil Aixina. Todos aqueles funcinarios e personal que lle fai a rosca o goberno municipal están moy ben retribuidos, moy por encima do normal. O resto do persoal, soldos de miseria, e a traballar polas tardes noutro chollo ou no se chega a fin de mes. E así de sencillo. Catro fanse de ouro e outros a duas velas. (e si protestas dinche que xa te salvas que tes chollo)

  27. Michael Collins dijo

    15 de Marzo del 2011 a las 22:04

    No concello hay muitos funicionarios que o levan calentito. Como di sinomeporsiacaso,a secretaria e a interventora levantanse un paston descomunal. Pero para iso teñen que agachar a cachola mais dunha vez cada hora e ser serviles o seu amo. ¿valdrá a pena ter cartos e non poder verlle pa cara o resto dos traballadore?

  28. AIXIÑA dijo

    15 de Marzo del 2011 a las 22:25

    Teño que volver a preguntalo,

    Estarian dispostos a cobrar menos cartos os do BNG e tamen os do PSOE si chegaran a alcaldia. ?

    Falemos solo de alcaldes,

    Canto cobra o de Oia ?

    Canto cobra o de Nigran ?

    E o de Gondomar ?

    E Abel Caballero ?

  29. AIXIÑA dijo

    16 de Marzo del 2011 a las 21:32

    Pois penso que hay que quitar de algun lado ,para poder poñer en donde realmente fai falta.

    Por exemplo..
    http://www.atlantico.net/noticia/130784/losbomberosdelminorsalenalacalleenbuscadesolucion/

    E UN SERVICIO IMPRECINDIBLE.

  30. barrabí dijo

    17 de Marzo del 2011 a las 13:05

    Polo que leo estos días, non parece que un servizo de emerxencias fose prioritario para Almuiñan nin nestos catro anos, nin nos anteriores, asemella que os grupos de intervención rápida, os bombeiros, a policía local, son temas menores… así nos vai.

    saudos

  31. .FATIMA CABRAL dijo

    17 de Marzo del 2011 a las 13:52

    Hablemos .de lo que le inporta al señor almuiña Baiona nada ya que en los cuatro años que izo por baiona nadaaaa que hizo por las cmunidades de montes nadaaaa que hizo por nuestras parroquias nadaaaa . hAY QUE ME OLVIDO HOY HABIA UN BARRENDERO POR EL BARRIO DE LA ANUNCIADA LLEVAVA SIN VER UNO CASI 4 AÑOS QUE TRISTE.SE ACORDO DEL BARRIO .

  32. ana nigran dijo

    18 de Marzo del 2011 a las 11:06

    PARECE QUE AL FINAL NOS QUEDAMOS SIN GRUMIR, GRACIAS A LOS ALCALDES QUE NOS GOBIERNAN, NO ES IMPORTANTE LA SEGURIDAD PERO SI EN EL CASO DE BAIONA EL RUIDO Y LOS BARES, RECOREDMOS QUE SON 15 CAHVALES QUE VAN AL PARO, Y 15 CHAVELES QUE ESTAN MUY PREPARADOS PARA EL TRABAJO QUE ESTAN HACIENDO,PERO ESO PARECE NO IMPORTAR A NADIE, AQUI LO QUE SE LLEBA ES CALLARSE

  33. AIXIÑA dijo

    18 de Marzo del 2011 a las 19:47

    Dice BC na primeira anotacion :
    O concurso de propostas financiadas polo concello a cambio dunha participación nos beneficios empresariais ……………permitiría que éste pervivise no tempo e resultase autofinanciable no futuro, beneficiando a futuros emprendedores.

    Quen financia o concello,a mancomunidade,a diputacion….?

    Quen paga as rotondas de 100 millons ?

    Quen paga o reparar as calles que se filleron fai dous dias ?

    Quen manda romper aceras que estan ben o non arreglan as que estan mal.

    Quien marca os sueldos dos politicos ? (parece que ningun esta por traballar por menos)

    Xa vendran os nosos ( deciamos fai anos )

  34. AIXIÑA dijo

    18 de Marzo del 2011 a las 20:51

    UN MENOS ¡¡

    Manuel Vilar ha explicado, entre lágrimas, que su retirada se debe a que tiene “derecho a un descanso”……….

    http://www.que.es/pontevedra/201103181803-independiente-manuel-vilar-anuncia-retirada-epi.html

  35. .FATIMA CABRAL dijo

    18 de Marzo del 2011 a las 22:37

    PUES MENOS MAL QUE NECESITA DESCANSAR.POR QUE LOS QUE QUEDAMOS DESCANSADOS SOMOS LOS BAIONESES AL NO TENERLO EN EL AYUNTAMIENTO SIN TIENPO NO HERA ALELUYAAAAAAA.

  36. Gilbert Nightray dijo

    19 de Marzo del 2011 a las 15:11

    VALLA SINVERGÜENZA E DI QUE SE VAI; POIS QUE BEN OUTRO MENOS, QUE ESTABA ARRUINANDO A BAIONA E FIJARSE BEN SE PIDE APOLLO PARA O PP SE VE QUE IGUAL QUE EL.

    ¿QUE ESTIVERON FACENDO PARA BAIONA E POLOS VECIÑOS? NADA POR TANTO POR VILAR MOITOS DOS BAIONESES ESTAMOS MOI CONTENTOS CON RELACION O MANDATO DO SEÑOR ALMUIÑA SO PENSA EN FACER GRANDE A BAIONA PARA OS QUE VEÑEN PERO OS QUE REALMENTE LLE ESTAMOS A PAGAR PARA QUE TRABALLE POR BAIONA PASA DE NOS SO LLE VAI O ESFORZO EN TURISMO EN GASTOS DE MEDALLAS EN TER CONTENTOS A OS VISITANTES EN VIAXES EN PUEBLOS IRMANS EN DARLLES O TRABALLO A FAMILIAS, VECIÑOS, TIOS E PAIS DO PARTIDO MENTRES OS DEMAIS AO CARALLO¡ DENTRO DE POUCO VAN A VIR POLAS PORTAS A BUSCAR O VOTO EN NOS ESTÁ QUE TODO ISTO POIDA CAMBIAR UN CIDADAN QUE ESTA ASTA OS C….. E QUE SO SIRVE PARA PAGAR INPOSTOS

  37. Gilbert Nightray dijo

    21 de Marzo del 2011 a las 8:53

    e cnchonhttp://www.farodevigo.es/comarcas/2011/03/20/regreso-pp-militante-base-dejo-baiona-buenas-manos/528367.html
    vindo da boca de quen ben ,ten credibilidade

  38. Gilbert Nightray dijo

    21 de Marzo del 2011 a las 8:54

  39. Gilbert Nightray dijo

    26 de Marzo del 2011 a las 11:51

    mirando,,,, mirando ainda trato de saver de que gestion falaba

    http://www.farodevigo.es/comarcas/3158/inestabilidad-pasado-baiona-ahora-hay-gestion/174710.html

Comentarios RSS