O BNG preséntase por todo o alto

xm beiras

Non é para menos. Xosé Manuel Beiras apoiará a Xosé Enrique Fernández na súa posta de longo para as Municipais. Hai quen dirá que traer a unha vella gloria non é nada, pero de seguro que a Isabel Domínguez lle encantaría que estivese presente Felipe González (cómo se terán arrepentido no PSOE baionés de ter convidado no seu día a Rosa Díez), non digamos xa si cando se presentase Almuiña viñera a Baiona Don Manuel ou o semidios do bigote escueto e coa muller que se vai peitear en coche oficial.

O Sábado o BNG presentará ao seu cabeza de cartel, presentado dabondo ao longo dos anos nos que exerceu de concelleiro, e a aqueles baioneses e baionesas (hai que ser políticamente correctos que estamos en precampaña) que lle van apoiar nos comicios municipais.

Os nacionalistas optarán como sempre ao rogo da virxenciña: “que me quede como estou”, ainda que o desexo sexa sempre o medo do apoio popular. Poden aproveitar a baixada na expectativa de voto de esquerda pola desilusión xerada coa crise. A migración SOE-Bloque é moi habitual, tendo o perigo que tanto se produce como deixa de existir. Sinón que llo diga ao propio Beiras cando acadou o feito histórico de ser segunda forza política nas Autonómicas.

Xa reiteramos aquí que a eiva máis significativa do BNG en Baiona é a incapacidade para ser quen de vender a súa xestión municipal, así como a falta total de capacidade para achegarse ao baionés medio e facerlle chegar o seu discurso sin intermediarios nin prexuizos. Tamén é certo que esta última característica é común a todos os partidos. Si colocásemos aquí unha serie de frases sin identificar quen a dixo (e os que as lesen non o soubesen tampouco) e logo destapásemos as autorías, de seguro que moitos nacionalistas concordarían con afirmacións populares, moitos populares concordarían con afirmacións socialistas e moitos socialistas concordarían con afirmacións nacionalistas. É o que se chama hipocresía política.

Retomando o tema que nos troucho hoxe ao teclado, o BNG antecedeu a presentación cunha serie de proclamas e argumentos que algúns poden tildar de electoralistas (estamos en proceso electoral), populistas (si o pobo é o que demanda… o pobo sempre é sabio) e mesmo demagóxicos (non todo ían ser frores). Pero o que nos interesa non é o mal que o fan os demáis sinón o proxecto que presentan á cidadanía e si éste encaixa que que desexan os mesmos. Si cae na nosa man o programa electoral de cada partido que concurre ás Municipais baionesas, plasmaremos por temas unha confrontación dos mesmos, destacando o común e o diferenciado e o futuro dictaminará o grao de cumprimento dos que nos gobernos os próximos catro anos. Seica o resultado non vai deparar demasiadas sorpresas, pero para qué estamos nós si non é para engadir un certo grao de incertidume e emoción ao escenario electoral.

10 Comentarios

  1. Antonio dijo

    8 de Abril del 2011 a las 15:23

    Pois alí estarei como un cravo. Sempre é un gusto escoitar a Beiras, porque se aprendes algo novo do que di.

  2. Maria dijo

    8 de Abril del 2011 a las 15:25

    Ánimo, eu tamén estarei alí para escoitar ao profesor Beiras.
    Por certo, acabo de entrar no Blog do FRIKILIS, feito en GOndomar, e hoxe está boisimo.

  3. Gilbert Nightray dijo

    8 de Abril del 2011 a las 15:43

    PUES YO NO SE PUESTO QUE NO SOLO TIENE QUE ESTARCUNADO LE HACE FALTA AL PARTIDO SI NO QUE TANBIEN CUANDO LE HACE FALTA AL CIUDADANO ,POR CONVENIENCIA NO

  4. Alalá dijo

    8 de Abril del 2011 a las 18:05

    É un motivo de alegría ver que o BNG baionés conta con un político da talla de Beiras para presentar a sua candidatura, igual que o sería si o PSOE houbese traído para un acto tan importante a un representante da misma talla do que apoiará o BNG mañá.
    Vendo como se ve, que hai quen se empeña en arrinconar como si de trastos vellos se tratara a políticos que siguen tendo moito que decir, que teñen discurso ideolóxico e implantación na sociedade.
    Deséxolle un bo resultado a Xose Enrique e o BNG baionés, a constancia no traballo local merece resultados.

  5. pentamaster dijo

    9 de Abril del 2011 a las 0:22

    Unha vella débeda tiña o Beiras co BNG de Baiona. Mágoa que a cumpla tan tardíamente, pero máis vale tarde que nunca.

    Eu sempre pensei que descartar mentes brillantes por unha suposta lonxeva idade era un disparate. Os comités de sabios deberían ter máis presenza na consultoría política.

  6. barrabí dijo

    26 de Abril del 2011 a las 10:43

    Dende logo está moi ben que viñese Beiras, a miña noraboa aos militantes do BNG, e desexarlles moita sorte nas eleccións, ou mellor dito, a xusta, tampouco vaia ser, jejeje.

    ¿E cando comezamos a falar xa da presentación do PP e da súa lista de continuidade con dous dos candidatos imputados por prevaricación?

    Saudos

  7. Alejandro Martínez dijo

    26 de Abril del 2011 a las 16:17

    Está isto un chisco apagado e aínda quedan a metade das listas por comentar.

    Teño ganas de ler os debates que se formen sobre o PP e UPyD.

  8. Diego dijo

    28 de Abril del 2011 a las 13:11

    Alejandro,

    un chisco??

    Saúdos,

  9. Alejandro Martínez dijo

    28 de Abril del 2011 a las 16:18

    Vale, está máis apagado que o programa da CMÑ. xDDD

  10. Aixiña dijo

    29 de Abril del 2011 a las 18:52

Comentarios RSS