Crise a todos os niveis

Onte non foi precisamente un bo día para falar de optimismo. A cifra de parados xa pasou de ser alarmante a crítica. Recordemos aquelas aseveracións do futuro expresidente do Governo nas que afirmaba que nunca se chegarían aos catro millóns de parados. Aquel eslogan que mencionaba o pleno emprego sona xa a chiste.

En Baiona algo nos toca desa situaciòn ao borde do colapso. O Concello de Baiona busca obter fondos mediante a presentación de dous concursos e nadie opta a eles. Outrora estariamos falando de enchufismos, repartos a dedo e cazos, foran ou non verdade as acusacións.O feito é que hoxe nadie quere mover un dedo ata que caia quen ten que caer e outros tomen as riendas da governanza. Falamos de Madrid pero tamén afecta ao noso Concello.

Porqué todo isto? Porque a labor da política segue a ser amateur. Non existe formación e aqueles que si que a tiveron están demasiado alonxados da realidade como para tomar as decisións correctas. Engádese o condicionante de que a cantidade de asesores que rodean aos poderes de decisión están máis preocupados de conservar os seus astronómico salarios e incrementar a súa cota de poder que de averiguar cáles son as medidas correctas a aplicar.

Si queremos solucionar a actual situación debemos atallar o problema de raíz. O vindeiro Maio a vontade do pobo debe ser unha masiva votación en branco, seguido logo da esixencia de limpeza na clase política, cun borrón e conta nova.

Quizáis non o sabemos e vivimos demasiado acomodados como para ser conscientes de que estamos chegando a un novo punto de inflexión na Historia. A idade contemporánea tocou ao seu fin, un fito na historia igual ao do crack do 29 está producíndose e o seguinte paso é a Revolución do Século XXI. Qué é preciso para que se desencadee: fame. Sinon se chega a ese punto aquí nadie moverá un dedo, lamentablemente.

20 Comentarios

  1. pedradoacordo dijo

    30 de Abril del 2011 a las 16:07

    Non acabo de entender a relación directa entre “cambio de goberno en España = cambio na situación económica”. Tampouco o que baionaconsciente suxire para Baiona: cecais aquí tamén a mesma fórmula, pero neste caso cun goberno socialista triunfante sobre o localmente incapaz de mellorar a situación económica e supostamente derrotado Almuíña?. Todo esto qué é?: política-ficción ou cómo facerlle un novo favor a dereita baixo a capa do cabreo.

    Como remate non ten desperdicio o do voto en blanco. En qué quedamos: ¿hai que votar para cambiar os gobernos, e por tanto para cambiar a situación económica, ou deixámonos ir á espera da fame e a revolución e, namentras, facémolo en blanco?.

    Toda esta nota en pouco axuda na mellora da situación económica-laboral e, como tantas outras veces, pon o seu rei de espadas en favor do PP

  2. baionaconsciente dijo

    30 de Abril del 2011 a las 23:49

    Non entendeches a frase, interpretando xusto o contrario do seu sentido, é malo vivir na contínua paranoia. Falamos de que “hoxe nadie quere mover un dedo”. Non é que creamos que a fin da crise se vaia producir cun cambo de governo, constatamos o feito de que hai unha parálise en determinados sectores porque agardan un cambio de governo que lles deixe maniobrar con liberdade. Queres nomes? Entidades financieiras, grandes empresas con capacidade de inversión…

    O final quere decir o que quere decir. A alternativa ao PSOE non é o PP, como a alternativa ao PP non é o PSOE. Señores, non falamos de que o BNG sexa a salvación. Ésta consiste nunha renovación da clase política través do despertar da consciencia de ser da cidadanía, iso que nin PSOE nin PP queren que suceda, porque perderían os seus privilexios. Por iso teñen medo á reforma da lei electoral ou a un referendum para a reforma dunha obsoleta Constitución.

  3. Diego dijo

    1 de Maio del 2011 a las 8:52

    Pois un tanto abraiado!! Facedes unha anotación pouco axeitada!! E non polo que dicides senón por ese final pedindo o voto en branco nas vindeiras municipais en virtude da crise económica/social.

    En primeiro lugar, nas eleccións municipais non se vai valorar ningunha crise nin nada semellante. Vaise a elexir a uns veciñ@s para que xestionen as catro cousas da vila. E iso é o que se debe valorar. Son axeitados??

    E en segundo lugar, e máis importante, con esta anotación estades a tirar por terra todo o voso traballo, e os dos que aquí levan catro anos falando de política local, “creando consciencia”: falando de Almuiña, do PXOM, do PEPCHAB, do BNG,…

    Apertas,

  4. AIXIÑA dijo

    1 de Maio del 2011 a las 10:08

  5. baionaconsciente dijo

    1 de Maio del 2011 a las 11:20

    Grazas Aixiña polo enlace, semella o artigo redactado por nós mesmos.

    Reclamar o voto en branco é tan lexítimo como reclamar o voto para calqueira partido dos que se presentan.

    Cómpre aclarar que o voto en branco é unha arma de dobre fío. Porqué? Pois porque a lei electoral, a través da Lei D’hont pode propiciar que se beneficie á lista máis votada. Como ben dice Francisco Rubiales no seu artigo, o efecto desexado sería unha elevada representación desta opción.

    Debemos tamén aclarar que non manifestamos a opción do voto en branco para paliar a crise económica e financieira, sinón para erradicar a crise política en todos os eidos. O último gran político da Historia de España foi Adolfo Suárez. Xa choveu daquela.

  6. pedradoacordo dijo

    1 de Maio del 2011 a las 13:26

    Compre lembrar que únicamente a historia, ou o revisionismo histórico, foi quen fixo bó político a Adolfo Suarez. Aínda hoxe, nin os seus correlixionarios asinarían tal afirmación. Eu tampouco.

    “Reclamar o voto en branco é lexítimo”: ¡home, claro!, como á abstención ou o nulo ou o voto a calqueira opción legalmente aceptada.

    En calqueira caso, son dos que pensan que nos concellos é posible por en marcha iniciativas de creación de emprego, e non necesariamente con cargo ó erario público. Non acabo de ver iniciativas neste eido nas propostas dos grupos que se presentan, máis alá da tímida proposta de chan industrial no BNG ou o inconcreto viveiro de empresas de PSOE e PP. A xestión de creación de empresa e emprego, ten que ser moito máis dinámica e pegada a realidade económica e social e é donde eu creo que os nosos partidos non acaban de manexar as claves correctas. De feito, temos na nosa Vila unha experiencia pioneira, casi de traballo social, e está a piques de ser abortada polos catro matóns e ignorantes de sempre xunto co silencio dos partidos.

    Como a solución sexa o voto en branco nas municipais, ¡estamos bos!, meus queridos quintacolumnistas.

  7. baionaconsciente dijo

    1 de Maio del 2011 a las 18:39

    Sempre pensamos que o diálogo é a base para o entendemento, pedradoacordo. En parte coincides con nós en que non existe unha proposta política no noso concello que se adecúe á visión dunha parte importante da cidadanía baionesa, que se sinte frustrada por ese motivo.

    É verdade que esa xente ten dúas alternativas:

    – Integrarse nun partido que estea preto das súas ideas políticas e tentar mudalo.

    – Crear unha formación política diferenciada que aspire a algo máis que a ser chave.

    No primeiro caso existe o hándicap de enfrentarse ao aparato do partido, inmovilista e perpetuador das cotas de poder. No segundo caso moitas persoas non teñen forzas nin ganas de “traizoar” ao seu partido de orixe. É o fenómeno coñecido como “político queimado”. A Historia da política baionesa está inzada de casos, sobre todo los partidos da esquerda (si se lles pode chamar así).

  8. pedradoacordo dijo

    1 de Maio del 2011 a las 19:11

    Os partidos teñen un papel importante na estructuración política, social e administrativa das sociedades donde se insertan. Non necesariamente o papel fundamental. O problema de tantas cidades e pobos é a inexistencia ou falla de protagonismo da chamada “sociedade civil”.

    Por falar de Baiona, é lamentable en qué acabou a Asociación de Comerciantes e Empresarios (ACEBA), sin presencia nin opinión para articular o malestar dos seus asociados; a desaparición da Cofradía da Anunciada como colectivo con inquedanzas ante a administración e real representante da nosa xente do mar. O esnaquizamento do movemento veciñal en Baiona e parroquias, asulagado polo entrismo político (o BNG ten un lamentable papel nelo) e en definitiva, a microxestión das comunidades de montes corrompidas polas desconfianzas e os pequenos protagonismos ou a admirable labor das asociacions culturais cos seus veciños -en particular coa xente nova- pero lastradas pola falla de horizontes amplos e ambiciosos no seu percorrido ou, para rematar, a marcha, co silencio clamoroso de todos, do IGADI de Xulio Ríos.

    Todo este tecido, aínda vivo fai apenas oito anos, hoxe está desmontado peza a peza, salvo aqueles colectivos expresamente adictos ó sentir do goberno de Almuíña. Creo sinceiramente que o PP ten unha enorme responsabilidade en todo elo porque xogaron a metelo medo no corpo da xente. Non lles gusta que a xente teña iniciativa e opinión propia.

    Fallaron os partidos, sí, pero mais fallou a sociedade baionesa que non supo defender a súa autonomía da política; a posta en valor dos seus intereses e a ambición de traballar sin a ortopedia dos partidos.

    Creo que non necesitamos máis partidos: abonda cos que hai, nin demostracións de cabreo vía voto en blanco. Falta sociedade consciente das suas potencialidades e dos riscos que entraña deixarse pastorear polos que non creen nela.

  9. AIXIÑA dijo

    1 de Maio del 2011 a las 19:56

    pedradoacordo,

    Na miña casa somos 4 votantes e a ningun nos gusta ningun dos cadidatos a alcaldia de Baiona.

    Que facemos ?

    Non votamos ?

    Votamos en blanco ?

    Votamos nulo ?

    QUE SERIA O CORRECTO SEGUN TI ?

    Dime algo

    Gracias

  10. Alalá dijo

    1 de Maio del 2011 a las 23:00

    Vaia Aixiña, menudo dilema. Paréceme que en nestas eleccións en Baiona sodes moitos con esa duda, haberá que estar atentos a ver como se resolve. Complicado, realmente complicado …. e un pouco tarde para despertar a “sociedade civil” á que alude Pedradoacordo para que teña incidencia nestas eleccións, pero de tódolos xeitos o voto en blanco ou a abstención non me parece unha boa opción, haberá que seguir reflexionando sobre o tema …..

  11. pedradoacordo dijo

    2 de Maio del 2011 a las 0:30

    Benquerido Aixiña:

    Eu sei que o corpo pídeche non votar e eu non teño moitos argumentos a contracorrente desa opción. De todo-los xeitos tampouco podemos quedar na cuneta da historia á espera de atopar o partido, o candidato, a lista e o programa da cojoopción. O que temos en Baiona é o que é, que a moitos parécenos ben pouco. O partido xógase noutro terreo: e que non somos capaces de articular un proxecto distinto para Baiona?; qué imos transmitir ós nosos fillos?. A idea de que non se pode facer nada, que todo o mundo anda ó seu, que os políticos son todos iguais, nin me tranquiliza nin me parece un bó legado.

    Eu non me podo quedar na queixa do que non me gusta. Teño que deixar un exemplo de responsabilidade cara ós meus fillos e teño que tomar posición, clara, en contra de uns ou contra todos; pero a favor dun modelo de Baiona.

    Os partidos en Baiona mudaron candidatos, listas, pode que propostas, pero non ilusionan aos veciños. O PP vai sacar unha cómoda maioría absoluta coa complacencia de PSOE e BNG porque estos xogan a non perder demasiado: o BNG manter os dous concelleiros; o PSOE a non baixar de catro, barreira sicolóxica dos tempos escuros. Mais, qué importa todo elo aos veciños?: nada.

    A inmensa maioría dos nosos veciños está cómoda co inmovilismo que exercita o PP. Será posible que a cuestión decisiva resida en saltarse unha lista de espera para un tacto rectal ou unha operación de cadeira?. Nesas estamos. (Eu non me atrevo a contarlle estas prácticas de política medieval aos meus fillos. E tí, meu vello Aixiña?)

  12. AIXIÑA dijo

    2 de Maio del 2011 a las 18:52

    Non nos confundamos,

    O corpo non me esta pedindo non votar,

    Votar en blanco e diferente a non votar.

    A os meus fillos non teño nada que contarlles por que xa ven con seus propios ollos o que hay.

    En fin,

    Xa veremos

  13. barrabí dijo

    3 de Maio del 2011 a las 9:01

    Eu tampouco estou para nada de acordo con este post, paréceme tremendista e unha ilusión. Nin co crack do 29 terminamos a idade contemporánea, nin con uns votos masivos en branco o faremos.

    Paréceme unha irresponsabilidade avogar polo voto en branco, e que conste que a min o debate me está a parecer interesantísimo, agora, como apuntan por aquí ¿que hai dos que somos baiona-conscientes?

    Fálase de que a maioría non lles gusta o que hai para elixir, home, postura canto menos curiosa, catro partidos temos, e polo que vexo, a pena de moitos de que non se presente Vilar (ironía galega). Pois digo eu, que haberá que votar ao que máis próximo esté as túas ideas, ao que presente o programa máis realista e interesante, a aquel que confíes en que que non te está a enganar. Non son eu quen para dar consellos sobre cal debe ser o signo do voto de cada un, pero creo que dende este blogue, non se debería facer apoloxía do voto en branco para facer un cambio histórico, tremenda inconsciencia…

    Saudos

  14. Alejandro Martínez dijo

    3 de Maio del 2011 a las 12:32

    Considero máis irresponsable votar por conformismo (todos son malos ou non me gustan pero X é o mais próximo a min) ca votar en branco (non me gusta ningún e non quero que me representedes durante catro anos).

    De non votar xa non falamos, aínda que algún queira/interese vendernos a trapallada de que vén sendo o mesmo ca votar en branco ou parecido.

  15. AIXIÑA dijo

    3 de Maio del 2011 a las 18:15

    Teño entendido que o voto en branco beneficia a lista mais votada.

    Eu son partidario de que mande a lista mais votada.

  16. Alejandro Martínez dijo

    3 de Maio del 2011 a las 21:09

    O voto en branco é coma se fora un partido máis.

    Outra cousa é que nunca nunhas eleccións nosas tivera os suficientes votos coma para ter escanos.

  17. Alejandro Martínez dijo

    4 de Maio del 2011 a las 0:01

    Un “Baioneses en branco” estaría ben.
    http://www.ciudadanosenblanco.com/

  18. baionaconsciente dijo

    5 de Maio del 2011 a las 19:30

    Alejandro, para Baiona xa é tarde, pero non descartemos que en catro anos se artelle unha cantidade de xente conforme con esta opción e acaben presentándose ás eleccións municipais. Hoxe o que podemos facer é esixir o cambio na lei electoral e que o voto en branco sexa cada vez maior, polo menos como toque de atención para os encorsetados políticos que dín representarnos.

    Algún dos votantes que decantaron o seu voto polo PSOE cando ZP non se levantou ao paso da bandeira dos EEUU se sinte representado cando ampara unha execución por parte dunha forza militar noutro país sin o amparo de ningún tratado internacional nin resolución da ONU?

  19. AIXIÑA dijo

    5 de Maio del 2011 a las 21:38

    Menuda trapallada,

    SON TODOS UNS TRAPALLENTOS

    http://www.abc.es/agencias/noticia.asp?noticia=806071

  20. xose enrique dijo

    6 de Maio del 2011 a las 16:21

    Todos non Aixiña,todos NON.

Comentarios RSS