Candidaturas – Municipais 2011

A tradición baionesa de presentar candidaturas independentes tocou ao seu fin. O rodillo mediático e os maletíns pontevedreses imposibilitaron que voces discordantes manchasen os cálculos electorais. No 2011 os baioneses só temos sete opcións (fronte ás 10 e 11 de Gondomar e Nigrán) á hora de decantar o noso parecer coa política municipal:

UPyD: Unha personaxe que cambia de bando segundo a oportunidade política tenta ocupar o espazo deixado por Manolo Vilar. A máxima aspiración deste partido é actuar de chave co PP e que Amorín amarre un posto que incomodaría notablemente ao Goberno Almuiña.

PP: Almuiña non precisa presentar as súas credenciais. Falan os feitos nos cáseque sete anos de goberno municipal. A súa xente é a súa xente. A sombra de Ezequiel Simóns sempre vai planear, pero non sabemos se iso é bo ou malo. Parte coa ventaxa de terse desfeito do lastre de Manolo Vilar.

BNG: Son máis do mesmo. Tradicionalmente contan co feito de ser os terceiros en discordia e de captar o voto descontento do PSOE. Non dan arrincado o suficiente como para acadar o terceiro concelleiro que lle permita actuar con maior proximidade ao PSOE. Saben que só poden aspirar a dar a Alcaldía a Isabel Domínguez.

PSOE: Presentan por primeira vez unha candidata. Muller e que ostentou un cargo político na Xunta de Galicia. Nunca antes un baionés acadara unha cota de poder de tanta importancia. Sempre sonou que ése foi o soño nunca acadado de Manolo Vilar. A pesares de vender que son a alternativa, aspiran a que o lastre da crise non lle acerquen máis aos resultados do BNG que aos do PP.

Voto en branco: Foron moitas as veces que defendimos esta opción como xeito de demostrar á clase política que algo está a facer mal. Un resultado superior a do último partido con representación permitiría iniciar ese período de reflexión non seo das executivas locais. As simulacións determinan que un resultado algo inferior aos trescentos votos supoñen un concelleiro. Trescentos votos en branco serían un bo toque de atención. Lamentablemente a nosa voz non chega a tantos baioneses que nos podan facer caso.

Voto nulo: Adoita ser o voto do despistado e do cabreado. Son curiosas as mensaxes que algúns deses votos poden deixar, como a desconformidade con algún candidato da lista electoral.

Abstención: A peor das alternativas. É un voto encuberto á lista máis votada, cousas da Lei D’hondt. Tamén é a alternativa máis cómoda. A mensaxe de que non se vai votar porque todos son iguais, corruptos e malos xestores é errada. A verdade é que os nosos políticos son así pola nosa inacción. Si a abstención fose residual e maior a porcentaxe de afiliación outro galo nos cantaría, pero protestar e quedarse na casa é sinxelo. Convocar un evento no Facebook non da o mesmo traballo que chantarse na Praza do Concello. Escribir nun blog é máis sinxelo que loitar por crear unha alternativa posible que xenere optimismo. É a nosa autocrítica como parte da conformista sociedade baionesa.

Resulta paradóxico que EU poda presentar listas en Gondomar e Nigrán e non o acade en Baiona. Claro que en Gondomar tamén o fai a Falange (á Biltu española non se lle aplica a Lei Antipartidos).

As candidaturas, publicadas no Boletín Oficial da Provincia son:

upyd

UNION PROGRESO Y DEMOCRACIA (UPYD)

1. DON ANTONIO AMORÍN MARTÍNEZ
2. DOÑA ANA MARÍA RUIBAL VILLAVERDE
3. DON AVELINO GONZÁLEZ VALVERDE
4. DON JOSÉ CARLOS VILAR VILAS
5. DOÑA MARÍA JOSÉ FERNÁNDEZ GIRALDEZ
6. DOÑA ROSANA ÁLVAREZ NICOLAO
7. DOÑA MARÍA TERESA GONZÁLEZ LEMOS
8. DON JOSÉ CARLOS LEYENDA SAMUELLE
9. DON ROBERTO MOREIRAS SOLIÑO
10. DOÑA ANA BARREIRO MARTÍNEZ
11. DOÑA SUSANA FERNÁNDEZ LORENZO
12. DOÑA MARÍA DEL PILAR MINIÑO VALVERDE
13. DOÑA DANIELA SAMUELLE GUILLÉN
14. DON JOSÉ ANTONIO GAY FERNÁNDEZ
15. DON MARCO FERRETE FERREIRA
16. DOÑA BEGOÑA MARÍA SENRA DURÁN
17. DON FRANCISCO JAVIER MARTÍNEZ FERNÁNDEZ
Suplentes:
1. DOÑA CARMEN ÁLVAREZ GONZÁLEZ
2. DOÑA CARMEN RODRÍGUEZ MARTÍNEZ
3. DON JOSÉ RODRÍGUEZ CAMESELLA

PARTIDO POPULAR (P.P.)

1. DON JESÚS VÁZQUEZ ALMUIÑA
2. DON ÁNGEL MANUEL RODAL ALMUIÑA
3. DOÑA MARÍA IGLESIAS FERNÁNDEZ
4. DOÑA ANA SIMÓNS SÁNCHEZ
5. DON JOSÉ RODRÍGUEZ TRIGO
6. DOÑA MARÍA JESÚS MARTÍNS PASSOS
7. DON POLICARPO VILAR MISA
8. DOÑA MARÍA JESÚS GARBÍN DOMÍNGUEZ
9. DON RAÚL COSTAS LAFUENTE
10. DON ANTONIO GARRIDO POUSA
11. DOÑA CONCEPCIÓN PÉREZ PRADO
12. DON ENRIQUE CARNEIRO VILAR
13. DON DANIEL GARCÍA DACUÑA
14. DON ARMANDO GUNTÍN CARNEIRO
15. DOÑA MARÍA DEL CARMEN FRANCISCA GONZÁLEZ PÉREZ
16. DON ANTONIO MARTÍNEZ FREIRE
17. DOÑA ELENA MARÍA VALCARCE RODRÍGUEZ
Suplentes:
1. DON MAXIMINO MAGALLANES MISA
2. DON JOSÉ ÁNGEL BAHAMONDE RODRÍGUEZ
3. DOÑA BEGOÑA GONZÁLEZ IGLESIAS
4. DOÑA MARÍA DE LOS ÁNGELES SILVA GONZÁLEZ

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (B.N.G.)

1. DON XOSÉ ENRIQUE FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ
2. DOÑA ANA MARÍA RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ
3. DON ROBERTO CARLOS VALVERDE SABÍN
4. DON PAULINO LAGO VILLA
5. DOÑA RUTH FERNÁNDEZ GONZÁLEZ
6. DON JOSÉ ANTONIO FERREIRA FERNÁNDEZ
7. DOÑA SANDRA VILAR ÁLVAREZ
8. DON IAGO PEREIRA MOREDA
9. DOÑA MARÍA BEGOÑA RATEL PIÑEIRO
10. DON JOSÉ LUIS BLACH FERNÁNDEZ
11. DOÑA MARÍA MONSERRAT FERNÁNDEZ MORELL
12. DON MIGUEL ÁNGEL GONZÁLEZ LAGO
13. DOÑA YOLANDA DE LA MERCED LAMAS AMBROA
14. DON ANDRÉS OTERO MARTÍNEZ
15. DON IVÁN RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
16. DOÑA MARÍA DEL ROSARIO PÉREZ MISA
17. DON XOSÉ LOIS VILAR PEDREIRA
Suplentes:
1. DOÑA MARÍA LOURDES ANA CARNEIRO PÉREZ
2. DON SANTIAGO VILAR IGLESIAS
3. DOÑA MARÍA DE LAS MERCEDES LEYENDA NOGUEIRA
4. DON XOSÉ FRANCISCO QUINTAS GONZÁLEZ

PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA
PARTIDO SOCIALISTA OBRERO ESPAÑOL
(PSDEG-P.S.O.E.)

1. DOÑA MARÍA ISABEL DOMÍNGUEZ QUINTAS
2. DON ARTURO PEREIRA PEQUEÑO
3. DOÑA NATALIA VANESA VARGAS GONZÁLEZ
4. DON MANUEL BARREIRO RODRÍGUEZ
5. DOÑA SANDRA MARÍA COSTAS MARTÍNEZ
6. DOÑA MARÍA DE LA CELA OCHOA MINIÑO
7. DON ANTONIO GOCE CASTRO
8. DOÑA ANA BELÉN PÉREZ ALBORES
9. DON JACOBO COSTAS MOREDA
10. DON JOSÉ MIGUEL SOTELO ULBEIRA
11. DOÑA ANA MARÍA RODRÍGUEZ VILAR
12. DOÑA ANA CONSOLACIÓN ZAMORANO MUÑOZ
13. DON RAMÓN CLAUDINO SARMIENTO ACEVEDO
14. DON JOSÉ ETELVINO VILAR MARTÍNEZ
15. DON ELADIO VIDAL ARAUJO
16. DOÑA MARÍA FÁTIMA CABRAL CHAMORRO
17. DON INOCENCIO BARREIRO ÁLVAREZ
Suplentes:
1. DON JOSÉ GONZÁLEZ FERNÁNDEZ
2. DOÑA MARÍA MOSQUERA GÓMEZ
3. DON JOSÉ MARÍA PALAO TABOADA

8 Comentarios

  1. baionaconsciente dijo

    6 de Maio del 2011 a las 19:17

    Simulador electoral para calcular os concelleiros:

    http://icon.cat/util/elecciones/

  2. pedradoacordo dijo

    7 de Maio del 2011 a las 9:04

    Creo que o sistema D´Hondt de reconto electoral non ten incidencia nas eleccions municipais, donde o sistema é proporcional, nunha única circunscripción, non existe unha porcentaxe mínima de corte para obter representación, elíxense nada menos que 17 concelleiros -no caso de Baiona- e para un censo electoral imaxino que de arredor de 10.000 persoas.

    Con respecto ó voto en blanco paréceme lexítima a opción, pero non entendo que por defender unha opción que aspira a ter un concellal virtual, esquezamos a corrente central donde se atopa a inmensa maioría dos electores. Desmenuzar as razóns, políticas ou de outro tipo, que están detrás de tamaño respaldo electoral considero que é a tarea dos políticos … e dos politólogos. O outro sona a tertulia de café ou a lerias de políticos de salón.

    Nas últimas horas o reverdecido debate encol da opotunidade de que Baiona conte con un -ou dous- campos de golf, paréceme tremendamente importante. Pola mañá Almuíña falou con claridade ao respecto, apostando por eles. Na noite, os socialistas aplaudiron a negativa ós mesmos. Os do voto en blanco teñen oportunidade de definir posicions e concretar unha opción política en positivo, máis alá de levantar testimonio de protesta xeralizada.

    Eu son favorable, dende sempre, aínda que non entendo unha instalación de este tipo como panacea por sí mesma de ningún despegue turístico e económico. O desenvolvemento integral virá pola adopción dun conxunto de medidas (urbanísticas, medioambientais, comunicacións, formación, recursos financieiros; deseño dun modelo da Baiona do futuro, etc) e polo traballo firme e sostido ao longo de moito tempo.

    A tranquilidade política que tivo e terá previsiblemente Almuíña, é un escenario idóneo para traballar. Ahí e donde eu sitúo a crítica ao PP baionés: perdeu case sete anos para configurar ese modelo. Hoxe estamos a pagar as consecuencias, en forma de paro, peche de comercios e atonía xeral, da parálise e a falla de decisión. ¡Hai solucións locais ós problemas globais!.

  3. AIXIÑA dijo

    7 de Maio del 2011 a las 9:53

    NON SEI COMO EXPLICARME,

    Politica:
    Es la actividad humana que tiende a gobernar o dirigir la acción del Estado en beneficio de la sociedad.

    quien esta detras de los campos de golf ?

    quien esta detras de la estacion maritima ?

    quien esta detras de ronautica ?

    quien esta detras de los molinos de viento ?

    quien esta detras de los aparcamientos ?

    a que precio nos estan pagando o noso espacio estos señores ?

    que opinan los futuros dirigentes de Baiona de estos asuntos ?

  4. pedradoacordo dijo

    7 de Maio del 2011 a las 11:08

    Quen está detrás, son empresas privadas que desenvolven esas actividades por concesións administrativas, autonómicas ou locais nestes casos. O importante non creo que seña “quén está detrás”, que para garantir a transparencia e a libre concurrencia están os procedimentos concursais,mesmo as mesas de contratación, senon concretar cáles de esas actividades son necesarias, positivas ou non para a nosa Vila. E a aprobación das bases, calificación dos terreos, licencias, etc, faise en última instancia no Pleno municipal, contando os votos a favor e en contra. Eu conto con que os 17 concelleiros queren o mellor para Baiona, eso sí, con distintas visions. Ao seu alcance, por si non foran sufientes os servizos técnicos e xurídicos do Concello, está o examinar os expedientes, asesorarse externamente, acudir no seu caso á Xustiza, todo elo para asegurarnos, ós cidadáns, de que non se cometen irregularidades nin cacicadas.

    Eu quero debatir do que convén a Baiona, que é o que está diante, non “sobre quén está detrás”. Eu quero debatir sobre políticas e decisions políticas, non sobre sospeitas maledicentes e estériles. Por elo é tan relevante coñecer as propostas dos partidos e analizar a xestión das persoas que os conforman.

    Eu, Aixiña, analizo e debato sobre o que di Aixiña,sobre as súas razóns e argumentos, non sobre quén é Aixiña e si me saludou ou non onte na rua do Conde.

  5. AIXIÑA dijo

    7 de Maio del 2011 a las 12:11

    en ton estamos “en boas mans”

  6. baionaconsciente dijo

    7 de Maio del 2011 a las 20:18

    Mesa de contratación e transparencia non poden empregarse nunha mesma frase. É como intelixencia e militar.

  7. baionaconsciente dijo

    7 de Maio del 2011 a las 20:33

  8. AIXIÑA dijo

    7 de Maio del 2011 a las 23:10

Comentarios RSS