Queremos debate

debate

O PSOE saiu á palestra cunha proposta que é unha estratexia habitual noutros comicios: o debate electoral. Si ben, é certo que non é unha proposta novidosa, xa que nas Municipais do 2007 xa se celebraron dous, en Baiña e en Sabarís. Daquela nos serviu para que todo o mundo descartase definitivamente a Chicho como un candidato a ter en conta e comprobamos a evolución de Almuiña na súa formación política. PSOE e BNG empregaron ambas ocasións para plasmar as súas directrices estrela e o BNG perdeu moitos votos en Baiña debido a unha encerrona veciñal.

Así, o debate electoral ten un dobre fío, xa que permite que os cidadáns que queren realmente saber das propostas dos partidos non se vexan obrigados a acudir aos mitines electorais, algo que caeu no desuso xa que é un producto de consumo interno e aos que os achegados non queren achegarse por medo a quedar fichados.

Todo o que sexa debate, información e diálogo debe ser benvido e coidamos que ningún dos partidos que concurren ás Municipais se van a negar a elo. Agora sí, os parámetros do mesmo non serán fáciles de acordar e o tempo está moi limitado. Os equipos electorais, salvo o do PSOE, quedan co pé cambiado e teñen que reestructurar o seu programa de traballo. Non creemos que finalmente se poda celebrar, pero si é así, debe convertirse nunha tradición.

O único que, humildemente, pediríamos é que o debate sexa sereno, sin ataques persoais e cheo de propostas. Non queremos que acabe sendo un cruce de declaración ao estilo “favoreces aos amigos” ou “que goberne a lista máis votada que o bipartito fracasou”.

A pregunta que debería quedar respostada é a política de pactos. Este ano semella que as cousas quedan claras. Só deberían existir dous bipartitos ou un goberno en minoría da lista máis votada. Cál é a nosa idea en caso de que o PP non acade a maioría absoluta? A seguinte:

Partido Popular: O único compañeiro de partido posible sería UPyD, si obtén representación. Pero o seu obxectivo sería a obtención de votos en branco por parte do PSOE ou BNG para poder gobernar en minoría e obter pactos puntuais. Téñenno fácil, xa que o PSOE coincide con eles en determinadas cousas e co BNG noutras. Deles depende darlle aire a un partido que xoga a ser chave e que si non acada poder nestas Municipais está condeado a desaparecer para as seguintes.

PSOE: Só lle cabe o incómodo compañeiro de viaxe que é o BNG. Gobernar con UPyD sería unha vergonza e un engano ao seu electorado. Isabel Domínguez xa manifestou por activa e por pasiva o seu compromiso de pactos. Algo que lle honra si nadie lle obriga a incumplilo. Sería a súa morte política.

BNG: O teñen máis que claro. Aspiran a darlle a Alcaldía a Isabel Domínguez e que a diferencia entre os dous sexa o suficientemente curta como para traballar en pé de igualdade. As deslealtades que sufriron no Goberno dos 18 meses non se deberían repetir. Tampouco se debería repetir o erro de pactar con terceiros compañeiros de viaxe que non pegan nin con cola. Un pacto con UPyD, partido nacionalista español que non dubida en insultar aos galegos para gañar votos en Madrid, tería que desembocar na desaparición do BNG en Baiona. Afortunadamente, non é nin prantexable.

UPyD: Froito do mencionado anteriormente, só pode pactar co PP e agardar a que PSOE e BNG sexan o suficientemente pechados de miras como para negarse en banda a calqueira apoio aos populares.

Lamentablemente, este ano creemos que non caben tanta análise porque o PP ten a maioría, e máis, na súa man. Hai non moito lanzamos un reto para a Porra Consciente, nós creemos que a cousa quedará como segue:

PP: 10

PSOE: 4

BNG: 2

UPyD: 1

14 Comentarios

  1. Diego dijo

    8 de Maio del 2011 a las 11:24

    A verdade é que na miña opinión os debates seguen o camiño dos mítines. Non polos formatos senón polo xeito de facer política. En fin… De tódolos xeitos penso que non haberá debate.

    Non comento nada dos pactos, pero sí da porra. Non vou a dar a miña, en parte porque teño moitas dúbidas do que vaia a facer UPyD e cal pode ser o papel do voto en branco e nulo.

    Agora ben. Se lembro ben, a porra de BC é a mesma do Sr. Vilar. Non me gusta! Sería unha nova moi mala para Baiona. Sería voltar ao 1995 (10 / 4 / 2 / 1 ) aínda que nese ano as esquerdas soamente sumaban 5 concelleiros. Eu non agardo un resultado semellante!

    Apertas,

  2. pedradoacordo dijo

    8 de Maio del 2011 a las 16:16

    Por qué o PSOE non é capaz de representar á maioría dos baioneses?. Non quere?, non sabe?, non pode?.

  3. exiliada dijo

    8 de Maio del 2011 a las 22:25

    A verdade é que non sei para que queren debate, si total a campaña básase en que o BNG e o PSOE están a botar merda seguido enriba de Almuíña, pero realmente creen que iso vale para algo??
    E o PP directamente non fai nada coa convición de que xa ten a maioría asegurada.
    pedradoacordo, eu creo que non quere, o único que lle importa á candidata é coller protagonismo e voltar a postos altos, xa que a sua proposta de oito anos para arranxar o pobo… deixa moito que desexar.
    A porra: 10, 3, 3, 1. O 1 non me gusta nada pero bueno…
    Alegría para o PP, crise absoluta no PSOE, logro do BNG e obxetivo cumprido para UPyD.

  4. Alejandro Martínez dijo

    8 de Maio del 2011 a las 23:29

    Parécemo a min ou o PP está a facer unha campaña demasiado discreta?

    Dáme a min que estes están a dar todo por feito.

  5. baionaconsciente dijo

    9 de Maio del 2011 a las 0:01

    No PP darán por boa a estratexia que popularizou Rajoy: ao non facer nada, nada sei fai mal. Convertido en promesa electoral tradúcese en: Tomaremos as medidas que haxa que tomar.

  6. barrabi dijo

    9 de Maio del 2011 a las 0:10

    Exiliada, entendo o teu nick, e tamén o teu resquemor, os exilios forzosos son duros. Pero eu non creo que Isabel necesite tal protagonismo, é a candidata para a alcaldía de Baiona do PSOE, é o posto máis alto que un socialista baionés pode ter. Non estou dacordo en que non lle queira, claro que queremos, todos os que estamos na lista queremos, eso non o dubides, somos socialistas. Pero te digo unha cousa, comentarios deste estilo como o que acabas de deixar, demostran que se está a facer un bo traballo.

    Aparte desta saña que se gastan algúns con Isabel, farémoslle chegar a proposta de debate ao resto dos candidatos a alcaldía, e esperamos tamén que se poida celebrar, e que a vontade deles sexa dar canta máis información aos que imos votar.

    Saúdos

  7. AIXIÑA dijo

    9 de Maio del 2011 a las 18:52

    O pasado vernes fun a auditorio a escoitar a Iabel.

    Non me gustou que personalizara tanto os seus cometarios :
    mi equipo,yo necesito,cuando yo estuve……

    Teño que reconocer que tanto a min como a os meus amigos gustounos como fala.

    Ten coñocemento dos problemas de Baiona.

    Ten estilo,

    Ten caracter,

    Tamen ten un par de…….. invitando a os machotes a salir a palestra.

    Esta preparada.

    Penso que seria boa alcaldesa.

    Tamen ten unha sonrisa muy bonita

    Falta equipo

  8. pentamaster dijo

    9 de Maio del 2011 a las 19:23

    Iso dos personalîsmos estílase moito. Máis nós e menos eu.

  9. Alalá dijo

    9 de Maio del 2011 a las 20:44

    A solicitude de debate nas elecciós está a ser xa habitual como un acto mais de campaña, polo que como ben dí Diego estase a convertir igual que os mitins, en algo de consumo interno, donde cada partido leva os seus simpatizantes para aplaudir o seu candidato.

    En canto os pactos, eu non creo que cheguen a facer falta, e polo que vexo hai mais opinións que coinciden coa miña, aínda que, si chegara o momento, non descartaría nada no caso de que fora necesario. Fai 8 anos e cos mesmos protagonistas no allo,(Isabel como man dereita de Carlos de la Peña, Xosé Enrique e Almuiña), ou non nos acordamos? E aínda que para o PSOE e BNG a experiencia en materia de pactos non foi boa, eu non negaría nada por si acaso cae un milagro.

    O que realmente me está a parecer moi pobre é o que vou coñecendo dos programas. A verdade é que hai propostas difíciles de dixerir, e ocurrencias cada cal peor, e baixo o meu punto de vista moi de espaldas os veciños, asi que parece normal, que estén neste momento moi pouco preocupados polas eleccións en Baiona. O programa convertiuse polo que se ve en un trámite mais das eleccións.

    Por certo, a miña porra (polo que se tantea por ahí):

    PP – 11 (arrollador)
    PSOE – 4 (menos sería unha desfeita)
    BNG – 2 (incapaces de dar sorpresas)
    UPyD – 0 (confío na memoria da xente)

    Esto colocaría ó PP con un resultado incuestionable, e entón si que, o resto dos partidos terán que pensar en que algo están a facer mal, xa que nin lle darían ó PP motivos nin para unha pequena reflexión.

  10. Alalá dijo

    9 de Maio del 2011 a las 20:49

    Por certo, cando se personaliza tanto pode ser, un problema de desconfianza no entorno ou un facer bo eso de: Que falen de un, aínda que sexa mal.

  11. AIXIÑA dijo

    9 de Maio del 2011 a las 21:16

    pode ser:
    ilusionate,en baiona hai futuro
    o tamen:
    en baiona hai futuro,ilusionate

    si hay debate podemos ver quen aplaude mais.

  12. Diego dijo

    10 de Maio del 2011 a las 9:03

    Bc, Alejandro,

    e qué campaña ten que facer o PP? Levan gobernando 7 anos. O único que poden facer e perder votos.

    Ademáis na miña opinión as campañas tradicionais, agás no caso de que se presente un candidat@ descoñecid@ (non é o caso), teñen moi pouca importancia. Soamente serven para animar aos próximos. Pensades que a xente decide o seu voto por un cartel ou un panfleto??

    Apertas,

  13. Roberto Valverde dijo

    10 de Maio del 2011 a las 13:16

    Está claro que o peixe está vendido. Só falta agardar para ver canto vendeu cada un.

    Os que teñen pensado ir votar o vindeiro 22 de Maio teñen claro por quen facelo, o problema é os preto de 4000 Baioneses que tradicionalmente non votan.

    Porqué non se manifestan?. Porqué non dicen o que realmente pensan nas urnas?. Porqué non queren darlle opción a outras forzas políticas que traballan por crear outra Baiona, a Baiona que eles desexan?.

    Isto é o que temos que facer nos vindeiros días, motivar a esta xente que non vota para que o faga, e o fagan porquen eles estimen ou da maneira que queriran.

    Na parte que me toca, lóxica e preferiblemente eu prefiro para o BNG, pero sinceiramente, prefiro que voten ainda que non sexa para o BNG, pero que se manifesten. (incluso en branco ou nulo, pero que voten).

    Sería todo un orgullo que máis do 90% dos veciños e veciñas exerceran o seu dereito.

    Por certo, por si non temos posibilidade de Debate no auditorio ou nas parroquias, xa que polo momento parace que todo indica que non será así, hoxe en Localia as 23:00 debate entre PP,PSOE e BNG. E mañá ás 13:00.

    Ánimo.

  14. pentamaster dijo

    10 de Maio del 2011 a las 21:19

    O BNG, respecto á política de pactos, foi claro. Guillerme Vázquez dixo que ningún voto do BNG permitiría un Alcalde do PP.

    Pero como o BNG permita pacte con UPyD eu racho o carné.

Comentarios RSS