Indígnate, sae á rúa – 15.05.2011

democraciareal

O vindeiro Domingo saberemos si o noso país está realmente indignado ou non. A mocidade vai sair á rúa nunha convocatoria en múltiples cidades e que está sendo masivamente respaldada nas redes sociais e en todos os eidos de internet. A cuestión é si ese respaldo se vai trasladar físicamente á rúa ou vai quedar nun simple mosqueo diante do ordenador para seguir co habitual conformismo.

Baiona  Consciente respalda, se adhiere e concorda coa práctica totalidade do manifesto de Democracia Real Xa!, que pegamos aquí para a súa publicidade:

MANIFESTO

Somos persoas normais e correntes. Somos coma ti: xente que se levanta polas mañás para estudar, para traballar ou para buscar traballo, xente que ten familia e amizades. Xente que traballa arreo todos os días para vivir e darlles un futuro mellor a quen nos rodea.
Algunhas destas persoas considerámonos máis progresistas, outras máis conservadoras. Unhas crentes, outras non. Unhas temos ideoloxías ben definidas, outras considerámonos apartidarias e outras apolíticas… Pero todas e todos estamos preocupados, indignados polo panorama político, económico e social que vemos arredor de nós. Pola corrupción da clase política, empresarial e da banca… pola indefensión da cidadanía de a pé.
Esta situación fainos dano día tras día. Pero se nos unimos, podemos mudala. É hora de pórse en movemento, hora de construírmos entre todos, entre todas, unha sociedade mellor. Por iso sostemos firmemente o seguinte:

  • As prioridades de toda sociedade avanzada deben ser a igualdade, o progreso, a solidariedade, o libre acceso á cultura, a sustentabilidade ecolóxica e o desenvolvemento, o benestar e a felicidade das persoas.
  • Existen uns dereitos básicos que deberían estar cubertos nestas sociedades: dereito á vivenda, ao traballo, á cultura, á saúde, á educación, á participación política, ao libre desenvolvemento persoal e ao consumo dos bens necesarios para unha vida saudable e feliz.
  • O actual funcionamento do noso sistema económico e gobernamental non atende a estas prioridades e constitúe un atranco para o progreso da humanidade.
  • A democracia parte do pobo (demos = pobo; cracia = goberno), de xeito que o goberno debe ser do pobo. Así e todo, a maior parte da clase política nin sequera nos escoita. As súas funcións deberían ser as de levar a nosa voz ás institucións, facilitando a participación política e cidadá mediante vías directas e procurando o maior beneficio para o groso da sociedade, non a de se enriqueceren e medraren a expensas de nós, atendendo unicamente aos ditados dos grandes poderes económicos e aferrándose ao poder mediante unha ditadura partitocrática encabezada polas inamovibles siglas do PPSOE.
  • A ansia e acumulación de poder nunhas poucas mans xera desigualdade, crispación e inxustiza, o cal conduce á violencia, que nós rexeitamos. O obsoleto e antinatural modelo económico vixente bloquea a maquinaria social nunha espiral que se consome a si mesma enriquecendo unha minoría e sumindo o resto na pobreza e escaseza. Até o colapso.
  • A vontade e fin do sistema é a acumulación de diñeiro, primándoa por riba da eficacia e o benestar da sociedade, estragando recursos, destruíndo o planeta, xerando desemprego e consumidores infelices.
  • Os cidadáns somos parte da engrenaxe dunha máquina destinada a enriquecer unha minoría que non sabe nin das nosas necesidades. Somos xente anónima, pero sen nós, nada disto existiría, pois nós movemos o mundo.
  • Se como sociedade aprendemos a non confiar o noso futuro a unha abstracta rendibilidade económica que nunca redunda en beneficio da maioría, poderemos eliminar os abusos e carencias que todos e todas nós sufrimos.
  • É necesaria unha revolución ética. Puxemos os cartos por riba do ser humano, mais temos que pólos ao noso servizo. Somos persoas, non produtos do mercado. Eu non son só quen compro, por que o compro e a quen llo compro.

Por todo o exposto, estamos indignados, estamos indignadas.
Cremos que podemos mudalo.
Cremos que podemos axudar.
Sabemos que, unidos, podemos.
Sae connosco. É o teu dereito.

PROPOSTAS

1. ELIMINACIÓN DOS PRIVILEXIOS DA CLASE POLÍTICA:

  • Control estricto do absentismo dos cargos electos nos seus respectivos postos. Sancióons específicas por dexación de funcións.
  • Supresión dos privilexios no pago de impostos, os anos de cotización e o monto das pensións. Equiparación do salario dos representantes electos ao salario medio español máis as dietas necesarias indispensables para o exercicio das súas funcións.
  • Eliminación da inmunidade asociada ao cargo. Imprescriptibilidade dos delitos de corrupción.
  • Publicación obrigatoria do patrimonio de todos os cargos públicos.
  • Reducción dos cargos de libre designación.

2. CONTRA O DESEMPREGO:

  • Reparto do traballo fomentando as reduccións de xornada e a conciliación laboral ata acabar co desemprego estructural (isto é, ata que o desemprego descenda por baixo do 5%).
  • Xubilación aos 65 e ningún aumento da idade de xubilación ata acabar co desemprego xuvenil.
  • Bonificacións para aquelas empresas con menos dun 10% de contratación temporal.
  • Seguridade no emprego: imposibilidade de despidos colectivos ou por causas obxectivas nas grandes empresas namentres haxa beneficios, fiscalización ás grandes empresas para asegurar que non cubren con traballadores temporales empregos que poderían ser fixos.
  • Restablecemento do subsidio de 426€ para todos os parados de longa duración.

3. DEREITO Á VIVENDA:

  • Expropiación polo Estado das vivendas construidas en stock que non se venderon para colocalas no mercado en réxime de aluguer protexido.
  • Axudas ao aluguer para xóvenes e todas aquelas persoas de baixos recursos.
  • Que se permita a dación en pago das vivendas para cancelar as hipotecas.

4. SERVIZOS PÚBLICOS DE CALIDADE:

  • Supresión de gastos inútiles nas Administracións Públicas e establecemento dun control independente de orzamentos e gastos.
  • Contratación de persoal sanitario ata acabar coas listas de espera.
  • Contratación de profesorado para garantir o ratio de alumnos por aula, os grupos de desdoble e os grupos de apoio.
  • Reducción do custe de matrícula en toda a educación universitaria, equiparando o prezo dos posgraos ao dos graos.
  • Financiación pública da investigación para garantir a súa independencia.
  • Transporte público barato, de calidade e ecolóxicamente sostible: restablecemento dos trenes que se están sustituindo polo AVE cos prezos orixinarios, abaratamiento dos abonos de transporte, restricción do tráfico rodado privado no centro das cidades, construcción de carriles bici.
  • Recursos sociais locales: aplicación efectiva da Lei de Dependencia, redes de coidadores locales municipais, servizos locales de mediación e tutelaxe.

5. CONTROL DAS ENTIDADES BANCARIAS:

  • Prohibición de calqueira tipo de rescate ou inxección de capital a entidades bancarias: aquelas entidades en dificultades deben quebrar o nacionalizarse para constituir unha banca pública baixo control social.
  • Elevación dos impostos á banca de maneira directamente proporcional ao gasto social ocasionado pola crise xerada pola súa mala xestión.
  • Devolución ás arcas públicas por parte dos bancos de todo o capital público aportado.
  • Prohibición de inversión de bancos españoles en paraísos fiscais.
  • Regulación de sancións aos movementos especulativos e á mala praxe bancaria.

6. FISCALIDADE:

  • Aumento do tipo impositivo ás grandes fortunas e entidades bancarias.
  • Eliminación das SICAV.
  • Recuperación do Imposto sobre o Patrimonio.
  • Control real e efectivo do fraude fiscal e da fuga de capitales a paraísos fiscales.
  • Promoción a nivel internacional da adopción dunha taxa ás transaccións internacionais (tasa Tobin).

7. LIBERDADES CIDADÁS E DEMOCRACIA PARTICIPATIVA:

  • Non ao control de internet. Abolición da Ley Sinde.
  • Protección da liberdade de información e do periodismo de investigación.
  • Referéndums obrigatorios e vencellantes para as cuestións de gran calado que modifican as condicións de vida dos cidadáns.
  • Referéndums obrigatorios para toda introducción de medidas dictadas desde a Unión Europea.
  • Modificación da Lei Electoral para garantir un sistema auténticamente representativo e proporcional que non discrimine a ningunha forza política nin vontade social, onde o voto en branco e o voto nulo tamén teñan a súa representación no lexislativo.
  • Independencia do Poder Xudicial: reforma da figura do Ministerio Fiscal para garantir a súa independencia, non ao nombramento de membros do Tribunal Constitucional e do Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do Poder Executivo.
  • Establecemento de mecanismos efectivos que garantan a democracia interna nos partidos políticos.

8. REDUCCIÓN DO GASTO MILITAR

CONVOCATORIAS


Vigo

Desde a Praza do Rei (fronte ao Concello) ata o Parque Quiñones de León (Castrelos)

18 horas.


ENLACES


http://democraciarealya.es/

http://www.democraciarealyavigo.blogspot.com/

6 Comentarios

  1. Michael Collins dijo

    11 de Maio del 2011 a las 21:21

    Home. Todo esta moy ben pero a realidade e que nestas eleccions municipais en Baiona vay a presentarse para alcalde una persoa cuya situación xuridica é a de procesado (e posiblemente gañe as eleccions e psoiblemente non axa suficientes probas para condenalo). Para que toda esta pamplina? non seremos nos os parvos de todo este circo?

  2. pedradoacordo dijo

    11 de Maio del 2011 a las 23:18

    Apostaría porque moitas das propostas dos “indignados” pasarán a ser a nova fronteira das propostas políticas no tempo que está a vir. Non empezará por España -somos demasiado tradicionalistas- pero habería que mirar aos Paises Baixos ou Francia. En calqueira caso convén non esquencer que, na estela da Indignación, tamén medran as propostas da extrema dereita e, entre elas, o rexeitamento do espacio Schengen, mírese Dinamarca.

    Poden ser momentos de replantexamento da política tal e como a concevimos perante todo o século XX, e de facer reformas e recortar privilexios rechamantes en tempos de crise. Pero si, por exemplo, Baiona apenas abandonou prácticas e mentalidades políticas do século XIX, en qué condicións podería afrontar cambios de esta magnitude?.

    Non sei si as crises e as situacións inestables fan máis ricos aos ricos, pero teño moi claro que empobrecen moito máis aos mais pobres porque non teñen ferramentas (culturais, económicas ou políticas) para controla-los procesos. Queda, eso sí, o dereito ao pataleo que, aos dezaoito anos é un exercicio moi recomendable.

  3. baionaconsciente dijo

    12 de Maio del 2011 a las 0:46

    Michael Collins, pós a venda antes da ferida? Si unha persoa está imputado e consideramos que non haberá suficientes probas para condealo e temos en conta a presunción de inocencia, cál é o pero?

    Nós non consideramos que unha imputación deba conlevar a inelección, xa que cabería o vicio de demandar en períodos preelectorais. Tampouco queremos un caso como o de Arzúa, que consideramos totalmente inxusto.

    Ademáis, ése non é o asunto que tratamos na anotación. A cuestión é: qué candidatos respaldan as propostas de Democracia Real?

  4. Roberto Valverde dijo

    12 de Maio del 2011 a las 6:44

    Que alquén me explique en cal destes punto o BNG non está dacordo. Coido que coma sempre neste pobo se prima o foráneo, debe ser pola costume do turismo.

    O própio.

    O BNG asume todos e cada un dos puntos que nese manifesto se expresan, pero non de agora, senon de sempre.

    E máis, coido que inda imos máis alá.

    Eliminiación de administracións paralelas, Deputacións.
    Non a privatización de servizos públicos.
    Protección da nosa terra fronte a especulación.
    Protección mediambiental.
    etc,etc, etc….

    Saquemos a venda dos ollos, de unha vez por todas.

    Se realmente queremos cambiar algo en Baiona e en Galiza só existe a día de hoxe unha opción.

    Vós mesmos.

  5. chizo dijo

    15 de Maio del 2011 a las 17:11

    http://www.farodevigo.es/comarcas/2011/05/15/almuina-ofrece-aval-experiencia-sensatez-gobernar-baiona/544868.html

    Que sarta de mentiras ay¡ se moitos dos cidadans aos cales fai represalias por falar saliran a decilo este señor que fai tantas promesas xunto con os del caerialle a cara de vergonza se a ten a que lle chama sensatez a represaliar a queles que se defenden con os seus dereitos este señor o non se da conta o esta ainda vivindo no tempo de franco e fala de sensatez.
    Persoalmente espero que non sexa alcalde, por que baixo o meu punto de vista governa de vergonza e deixo moi claro que non son de ningun partido politico son do partido da miña casa

  6. republica.com dijo

    17 de Maio del 2011 a las 12:47

    El diario Republica.com aplaude vuestra iniciativa de “democracia real ya” y quiere ofreceros para vuestra reflexión y debate si lo consideráis oportuno nuestra propuesta de 10 puntos para la reforma democrática, que están en nuestra edición de hoy y forman parte de nuestra línea editorial:

    http://www.republica.com/2011/05/16/republica-com-propone-10-puntos-para-la-reforma-democratica/

Comentarios RSS