15.05.2011 – O primeiro paso xa está dado

Cando os libros de historia falen de cómo mudou o noso sistema político dirá que comezou hoxe. En Vigo, como en moitas cidades en toda España e Portugal, miles de persoas sairon ás rúas para reclamar que cese a actual situación de impunidade na clase económica e política.

As seguintes imaxes demostran o éxito da convocatoria, entorno a tres mil persoas, aproximadamente. Moitos máis asistentes que nos mítines políticos dos partidos tradicionais:

En Madrid, sin retransmisión de Telemadrid porque non andaba o Opus polo medio, a manifestación foi masiva e digna de mención por parte dos creadores do Manifestómetro.


O seguimento nos medios clásicos en internet foi o seguinte:

Público

El País

El Mundo

Faro de Vigo

La Voz de Galicia

Curiosamente, só La Voz de Galicia non tiña a nova en portada. O comportamento xeral nos medios televisivos foi de falta total de cobertura.

A colación disto, a nosa suxerencia é que no manifesto se engada un parágrafo no que se solicite tamén a eliminación de axudas a medios de comunicación privadas e inserir só publicidade institucional en medios públicos.

Con todo isto, o noso voto para o vindeiro Domingo será o seguinte:

21 Comentarios

  1. Roberto Valverde dijo

    16 de Maio del 2011 a las 8:34

    É respetable, máis non comparto o sentimento do voto nulo, e menos en este momento, onde se decide o futuro do noso Concello.

    De todos xeitos prefeiro, que se vote ainda que sexa nulo antes que non facelo. Ainda que me poida parecer unha oportunidade perdida, da que algún o 23 seguramente se arrepentirá.

    É moi facil criticar dende o anonimato.

    Pero non é tan facil dar a cara e tentar mudar realmente as cousas. Iso facémolo poucos.

    Por iso eu dende aquí pido que 0 22 de Maio todos/as acudan a votar, e que decidan realmente sobre o futuro de Baiona.

  2. chizo dijo

    16 de Maio del 2011 a las 11:00

    que en galicia no se publique no es de extranañar puesto que en galicia toda via al dia de hoy hay aires de franquismo si no vean que no hace mucho tiempo se han puesto medallas a los ex alcaldes y sin ir muy lejos a sido el alcalde de esta villa señor valverde con todos mis respetos yo estoy dispuesto a dar la cara cuando usted quiera

  3. baionaconsciente dijo

    16 de Maio del 2011 a las 11:16

    Roberto, a mellor crítica desde o anonimato é o voto. Tempo tiveron os partidos políticos para demostrar que se merecían o voto. Todos perderon a súa oportunidade e agora xa é tarde para laiarse e tentar asustar á xente con consignas de “momentos importantes” ou “que vén a …”.

    Os partidos políticos pecháronse á sociedade e a sociedade pechóuse aos partidos políticos. A rachadura xa non ten solución coas actuais regras de xogo. Como en Islandia, cómpre unha limpeza total. As siglas de agora non valen e os que agora están deben deixar paso a xente anónima ata o de agora que non se atreveu a meterse nunha actividade contaminada.

  4. pentamaster dijo

    17 de Maio del 2011 a las 12:13

    O movemento No Les Votes, que forma parte de Democracia Real Ya xurdiu en oposición á Lei Sinde. Piden que non se vote a PP, PSOE e CIU, como instigadores e cómplices da mesma.

    O BNG opúxose a esa Lei, xa que logo, votar BNG non é contradictorio con ese movemento.

    Como ben dixo Roberto, o BNG demostra que as demandas de DRY contan co seu apoio. NON TODOS SON IGUAIS e, como dí o PP, falan os feitos.

  5. Roberto Valverde dijo

    18 de Maio del 2011 a las 9:51

    BC, toda a cidadanía Baionesa que queira ten oco dentro do BNG de Baiona. Sempre o tivo.

    A nosa candidatura é fiel reflexo disto.

    Xentes anónimas de todo o concello, que apostan por cambiar a cousas, xentes capacitadas, xentes comprometidas que saen do anonimato e dan a cara.

    Xentes que non queren tirar pola borda a oportunidade que se lles presenta o vindeiro 22 de Maio.

    Agora ben, quen máis está disposto?

  6. AIXIÑA dijo

    18 de Maio del 2011 a las 19:11

    Escoitei na radio que Democracia Real Ya xurdiu de grupos extremistas,e incluso estan comentando que a dereita esta metida nese fregado.

    Non seamos extremistas,

    O proximo dia 22 votaremos por 17 persoas que todos conocemos de que pe coxean.

    SI OS DE DEREITAS SALEN TODOS A VOTAR OS DE IZQUIERDAS TAMEN TEMOS QUE FACELO.

    Por certo,
    Sera verdade que o PSOE de nigran esta repartindo condons caducados ?

    EU ALUCINO

  7. pedradoacordo dijo

    18 de Maio del 2011 a las 23:14

    A resposta arredor de “Democracia Real Xa” pareceume gratamente sorprendente. Pola cantidade de apoio conquerido, pero sobor de todo porque por primeira vez en moito tempo escóitanse propostas con potencialidade de cambiar algunhas cousas e de afrontar outras que merecen ser combatidas. Facer madurar moitas das ideas plantexadas e extendelas ás persoas informadas e comprometidas coas mesmas, vai ser un exercicio de renovación de contidos e protagonistas políticos que haberá que seguir con curiosidade e pode tamén que con atención. Moito ánimo.

  8. baionaconsciente dijo

    19 de Maio del 2011 a las 1:20

    Amplamente temos comentado neste blog que a cidadanía está farta. Agora xa é tarde para dar un paso atrás. Tempo dabondo houbo para mudar as cousas.

    Agora, moitos teñen medo de perder os seus privilexios. Curiosamente, os máis temerosos están nos medios de comunicación. Focalizóuse moito nos sindicatos, poderes económicos e políticos, pero falta a pata dos medios masivos, que queren asegurarse que os cambios que se produzan sigan garantindo a súa viabilidade con fondos públicos.

    Nin caso lles faremos a aqueles que queren enmerdar o movemento pondo en marcha o ventilador, insinuando vinculacións con grupos armados, empregando a etiqueta de antisistema como algo despectivo. O feito é que moitas persoas se consideran excluidas do sistema e non por decisión propia.

    A Xunta Electoral Central de Madrid cometeu o grave erro de tentar coartar a liberdade de libre manifestación. Reímonos dos que abren a boca para falar de Democracia.

    Democracia non é que miles de votos se queden sin representación por unha Lei Electoral que potencia o bipartidismo. Democracia non é que non podamos elexir ao noso Xefe de Estado. A Democracia non pode ser cada catro anos (cita moi empregado polo benquerido Chicho). Acabouse a paciencia e si os partidos tradicionais non aceptan as reformas demandadas, non lles vai quedar outra que marcharse para a casa.

  9. chizo dijo

    19 de Maio del 2011 a las 11:54

    SIEMPRE SIN OFENDER A NADIE DOY MI PINION PUES YA ES HORA DE QUE TODO ESTO QUE ESTA OLIENDO MAL DESDE HACE MUCHOS AÑOS QUE CANBIE Y DESDE ESTE BLOK APROVECHO PARA EXPRESARLE MI GRATITUD A TODAS ESTOS CIUDADANOS Y ME SUMO. PUES YA QUE LOS PARTIDOS POLITICOS NO ESTAN HACIENDO NADA POR LOS CIUDADANOS Y SE ESTAN GANANDO SUELDOS MILLONARIOS MIENTRAS OTROS SE MUEREN DE ASCO CUANDO UN CIUDADANO DELINQUE EN ALGO VA ALA CARCEL CUANTOS POLITICOS Y PECES GRANDES PISAN LA CARCEL. Y SI LA PISAN TIENEN PREVILEGIOS ,O NO,,BASTA YA ,, Democracia Real Xa ,,FUERZA Y ANIMO

  10. pentamaster dijo

    19 de Maio del 2011 a las 23:23

    Acabo de ver que estades adheridos ao Movemento 15M na web de Democracia Real Ya. Ides liderar algunha acción no Val Miñor. Sabedes de xente de Baiona que estea participando?

  11. Iluso dijo

    20 de Maio del 2011 a las 20:16

    Son de Baiona , era votante de esquerdas e un integrante máis da sociedade civil que tamén está indignado, quixera compartir convosco algunhas reflexións:

    Vexo que a candidatura do PSdeG está formada maioritariamente por xente nova. Se supón que teñen que encarnar a forza, a innovación, a ilusión, as ganas de loitar (coma a maioria dos integrantes do movimento 15-M). Pois ben, atopámonos que nos seus escritos falan con auténtica melancolía do pasado de Baiona, da Baiona que viviron os seus avós. Isto preocupamente fondamente. Non sei si realmente descoñecen a realidade do noso pasado, o cal, tendo en conta que se presentan para dirixir o futuro da nosa vila, é grave. Ou non valoran e descoñecen os logros que en materia de dereitos cidadáns o partido o cal representan acadou. Isto paréceme aínda máis grave. Só vou por algúns exemplos da Baiona ideal que din añorar. Daquela, o turismo, actividade importante no desenvolvemento da vila, entendíase como escravitude e sometimento ante os “señoritos”. Non existía unha educación de calidade ó alcance de todas as familias. So uns poucos, xeralmente os adiñerados, estudaban. A sanidade non estaba universalizada como agora, e todas as familias tiñan aforros “por si ven unha enfermidade”. A muller estaba sometida a voluntade do seu marido e relegada os traballos da casa e o cuidado dos fillos. Non había seguro de desemprego, nin regulacións horarias ou salariais dos traballadores, etc.. Despois de tantos anos de loita do Partido Socialista desenvolvendo as políticas sociais, os dereitos e liberdades dos que gozamos na actualiadade, que xente nova veña a ter “morriña” dos tempos pasados, paréceme como pouco desilusionante.

    A cabeza de lista presume, como calquera boa baionesa, de ser de Baiona e de querer a Baiona e os baioneses. Tamén comparte esa morriña polo pasado da nosa vila. Pero neste caso ó mellor está maís xustificada. Exprícome, eu tamén son de Baiona e tocoume vivir, por idade, a realidade que ela añora. A do “quen se vene” , barqueiro de Baiona que traballaba nas condicións antes descritas. Achegaba os veraneantes a praia Barbeira. Estes podían disfrutar das famosas casetas, das que fala, na praia da Ribeira. Nos, os que de aquela éramos cativos, como tales o pasabamos ben , pero na praia Ribeira que era a praia da xente da vila. Si queriamos ir a praia Barbeira (a dos señoritos) tiñamos que pasar polas rocas, tarefa sinxela se estaba a marea baixa, pero tremendamente complicada cando a marea estaba alta. Sobra dicir que isto era imposible para a pouca xente maior que daquela tiña tempo para ir a praia. Namentras a “xente ben” estaba no clube náutico, “o clu” como eles dicían. Disfrutaban dun paso único e restrinxido, e observaban coma a cousa mais normal e natural do mundo que estas cousas pasaran. Por certo, a Isabel Domínguez no na mirei nunca na praia Ribeira e si no “clu”. Presumía ademáis diso. Pero tampouco a mirei nunca xogando na rúa e nas prazas coma o resto dos nenos de Baiona, nin participar en ningunha festa popular, nin formar pandilla co xente da vila, nin estar polos bares onde estabamos a xuventude do momento, nin…, nin… Mantiña unha distancia, buscada conscientemente, con respecto “o pobo raso”. Todavía había clases, e moi marcadas. Ela sempre por encima, cos poderosos. A xente nova que va nesta candidatura tamén pode preguntar ós seus maiores por esta realidade.

    Non quero que se me malinterprete. O turismo foi unha fonte de ingresos importante no desenvolvemento da vila, e como tal o valoro. Pero tamén exerceu coma elemento de sometimento nun determinado tempo. Tamén son respetuoso, aínda que as veces non o comparta, co estilo de vida que cada un queira disfrutar. Quero dicir con isto que si Isabel Domínguez no seu momento decidiu levar un tipo de vida e poido facelo, adiante. O que non me parece é, que desde un partido de esquerdas, nos fale duns dereitos polos que moitos loitamos e dos que ela non so non participou senon que, por acción ou omisión, tratou de pisotear. Ó escoitala falar con tanto amor hacia os baionese cábeme sempre a dúbida de “si me necesita porque me quere” ou “me quere porque me necesita”. Por certo a sua traxectoria política sempre estivo ligada a cargos e nunca estivo coma simple traballadora de base. Inquiétame tremendamente este presunto compromiso cos débiles exercido sempre dende o poder. Realmente debo ser “un iluso por ter unha ilusión” e é, que algún día, dende a esquerda, nos goberne un baionés dos que estaban na praia Ribeira. Xa é hora de rachar co ese complexo de inferioridade que, por desgracia nos caracterizou durante anos, e que nos tivo sometidos o “poder dos de sempre”. Esta é a xuventude que desexaría estivera no goberno local. Rematarei dicindo que realmente isto non é desilusionante é indignante e ós que queremos votar a esquerda estádesnolo a por moi difícil.

  12. san dijo

    20 de Maio del 2011 a las 22:35

    Aplaudo o comentario de Iluso. Quero engadir que os que estaban na praia Ribeira forman a candidatura do BNG

  13. pentamaster dijo

    21 de Maio del 2011 a las 2:02

    Lamentablemente o Movemento 15M consolidará máis as expectativas do PP, pero si sirve para pór as pilas aos que presumen de ser progresistas, ben invertido estará o esforzo (ao fin e ao cabo a maioría xa a tiña o PP).

  14. pentamaster dijo

    21 de Maio del 2011 a las 3:13

  15. chizo dijo

    21 de Maio del 2011 a las 19:00

    iluso totalmente da cordo con vostede pero tamen quero acordarlle que antes eran os señoritos e agora non e distinto chamanse turistas e para min e igual no veran poñen as calles bonitas limpan as calles poñen flores hay festas mentres que pasa no inverno os nosos fillos tanto de pouca idade como adolescentes non teñen donde ir os tempos canbieron pero os señoritos con outros nome siguen os que governan seguen facendo como lle da a gana amigo iluso vexo que pasou o tempo pero en baiona empezan aver necesidades como antes e nadie lle preocupa con tempo distinto pero con case con os mesmos problemas empezan a emigrar como antes mentres os baioneses /as todos os anos a non poder dormir por que VEÑEN OS SEÑORITOS —TURISTAS ,

  16. AIXIÑA dijo

    21 de Maio del 2011 a las 20:50

    Os señoritos veraneantes foron os que axudaron a non morrer de fame a muitos Baioneses.

    En Baiona as nosas familias vivian gracias a o esforzo dos nos pais traballando muy duro no mar e as nosas nais traballando na nosa casa e tamen na casa dos señoritos,nos os fillos con 14 anos xa traballamamos.

    Daquela,o turismo,entendíase da misma maneira que oxe como un negocio.

    A escravitude e sometimento non era dos señoritos veraneantes,era dos señoritos Baioneses.

    Armadores explotadores,restaurantes que pagaban o peixe a duas perras a os mariñeiros mentras eles facianse amos do pueblo,negociantes,extraperlistas,
    medicos do seguro que nos timaban,curas,

    Non eran veraneantes eran de Baiona

    SEMPRE SON OS MISMOS.

  17. pedradoacordo dijo

    21 de Maio del 2011 a las 21:09

    A DRY ven de desmontar en boa medida a campaña electoral e mesmo a trascendencia da cita electoral. A indignación acabará por invadir as propostas futuras dos partidos e a representación da democracia formal empezará un novo ciclo a partires do luns. Penso que o PP é máis alleo á tabla de reivindicacións do 15M, mais a esquerda vai pagar unha importante peaxe na cita de mañán.

    En Baiona rematou a carreira sin que en ningún momento se rachara unha certa atonía. Cecais porque o PP, e todos os demáis, daban por sentada a maioría absoluta antes de empezar a carreira. Almuíña centróuse no traballo miudo dende a alcaldía, o porta a porta vespertino e o compacto da lista presentada. Non se esforzou por explicar a xestión realizada nin esbozou as liñas cara ó futuro. Non estivo presionado e ten moi peinado o concello.

    O PSOE fixo a campaña mais visible, pero a composición da lista -sorprendente en algúns nomes dos primeiros postos e un exceso de bisoñez- lastrou as propostas electorais, nalgúns casos interesantes e dignas de desenvolvemento. Faltoulle, á candidata, altura de miras para pechar a división socialista e , na liña que marca Iluso, compromiso sinceiro con Baiona. O BNG … o BNG é unha pena. Incapaz de renovar persoas e contidos, confórmase con xogar un papel marxinal nas preferencias dos veciños para despois traballar catro anos con laboriosidade de formigas. Un esforzo digno de mellor causa.

    E por último, Amorin. Única nube no escenario ideal soñado polo PP, o veterán exconcelleiro do PP, tenta gañar unha concellalía cos votos de Baredo. O PP traballou alí arreo para contrarrestar esta hipotética ameaza. Nin UPyD ten discurso para unhas municipais nin o mesmo Amorín é quén de ir máis alá do discurso dun concelleiro popular de obras.

    A vintecatro horas de que Baiona inicie outra andaina política, ésta é a miña quiniela: PP-10; PSOE-5 e BNG-2.

    Sigo máis interesado na evolución do movemento indignado porque hai moitos motivos para o cabreo e a movilización. En realidade, nada do argumentario do 15M (salvo a tímida proposta socialista do presuposto participativo)estivo na campaña baionesa.

  18. pedradoacordo dijo

    21 de Maio del 2011 a las 21:15

    Vexo un fío de relación entre a visión de Iluso e o último comentario de Aixiña. Por qué estas cousas non afloran no debate político baionés?. A min paréceme moi interesante e creo que toca un nervio profundo e moi vivo na sociedade baionesa.

  19. Iluso dijo

    21 de Maio del 2011 a las 23:01

    Aixiña, dacordo, contigo. A asociación de “señorito veraneante” fala ti, non eu. Eu non falo en contra do turismo, senón que, coma actividade , recoñézolle a súa importancia no desenvolvemento da vila. Falo de “señoritos”, “dos de sempre”, etc, que se poden asociar ou non cos veraneantes´, depende do caso. O exemplo que poño non é precisamente dunha veraneante.

  20. chizo dijo

    21 de Maio del 2011 a las 23:45

    Aixiña non estou dacordo contigo posto que si en Baiona non se morreu de fame non foi grazas ao turismo posto que fai 60 e 70 anos en Baiona que turismo habia eran os que en Baiona vivia dos mariñeiros e os que se iban fora e deixaban as mulleres e os fillos por casi un ano sen verse e queroche facer recordar que por desgraza en esta vila hay moitas familias que perderon afogados a seres queridos que eran mariñeiros e cantas mulleres ataban redes e cantas vendian peixe e non sei se ti tes idade para recordar que tamen abia una fabrica que se chamaba, se mal non recordo, a fabrica de puga por tanto que o turismo xenera cartos si pero antes non abia e Baiona saiu adiante e sobre todo coa xente de Baiona tamen si e certo que os explotadores estan en Baiona pero non todos son de baiona

  21. AIXIÑA dijo

    22 de Maio del 2011 a las 19:16

    Non todos os de Baiona foron mundo adiante a ganar para comer.
    Muitos homes,mulleres e rapaces traballaron sin salir de Baiona.
    Nosos pais na pesca de baixura..horas e horas de mar.
    Nosas nais na venta do peixe,no marisqueo,na orta,na fabrica de puga,na fabrica de jaseosas,en criar o porco,en traballar na casa,en cuidar aos seus pais,en criarnos a nos.
    Todos empezaron a traballar desde muy nenos e nos tamen.

    Viñan casi sempre os mismos veraneantes a Baiona e tiñan a sua propia casa o alquilabam as nosas.

    Muitos de nos faciamos JERRAS DE PEDRADAS contra os veraneantes mentras nosas mulleres limpaban as suas casas e os nosos pais tomaban un cuartillo.

    Mais tarde terminamos tomando cuartillos todos xuntos no Refuxo de Anton,que daquela era outro cantar.

    Mentras,os curas,os armadores,os medicos,os banqueiros,os maestros e os señores empresarios fixeron fortunas e foron sempre o que mandaron.

    Sera que son mais listos ?

Comentarios RSS