Xa está

A cousa era tan evidente que as quinielas deron pouco rédito. O PP volveu á senda da maioría absoluta e o PSOE acusou notablemente as súas taras, que son moitas. O BNG mantense (non é novedade), pero por unha vez rendabilizou algo o seu traballo de catro anos. UPyD sacou moitos máis votos do que cabía agardar. Analicemos polo miudo o novo panorama municipal.

Partido Popular

Tería sido toda unha sorpresa que non acadasen a maioría absoluta. Sin “independentes” que lle restasen tiñan o camiño aberto para voltar á normalidade. Baiona é e será moi conservador no seu voto, pero non no senso ideolóxico sinón no de atreverse a cambiar. Xa comentamos anteriormente que tamén se atoparon con que non se definiu unha alternativa con verdadeira capacidade para presentarse como tal. Suben oito puntos, cáseque os mesmo que tiña Manolo Vilar co seu partido satélite. O PP baionés é unha unidade sin fisuras, a única ovella negra voltou ao seu redil cando xa está a piques de acadar a súa idade de xubilación. O mellor dos populares é que son máis propicios ao útil perdón que á rencilla inútil. Non podemos esquecer que o cabeza de lista é unha persoa moi recoñecida no noso concello, cunha familia moi respetada. Iso semella bo, sobre todo pola norma non escrita de que nos gustaban os alcaldes que non eran de Baiona.

Partidos dos socialistas

Pode non ser bo momento para ironías, pero o título o é. O PSOE só acadou votos cando se adicou á política que lle gusta á xente, ñe decir, convidar a viños e colocar aos fillos. Ser fiel ás ideas leva a situarse máis preto do BNG que do PP. Eles xuzgarán que é o que prefiren. Xusto o que fortalece ao PP debilita ao PSOE. As diferencias internas poden e deben existir, pero que trascendan ao exterior é mortal de necesidade. Reclamamos no pasado que o desprezo aos baioneses logo das municipais do 2007 debería ter un custe nas urnas. E así foi. Descenden setecentos votos e dez puntos. Casualmente esta cifra sitúase moi preto da obtida entre UPyD e BNG. Sería lóxico pensar que o partido de Rosa Díez poidese roubar os votos ao PSOE. De seguro que moitos dirixentes se teñen arrepentido de tela convidade a un acto electoral non hai moitos anos. Debería preocuparlles que un discurso xenófobo e dirixido ás masas radicais da capital poda ter éxito en Baiona. Claro que de todos é sabido que existe un importante sector que sigue ninguneando ao BNG, sobre todo cando lles pasan pola esquerda. Si ese trasvase se produciu, realmente soltaron un lastre que lles debe axudar a refundarse como un verdadeiro partido da esquerda. Salváronse de que EU non presentase candidatura, porque entonces a sangría podería ter sido moito maior.

Bloque Nacionalista Galego

Sin cambiar nada cambiou todo. A táctica da formiguiña comeza a dar resultados nos nacionalistas. Unha lista sin grandes novidades e repleta de vellas caras acadou unha cifra histórica para unhas municipais. Logo do 22M siguen co seu traballo e son os primeiros en colgar os seus resultados no seu blog. Quedáronse a moi poucos votos do seu resultado nas Autonómicas, os comicios referencia. Semella que son os máis beneficiados da eliminación de partidos independentes, pero o análise numérico volta a sembrar esa dúbida de que o socialista cabreado vota ao BNG para non beneficiar ao PP quedándose na casa. Ainda teñen que traballar para poder considerarse como o cómplice do PSOE para roubar unha praza moi difícil. O peor é que moitos anos de traballo dan un pouco de resultado, pero un pequeno bache provoca unha debacle. Non se resentiron da xestión na Xunta, pero, alguén se acorda xa do bipartito?

Unión, Progreso y Democracia

É curioso, sucédelle algo similar que ao PSOE. Ten moitos conceptos nas súas siglas que non levan á práctica. A nivel estatal é un partido dividido que ten a sorte de contar co apoio dos medios como a anécdota simpática. Por iso non trascenderon as súas divisións internas e múltiples baixas que acusaron á dirección do partido de prácticas mafiosas para silenciar ao discrepante. De progresistas pouco teñen, máis ben gustan do discurso da caverna e do odio.De Antonio Amorín pouco se pode decir. O PP de seguro que non pode presumir de moitos ex-concelleiros que nos seus tempos mozos fose un extremista sindicalista de esquerda e pronacionalista. Pero é que a practicidade (ou a hipocresía) fai estes extraños compañeiros de cama.

Os votos que non votan

Os nulos e brancos incrementáronse en cento dous cunha menor participación. Incrementaron un punto e medio. Que máis de trescentas persoas non definisen a súa opción ou manifestasen a súa disconformidade coas opcións presentadas é significativo. Claro que hai que separa o polvo da palla. Dos votos nulos sería moi interesante saber en qué grao se produciron verdadeiros votos nulos (votos errados)  e cántos mostraban diconformidade coas listas ou co sistema actual (como o voto consciente presentado neste blog). Por iso é fundamental promover o voto en branco. Ahí se manifesta a verdadeira disconformidade da cidadanía.

Abstención

Cáseque tres mil baioneses nin tan siquera se molestaron en achegarse ao seu colexio electoral para manifestarse a súa vontade. É o xeito máis irresponsable de actuar, porque o dereito a votar tamén é unha obriga, anula o dereito a queixa e faino corresponsable dos erros que cometan os dirixentes.  O sentir máis extendido é que o abstencionista o é máis o menos por igual de todos os partidos, polo que a súa participación non condicionaría excesivamente o resultado final, moito máis cuns resultados tan claros como os producidos.

Non podemos deixar de falar brevemente do Movemento 15M. Seguímolo desde a barreira para ver si no noso concello podería ter algunha incidencia. Semella que non. Tamén é certo que os cambios demandados superan o ámbito municipal. Pero hai unha demanda non moi extendida, pero que neste blog se comentou máis dunha vez, que é o da unificación de Concellos.

Unificación de concellos

Si o Val Miñor fose un só concello, o alcalde sería popular e a oposición a conformarían PSOE e BNG cunha relación de forzas bastante igualada (seis a catro), ainda que os socialistas seguirían sendo xefatura da oposición. Os partidos minoritarios desaparecerían, pero iso xa son cábalas porque non se sabe qué repercusión terían uns noutras zonas. O que sí nos aforraríamos serían trinta concelleiros na corporación e polo menos dezaseis concelleiros do goberno. Dos cincuenta e un actuais a vinte e un e dos habituais nove por concello a once. Non podemos deixar de sinalar que Nigrán atópase apenas a dous mil habitantes de superar os vinte mil habitantes, o que faría que un só concello tivese xa eses vinte un concelleiros que a unificación precisaría.

Como conclusión, a Consciencia Baionesa semella seguir adormecida. Tócanos traballar catro anos máis, agardemos que non sexan tan infructuosos coma éstes, no que as estructuras dos partidos no modificaron un ápice o seu discurso para espertar ao calado.

38 Comentarios

  1. AIXIÑA dijo

    23 de Maio del 2011 a las 18:38

  2. choiva dijo

    23 de Maio del 2011 a las 21:11

    Vergoña de pobo. Méxannos por arriba e dicimos que chove. Baiona ten e terá o que se merece. E os que non votamos PP temos que continuar mirando como se acaba cun pobo tan fermoso. Tristeza

  3. chizo dijo

    23 de Maio del 2011 a las 21:54

    choiva canta razon tes pero tes que ver que hay moitas citas medicas que se adiantan cando chaman ao señor almuiña a pregunta que lle fai o alcalde e para e con relacion a medicina o otras problemas asi nos vai baiona da noxo

  4. JB dijo

    24 de Maio del 2011 a las 7:10

    Cando un partido consegue unha maioría absoluta tan aplastante coma a do noso pobo, non nos queda outra cousa que resignarnos, dar a noraboa ó partido gañador e comezar a traballar para que nas seguintes eleccións a cousa vaia mellor, ou polo menos un pouco máis repartida. E por certo, en tódolos partidos hay chanchullos…non só no PP; no PSOE, e incluso no BNG tamén os hai…seino de primeira man. E xa veremos o que pasa con UPyD, porque de momento coma non gobernaron nunca, inda non sabemos se son tan chanchulleiros coma os outros ou non…o tempo falará

  5. chizo dijo

    24 de Maio del 2011 a las 8:04

    jb non se trata xa quen gañe o perda posto que eu non son de ningun partido pero o que si me ,,j..e que continuen estes señores que non estan a facer nada pola xente de baiona e digo mais sobre todo con veciños que o estan a pasr mal eu coñezo situacions de necesidade e estes señores a quen axudan non xa se save non

  6. xose enrique dijo

    24 de Maio del 2011 a las 13:22

    JB si coñeces algun chanchullo no BNG deves contalo públicamente e si non CALATE e non difames ou ten a valentia de identificarte.A dia de hoxe NOS O BNG DE BAIONA NON SOMOS IGUAIS QUE OS DEMAIS,claro que si difamas algo queda, e difamar faino calquera.

  7. Joseph dijo

    24 de Maio del 2011 a las 16:38

    Esperaba que o PP tivera a maioría absoluta. Non esperaba que UPyD tivera representación. Como galego síntome defraudado cos 557 votos de baioneses/as. Como se lle pode votar a ese enxendro? É unha vergoña que sexa Baiona o único concello con representación de Rosa Díez. Despois disto é mellor que no primeiro pleno municipal se pida á anexión á Comunidade Autónoma de Madrid.

    Xa de paso quero felicitar ao BNG de Baiona polo seu digno resultado. Adiante!!

  8. chizo dijo

    24 de Maio del 2011 a las 20:11

    eu coñezo os que fan parte do bng e teran moitos defectos pero o que si sei seguro que son de moita legalidade e transparencia forza bng

  9. AIXIÑA dijo

    24 de Maio del 2011 a las 21:55

    Comentario de Isabel en anotacion anterior:
    Trataremos de conquerir un goberno estable para Baiona tanto dende o goberno como dende a oposición.
    Os baioneses terán que decidir quen debe gobernalos, se a dereita o a esquerda. Non haberá mais opcións.

    O feito feito esta,e quedeu ben clariño

    Temos 4 anos para volver a intentalo.

    A TRABALLAR ¡¡

  10. Roberto Valverde dijo

    24 de Maio del 2011 a las 22:03

    Analise dos resultados do BNG:

    Sin lugar a dudas, moi positivos, xa que é a primeira vez en 12 anos que se conseguen rebasar os xa historicos 700 votos en unhas municipais. Lóxicamente o desexable sería que esa subida estivese recompensada con un terceiro concelleiro, pero a concentración do voto, o fixo algo máis complicado.

    Un traballo constante, con vento en contra, (recordemos que o BNG está en caida libre a nivel xeral), a coherencia e o bo facer consiguen que non se perdan apoios senon que se aumenten.

    Un dato a ter en conta o BNG subiu en todas as mesas agás en Sabaris a pesares de levar os tres primeiros veciños de este parroquia. Este é un dato importátisimo para facernos reflexionar, de feito si en Sabaris o porcentaxe de subida de votos a nivel xeral fose similar o terceiro concelleiro sería unha realidade.

    Logo, non concordo con que a lista non estaba renovada, recordemos que en todas as candidaturas o BNG renova cáseque o 60% da mesma, o que non facemos é cambiar a todos.

    Agora toca respetar os resultados e seguir traballando, con constancia e coherencia.

    En definitiva un resultado positivo, ainda que non recompensado.

  11. pentamaster dijo

    24 de Maio del 2011 a las 23:53

    A mín dame que a única alternativa ao PP está dentro do BNG os piares están postos, agora toca dar un paso máis e abrirse á sociedade baionesa. Falo de traballo de partido máis que de traballo municipal. Pero iso xa o dixen hai catro anos e si non se actuou daquela agora tampouco vai a pasar.

  12. JB dijo

    25 de Maio del 2011 a las 7:32

    Estimado Xosé Enrique:

    espero que non te sentiras ofendido polas miñas palabras. Obviamente coas siglas dos partidos non me estaba referindo a ningunha corporación política de Baiona. Estábame a referir os partidos políticos a nivel estatal ou a nivel comunitario.
    Xa sei que vai parecer demagoxia, pero o segredo profesional impídeme falar máis deste asunto. Así que retiro as miñas palabras e pido disculpas a todo aquel que se sentira ofendido. Non era a miña intención.

    Gustaríame decir tamén que o tempo que o BNG estivo no concello de Baiona, xunto co PSOE, foi un dos mellores momentos para Baiona. E de verdade que espero que as seguintes eleccións vaian moito mellor, ou polo menos que non haxa maioría absoluta, que iso nunca é bo para un pobo.

    Saúdos

  13. Yasmina dijo

    25 de Maio del 2011 a las 9:54

    O meu máis sentido pésame ó BNG, eu sigo de luto polo sucedido o día 22. Séguide traballando e non perdadela esperanza. Non teño palabras educadas para definir a maioría absoluta, asi que, prefiro calar. Ánimo e forza!!!!!

  14. pentamaster dijo

    25 de Maio del 2011 a las 17:38

    Namentres os prexuizos nos impidan ver porqué tanta xente apoia ao PP non poderemos constituir unha alternativa.

  15. pentamaster dijo

    25 de Maio del 2011 a las 17:40

    Perdoade a reiteración de mensaxes, pero se me quedou algo no tinteiro:

    É unha vergonza que o único concelleiro de UPyD en Galiza estea en Baiona. Lamentable.

    O que me reconcome é saber ónde estaba ese tipo hai catro anos por estas datas (uns días menos, pero en fin).

  16. Alejandro Martínez dijo

    25 de Maio del 2011 a las 20:28

    Igual hai un máis en Nigrán:

    De concretarse o concelleiro no concello veciño, a vergoña sería maior.

    FÓRA RACISTAS DE GALICIA!

  17. Alejandro Martínez dijo

    25 de Maio del 2011 a las 20:29

  18. Alalá dijo

    25 de Maio del 2011 a las 23:58

    Xa remataron os días de campaña, reflexión e xa temos o resultado final, que aínda que para algúns esperado, non deixa de merecer algún comentario.

    Que se saiba, aquí ninguén colle a porta e marcha ou pon o seu cargo enriba da mesa, como está ocurrindo en outros concellos. Será que non é suficiente motivo que non se acadaran resultados que evitaran que o PP volvera a ter resultados históricos que nos trasladan o século pasado, concretamente a 1995?

    O PP:
    Con este resultado, demostra que ten a confianza do pobo de Baiona, que sabe o que lle gusta ós veciños, non moito ruído, pero si traballo de diario. Fixo as obras financiadas co Plan E e coa Xunta do bipartito e centrouse no saneamento económico do Concello, co cal pagaron a moitos empresarios da zona, que por fin cobraron. Levavan unha lista continuista, porque cando as cousas funcionan, para que cambialas? e renovaron puntualmente a lista con persoas xa implicadas e coñecidas, tanto dentro como fora do PP. O carácter conservador da sua política, deulle unha holgada victoria.

    PSOE:
    Centrados durante 4 anos en loitas internas, que polo que se ve a candidata non soubo ou non quixo zanxar para convertirse nunha líder con forza. Presentaron unha lista renovada, pero pouco coñecida e sin peso nas estructuras asociativas de Baiona.

    Non foron quen de explicar as inversións que se fixeron dende a Xunta, sobre todo dende a Consellería de Medio Ambiente (depuradora, ampliación do encoro, obras no rio en Sabarís, etc.)que hasta o Alcalde recoñece como históricas, nin as inversións tan importantes realizadas co chamado Plan Zapatero (Plan E).

    Perdendo 700 votos e non mantendo o resultado anterior entregan a Almuiña unha maioría absoluta e sobrada que fará que a presenza do PSOE sexa moi complicada.

    BNG:
    Empeñados durante 4 anos en exercer de oposición dura o goberno, non se ve reflexado nas urnas tanto esforzo.

    Non foron capaces de renovar as caras da sua candidatura pero recoñezo que me gustou a sua campaña con propostas moi realistas, demostrando que teñen o pobo mais que pateado. Aínda así non foron quenes de recoller mais que 200 votos dos que deixou atras o PSOE e terá que pensar nun cambio de lideratos e estratexias si quere ten mellores resultados no futuro.

    UPYD:
    Para mín resultou toda unha sorpresa, dudaba de que acadara representación e resulta que foi o único candidato que tivo representación en Galicia. Como sempre en Baiona pasan as cousas mais extrañas. Haberá que ver nun futuro si non se convertirá nun lider no seu partido o outro niveles.

    En Baredo obtivo un bo resultado, sendo a segunda lista mais votada, despois do PP, deixando por detrás a BNG e PSOE, que sorprendentemente pasou a ser a 4ª forza.

    Os votos en blanco e nulos aínda que se incrementaron un pouco, tampouco é nada chamativo e a participación tampouco foi moi inferior a de fai 4 anos.

    Así que con todo esto nos queda seguir observando durante outros 4 anos como se desenrolan no noso pobo políticas conservadoras, para seguir adormecéndonos e ver como se resolven teman que quedaron pendentes nesta lexislatura (Plan Xeral, Porto deportivo, etc.)

    Saudos

  19. chizo dijo

    26 de Maio del 2011 a las 10:18

    ALALA ISTO NO E POLITICA NEN NADA QUERO A CORDAR SEMPRE O MEU PUNTO DE VISTA

    1º QUE TEÑEN OS NOSOS FILLOS NO INVERNO
    2ºDONDEN PODEN IR OS NOSOS ADOLESCENTE NO INVERNO 3º
    3ºCANDO LIMPAN TODO O QUE NON SEXA O CENTRO
    4º QUE ESTAN A FACER POLOS NOSOS VECIÑOS CON NECESIDADE
    5ºQUE FAN POLOS VECIÑOS QUE NO VERAN NON PODEN DORMIR DONDE ESTA A ORDENANZA DE RUIDOS
    6ºDONDE ESTA ALIMPEZA DOS CONTENEDORES
    E XA NON DIGO NADA DOS FAVORES AS FAMILIAS O AMIGOS O VECIÑOS DANCONTRATACIONS A DEDO OS QUE VOTAN AO NBG OA PSOE TAMEN TEMOS DEREITOS QUE CARAJO DE POLITICA E SO PARA O PP

  20. chizo dijo

    26 de Maio del 2011 a las 11:52

    olvidabame o que quiso facer con os que venden a loteria da once

  21. Virxen da Rocha dijo

    26 de Maio del 2011 a las 14:32

    Srta. Isabel:

    Estuve pensando detenidamente en su papel de candidata a la Alcaldía de Baiona y no salgo de mi asombro.

    Quisiera ser adivino para interpretar su postura. Había, entre otros, el Sr. De la Peña, que en la anterior confrontación había obtenido SEIS Concejales. CUATRO, como se ve, fueron votantes del PSOE pero los otros DOS se los ha ganado De la Peña y su equipo, del que Vd. también formaba parte.

    Con estos antecedentes y teniendo en cuenta lo que Vd. dice sobre que no le sorprendió el “resultado”, mis interrogantes son ¿cómo se presentó?, ¿cómo perdedora? A las batallas se va pensando siempre en ganarlas, pero ya veo que esto no entró en su mezquina mente, su afán, quiero pensar, fue el protagonismo. Y todo ello por salir en unos carteles que de nada le han servido, pues en unos salió de “GUAPA” que no lo es. Y en la otra de “FEA” que tampoco lo es. Y lo de ILUSIONATE, ya lo ve. No ha ilusionado.

    Pero mire que flaco favor le hizo al PSOE. Piense que si en la anterior confrontación le restó DOS concejalas al P.P., a lo mejor se podría con un poco de suerte y audacia, arrebatarle otro más. Así que quiero pensar que con la ayuda del BLOQUE, en Baiona habría Alcalde del PSOE.

    Sra. Domínguez es Vd. muy joven y también en política. No se puede llegar a Roma en un día. Ha tenido muy buenos comienzos, precisamente de la mano del Sr. La Peña, él la dio a conocer y la colocó en un muy buen puesto, y perdóneme, pero es de buen nacido, “El ser agradecido”. Aquí creo que pecó

    Y por último no quiero molestar más su atención, si me lo permite solamente decirle que me apena lo de sus padres, han acudido, como tenía que ser, con Vd. a todas las partes y con el resultado obtenido, creo que los ha hundido. Y si tiene algo de eso que toda persona tiene que tener, haga lo que hicieron otros con resultados parecidos. D I M I T I R y dar paso al siguiente de la lista. Gracias.

  22. AIXIÑA dijo

    26 de Maio del 2011 a las 19:24

    Pois eu ilusioneime,pensei que podiamos ter futuro.

    Pensei que nun momento de crisis como os que estamos
    pasando a xente da izquierda estaria unida,e non me engañei pois seguimos sendo os mesmos de sempre.

    Pero estoume dando conta que hay uns 700 personaxes censados en Baiona que “dependendo de quen mande” se arriman a o sol que mais os quenta.(cambea-chaquetas)

    En fin,
    Almuiña e o seu equipo,tampouco o fixo muy mal.
    Xa veremos que fan estes catro anos.

    Un dos meus fillos dixome que votaria a o PP por que foi o que menos escandalo fixo e os que menos merda fixeron pegando papeles por por todas as esquinas.

    Estes rapaces ¡¡
    Que a virxen da roca NOS axude

  23. pentamaster dijo

    26 de Maio del 2011 a las 21:01

    Virxen da Rocha, non foi precisamente De la Peña quen a incorporou á política e tampouco o De la Peña gañou os votos pola súa cara bonita. Convidar a viños sempre axuda.

    Polo que sei eu, non foi precisamente un candidato do PP o que chamou a outro candidato en plenas eleccións para pedirlle que se retirase e non lle quitase votos. Éses son os salvapatrias que nos sacarán do caciquismo do PP? Para qué, para caer no caciquismo do PSOE? Síntoo, pero para qué quereremos un imitador si temos ao orixinal.

    O que precisa Baiona para derrotar ao PP é unha proposta impactante e novidosa. Síntoo decir, pero no PSOE hai pouca xente que poida (e lle deixen) crear algo así. No BNG pódese acadar (só hai que ver o que sucedeu en Tomiño), pero ainda non chegou esa hora, por cuestións internas que non son de recibo debatir aquí.

  24. chizo dijo

    26 de Maio del 2011 a las 21:41

  25. Berto dijo

    26 de Maio del 2011 a las 22:25

    Resultado bastante esperado como resultado de lo acontecido en la vida y politica local estos ultimos años. Con decir que al PP ni le hizo falta hacer campaña para cosechar una mayoria y ampliar sus concejales, aunque esto no es de extrañar con personajes como “Virxen da rocha” que facilitan esta labor.Vaya comentarios, para que buscarse oposicion fuera de la casa.
    En mi opinion Isabel hizo una campaña suficiente dadas las circunstacias, y el resultado.
    Ella prometio redirijir un proyecto a 8 años, y espero que continue en esa labor, pues creo que seria bueno una mujer como alcalde en Baiona, ya hemos tenido demasiadas hormonas masculinas con el baston de mando.

  26. choiva dijo

    26 de Maio del 2011 a las 23:03

    Eu tamén ilusioneime, pensei que en baiona había futuro pero non…. Os xóvenes xa non poderemos vivir en Baiona, teremos que deixar o noso sitio ós turistas para que veñan no verán. De traballar na comarca xa nin pensalo. Virán turistas a xogar ó golf a Baredo. E un largo etc etc

  27. pedradoacordo dijo

    26 de Maio del 2011 a las 23:23

    Penta, xa vas tendo edade para non autoenganarte e para lembrar que, si non houbera sido polo personalismo de algún, daquela houbérase podido escribila historia doutro xeito. Historia na que, por certo, ti xogabas a varias bandas. Mellor, ensaia a discreción.

  28. pentamaster dijo

    27 de Maio del 2011 a las 15:11

    pedradoacordo, non sei a qué te refires. Igual falas do personalismo do que non tendo maioría quixo facer experimentos con gaseosa e cando Baiona lle dixo que non deixou tirados aos seus compañeiros de partido e cos excesos pendentes de pago.

    Por certo, sempre teño claro o bando no que xogo e qué persoas merecen o meu respeto e cáles a miña indiferencia. Meterme a mín como parte da Historia dalgo en Baiona é sobreestimarme ou trabucarse de persoa.

  29. labishome dijo

    27 de Maio del 2011 a las 16:17

    Non entendo algunhas das afirmacións sobre os vecinos/as da nosa vila que se están a facer. De verdade que sentimos vergoña de que alguén vote a un partido político legal e democráticamente constituído, como pode ser UPyD?. Eu non comparto a súa liña ideológica e penso que xamáis contarán co meu voto, pero alégrome fondamente de que a xente poida, lexitimamente, elexir unha opción política . Eso é a liberdade. Non me gusta tampouco a mayoría absoluta do PP, pero, de verdade que seguemos a pensar que os veciños/as votan simplemente por un viño que se lles ofreza?. Penso que quizáis o fallo da esquerda é que non sabemos facer unha valoración máis profunda da nosa realidade. Pensamos, probablemente, estar en posesión de verdades absolutas, e infravaloramos e incluso despreciamos as motivacións que cada un ten para elexir unha ideoloxía política distinta da nosa. Pensamos que no ano 2011 ( Franco morreu no 1975 e a Constitución Española de 1978 necesita unha urxente modificación ante a evolución da sociedade), todo se sigue movendo polos sobornos, ventas de favores, etc, etc?. Un pouquiño de respeto ó electorado. Aínda que seguan a existir prácticas non moi dexesables, e estas se denuncian nos tribunais, non son as que determinan de forma tan contundente os resultados dunhas eleccións. Pensemos un pouco máis nos veciños/as, na súa realidade, nas súas necesidades, nas súas motivacións, que non teñen que ser nin moito menos as mesmas que as nosas. Pecamos un pouco de mirar para ó noso embigo e doídos polos resultados obtidos, botámoslle a culpa os demáis. Nin somos nos os únicos que estamos na posesión da verdade nin os que pensan distinto que nós son tan impresentables

  30. baionaconsciente dijo

    27 de Maio del 2011 a las 17:11

    Este último comentario é dos máis afortunados dos que tivemos a ocasión algunha vez de ler no noso blog. Non podemos puntualizar nada, salvo quizáis en que sí que podemos ter vergonza de apoiar a quen nos insulta e a artífice de UPyD é unha impresentable, no senso pexorativo da verba.

  31. Joseph dijo

    27 de Maio del 2011 a las 19:21

    Precisamente porque a xente pode votar en liberdade non entendo porque apoian a UpyD. Supoño que será pola novidade e ata o momento non se puido comprobar cal é a súa actitude ante os problemas da acción de goberno. Xa se verá nas localidades onde son o partido clave para que goberno un ou outro.

    Eu sempre poño o mesmo exemplo. O fascismo italiano, con Mussolini á cabeza, naceu do Partido Socialista Italiano. Que cada un saque as conclusións que queira. As miñas son que teñen trazos claramente de populismo (e do barato): indefinición ideolóxica no eixo dereita-esquerda, indefinición no aspecto económico, preséntanse como superación dos partidos actuais, defensa de España como unidade, eles son os únicos valedores da democracia e da liberdade, culto ao personalismo,…

    Eu quero pensar que a xente que se presentaba por UPyD en Baiona, presentouse utilizando esta marca para arrastrar votos que non terían se fosen por unha candidatura independente. Queiramos ou non, as siglas UPyD venden “confianza” entre un sector concreto da poboación.

    Non vou entrar na vida interna de UPyd. Non nego que sexa un partido constituído democráticamente, pero a súa vida interna está moi lonxe de ser democrática. O personalismo de Rosa Díez pesa moito.

  32. chizo dijo

    28 de Maio del 2011 a las 15:35

  33. AIXIÑA dijo

    30 de Maio del 2011 a las 21:19

    Ettp://www.atlantico.net/noticia/139844/entrevista/alcalde/electo/baiona/

    PLAN XERAL ¡¡

  34. Lalo dijo

    4 de Xuño del 2011 a las 18:28

    Pois a miña avoa vota PP sen saber quen é o cabeza de lista. E todo porque din que así poden ir ós bailes do Bahía…. eu non falto ó respecto ó electorado, algún electorado falta ó respecto ós demáis coa sua inmadurez e a súa falta de responsabilidade. Non comparto a opinión de que é o comentario é moi afortunado.

  35. AIXIÑA dijo

    11 de Xuño del 2011 a las 12:58

    eu esto non o entendo,

    quen mo pode explicar ?

    http://www.baiona.psdeg-psoe.org/noticia.php?idnoticia=483

  36. chizo dijo

    20 de Xuño del 2011 a las 11:39

    respetando o turno de cada cuestion plantexada pidolle a baiona consciente, se pode debatir sobre a presidenta de montes e a nova asesora do benestar, grazas

  37. chizo dijo

    20 de Xuño del 2011 a las 12:16

    por favor tanbien los sueldo de el alcalde y concejales muchas gracias

  38. chizo dijo

    25 de Xuño del 2011 a las 14:15

Comentarios RSS