Reflexión tras a reflexión

Teñen pasado varios meses desde que tomamos a decisión de que os acontecementos que se produxeron en Marzo facían que a finalidade deste blog tivese sentido. O primeiro acontecemento foi o chamado Movemento 15M. Pensabamos que era a revolución que desde esta humilde palestra deciamos que se debería producir ante a falta de actitude e aptitude da clase política. Logo viñeron os resultados electorais e ante a democracia nada se pode obxectar.

No primeiro caso, o Movemento 15M faleceu polo mesmo que triunfou. A súa falta de organización e de cabecillas destacados permitiu que se sumaran activos de moi variopinta procedencia. Descoñecemos en qué momento os máis cuerdos calaron e permitiron que a idea de acampar na rúa permanentemente era o mellor camiño. Agora mesmo este movemento no é máis representativo da sociedade do que pode ser calqueira outro partido político, con ou sen representación nas institucións. O enrrocamento na suposta pureza e a demagoxia nas ideas voltaron a derrumbar un novo intento de autoxestión. A autocrítica, como se achaca á clase política, tamén lastrou aos movilizados.

O principal erro foi, coma sempre, da sociedade. Nun principio actuou como masa enfurecida e farta de que a tomaran por idiota, pero novamente se caeu no conformismo e na falta de autocrítica. Porqué insistimos tanto na falta de autocrítica? Non pensamos que esta crise fose froito dunha clase política corrupta, acomodada e xorda ante as demandas da sociedade. Non pensamos que esta crise sexa culpa duns sindicatos que maman da teta do Estado. Pensamos que temos uns políticos que son a fiel imaxe dos seus electores, pensamos que os sindicatos están presos das subvencións porque os traballadores e traballadoras non se afilian. Pensamos que a crise económica e financieira se produciu porque nos quixemos creer que podiamos ser tan noxentamente ricos como o veciño do lado e si puidese ser máis, mellor. Asimilamos un sistema individualista e consumista porque somos egoistas e avariciosos por natureza, logo ese xeito de vida non fai máis que replicarse en todos os demáis ámbitos da nosa vida. Xa que logo, somos nós culpables da nosa propia situación e si non mudamos nós non somos quen de pedir que muden os demáis.

Non vale chorar agora coa bancalización das nosas caixas. Cando éstas eran a agrupación dos aforros galegos e eses mesmos aforradores tiñan que decidir o rumbo do seu capital, preferiron delegar en terceiros e non quixeron saber nada. A xestión social dos aforros comezou a convertirse un chiringuito onde os Gayoso e compañía viron a oportunidade de convertirse en banqueiros a costa da desidia da sociedade. Crónica dunha morte anunciada.

E chegaron as eleccións municipais. Catro anos de reflexións neste blog nos permitiron observa un fenómeno moi significativo. Que se produza un pequeno movemento como a apertura dun blog que fale da política municipal xenera movementos paralelos no pequeno círculo de baioneses que participan activamente na política municipal. Eses movementos se concretaron en moitas máis visitas a este blog. Pero o número máximo de visitas nun mesmo día superaron por pouco 1% da poboación baionesa. Xa que logo, a actividade política de a día non interesa á maioría da sociedade baionesa. Ésta opina nunhas eleccións sin coñecemento de causa, máis como un acto reflexo que como un exercicio democrático de regulación das ferramentas administrativas.

Agora, pois, precisamos medios, accións e ferramentas que desperten á sociedade, que lle faga reflexionar e que lle faga ver que só mediante a actuación individual no colectivo se pode sair do camiño sin saida no que nos atopamos. Baiona Consciente pode ser unha desas ferramentas, está nas mans dos baioneses que queiran empregala. O seu foro está aberto e os temas que alí se traten serán representados nas anotacións. Sin temas non hai anotacións, así de simple. Si a sociedade está morta, Baiona Consciente tamén o está. Si a sociedade baionesa está viva, o Fénix Consciente renacerá das cinzas e cobrará vida de novo. Quén é o primeiro en afrontar o reto?

5 Comentarios

  1. Diego dijo

    19 de Setembro del 2011 a las 18:52

    Boas,

    coido que o foro non é unha boa estratexia. Se non escribides novas de xeito continuado a xenta irá buscando outros espazos.

    Non estou moi dacordo co que comentades de que a xente nas eleccións votou sen coñecemento. Hai de todo, faltaría máis! Pero non penso que sexa nin bo ni acertado pensar que a xente non ten nin idea. O certo é que pensen o que pensen os veciñ@s, o pobo vai sen rumbo. Estamos en ningures! En fin…

    Saúdos,

  2. Baiona Consciente dijo

    21 de Setembro del 2011 a las 22:05

    Prezado Diego, falamos de que votou sen coñecemento de causa, non sin coñecemento. Sabemos que á maioría dos baioneses non lle interesa o día a día da política municipal e vota por afición. Os discursos políticamente correctos axudan a que ese vicio se converta en crónico.

    Si a xente entra no blog para ver si as opinións déste coinciden coas súas e logo opinar, acabóuse o que se daba. Aqueles baioneses que queiran unha ferramenta de debate a teñen á súa disposición, si prefiren o conformismo, que non demanden acción ao próximo. Si Baiona non esperta, dificilmente poderá haber debate válido.

  3. .FATIMA CABRAL dijo

    1 de Outubro del 2011 a las 20:55

    pues yo pienso y pensare siempre ,que la jente que voto en estas eleciones voto pensando en zapatero pensando en lo que ellos dicen que la crisis biene por zapatero sin pensar que la crisis biene de hace tiempo atras eso fue lo que penso esa mayoria ,pero lo mas triste esque nadie penso en nuestro pueblo BAYONA en que esta echa una porqueria y que seguira echa una porquria y haora esa mayoria se a de dar cuenta de a quien votaron y se arepentiran mucho de principio que empiecen pagando la subida del agua por culpa del señor alcalde por baciar el embalse en abril y luego que sigan pagando los negocios de baiona con lo que el señor alcalde va a montar me refiero a esa cafeteria y algunas cosas mas que van a llevar a las cafeterias de bayona a la kiebra y nada mas SIENTO LAS FALTAS DE ORTOGRAFIA PERO SOY UN POCO ANALFAVETA PERO SE LOQUE BAIONA NECESITA Y LO MAL QUE ESTA UN BESO

  4. Joseph dijo

    7 de Outubro del 2011 a las 10:03

    Alguén sabe que se tratou e acordou no pleno de onte?

  5. barrabí dijo

    14 de Novembro del 2011 a las 14:33

    Eu no que non estou dacordo e neso de que a maioría da xente de Baiona non lle interesa a vida política, é demasiado extrapolar no número de visitas ao blogue… noutros medios o seguimento é preto do 6,5%. Non é moito, e ainda así tampouco se debería extrapolar.

    Nas eleccións á abstención indica todo o contrario.

    Tampouco estou dacordo con que non hai temas, hay moitos temas, sobran temas, outra cousa é que sexa moi latoso facelo, e neso non hai discusión, ocurrenseme moitos dos que dunha ou outra forma se tratou no Facebook, dende as obras da Santísima, o paralizado centro de día, as obras e contenedores de Carabela Pinta, a reducción dos servizos de emerxencia, o botellón, o auga, a expropiación da casa de Teresina, os novos orzamentos de Baiona e as retribucións dos políticos. E poderíamos seguir e seguir… a lo menos para un post semanal da, que non é pouco. A xente gústalle saber o que pasa, compróbase cando se reparte algo de publicidade política, pero hai que ter en conta a quen se chega por internet, e que, non todo o mundo chega aos nosos blogues, e logo xa, que non todo o mundo opina neles….

    Saudos

Comentarios RSS