Principios de BC

Baiona Consciente só pretende crear consciencia de que Baiona debe desenrolarse por sí mesma e que non debe deixarse en mans duns poucos.

Os partidos políticos, tradicionalmente, o fan, O VIB de Chicho, a CMÑ de Manolo. PP, PSOE e BNG parece que seguen a mesma senda, uns por escasez organizativa, outros por intereses persoais dos que controlan o partido. Debemos normalizar o funcionamento do Concello e dos partidos políticos. Colle consciencia de Baiona e teremos acado o noso obxectivo.

Os principios polos que se rexe Baiona Consciente son:

1º.- Os fundadores e colaboradores de Baiona Consciente sempre se manterán no anonimato, asegurando a súa obxectividade e libre opinión, sen ataduras persoais nen partidistas. Xa que logo, os correos electrónicos dos colaboradores sempre serán cún pseudónimo.
2º.- As fontes de consulta de Baiona Consciente soamente serán dúas:

– Internet.

– A información recibida persoalmente na rúa ou nos colectivos onde participan os colaboradores de Baiona Consciente.

3º.- En Baiona Consciente non se tolera o insulto nen a mentira, polo que as anotacións que se consideran falsas ou conteñan insultos a persoas ou colectivos levarán implícita unha rectificación e edición das mesmas. Os comentarios ofensivos ou con falsedades borraranse á maior brevidade posible. A ironía e o sarcasmo se exclúen dentro deste suposto e son ben recibidos.

4º.- Baiona Consciente considérase independente e sen máis ideoloxía que os intereses colectivos do pobo de Baiona. Este principio non entra en conflicto coa ideoloxía persoal de cada colaborador.

5º.- Nas anotacións de Baiona Consciente pódese facer mención a feitos ou sucesos que non ocurreran no noso Concello, sempre e cando nos afecten directamente ou servan como exemplo para un problema concreto que suceda en Baiona.

6º.- As referencias políticas que se aborden sobre cada tema concreto contemplarán, a ser posible, un xuizo de cada opción política con representación no Concello. De non ter un coñecemento concreto sobre a postura dun partido político, farase constar este feito.

7º.- Baiona Consciente recoñece internet coma unha ferramenta indispensable que debe potenciarse, xa que logo, somentes recibirá comunicacións e terá como único canle de traballo e participación esta vía.

8º.- Todas as anotacións realizadas polos fundadores e colaboradores de Baiona Consciente estarán redactadas en galego. As rectificacións, notificacións, colaboracións e demais material que reciba Baiona Consciente e sexa susceptible de publicarse en Baiona Consciente e non estean en galego, traduciranse e publicaranse.

Como aclaración final, na sección de ligazóns, pretendimos incluir as dos partidos políticos con representación no Concello, lamentablemente o PP non dispuña del, ou non soubemos atopar a ligazón. Se nalgún momento averiguasemos a mesma, inmediatamente a enlazariamos.

Grazas por acudir a nós, axúdanos no noso obxectivo. Baiona Consciente naceu o 13/06/2007.