Responsabilidades

bandas rugosasmesataXa temos falado moitas veces, por activa e por pasiva, do dichoso conflicto das bandas sonoras cando gobernaba a coalición PSOE-BNG en Baiona. Pero cada vez que hai un accidente de tráfico no noso concello non podemos deixar de recordar aquela frase que saíu do Goberno Municipal: “Reducimos o índice de accidentes no termo municipal a cero”.

Logo, se agora se se producen accidentes, o remedio ás bandas sonoras foi peor que a enfermidade. Se os veciños protestan, un político populista actúa sen meditar as consecuencias, ún con sentidiño proporía unha alternativa. Xa dixemos que unha posible alternativa nos pasos de peóns serían elevalos, ao estilo dos da Toxa ou Porriño. Mesmo os hai artificiais, sen ter que facelos permanentes.Menos ruido, máis seguridade e menos molestias para os conductores (segundo o grao de desnivel).

Onte se produxo un atropello no paso de peóns da Ladeira. Tampouco axudou a escasa iluminación da zona. ¿Qué veciño asume as consecuencias? Ah, non, aquí os únicos que poden recibir críticas son os políticos, os veciños son todos boiños e non teñen maldade.

3 Comentarios

  1. Pinto dijo

    6 de Febreiro del 2008 a las 14:48

    O accidente foi xusto antes da Curva do Manco.
    Cando ía de camiño pasoume unha moto a mill por hora, meteuse pola estrada habilitada para aparcamento en batería. A mil por hora.
    Eu seguín o mesmo trazado que a moto para comprobar a visibilidade e o peligro de semellante aventura.

    Pasos de penóns, carril único, curva pechada, visibilidade reducida….e a moto de cilindrada a mil por hora.
    Cando chegou ao accidente do atropelo freou en seco. eu desexarái que estivensen os paso elevados ou bandas sonoras. Sabarís chama á velocidade para estes tipiños.

  2. Baiona Consciente dijo

    19 de Febreiro del 2008 a las 14:16

    […] xa tiñamos comentado a primeiros de mes, alguén tería que asumir responsabilidades se se producía un incremento no accidentes de tráfico por falta de xestión ou retirada de […]

  3. Baiona Consciente » Seguridade vial dijo

    14 de Agosto del 2009 a las 17:36

    […] Baiona amanecen cuns badéns nos seus pasos de peóns. Na anotación do 6 de Febreiro do pasado ano suxeríamos esta posibilidade como alternativa ás bandas rugosas, polo que temos que agradecer ao Goberno Municipal que nos tivera feito caso. Ainda que pode ser […]

Comentarios RSS