Hoxe hai Pleno – Gracias PSOE de Baiona

imaxe non dispoñibleGracias ao portavoz do grupo municipal socialista, Rafael Lores, podemos saber a orde do día do Pleno que se vai celebrar hoxe. Semella que as nosas reclamacións non cairon en saco roto e por fin imos ter cumprida e puntual información sen ter que agardar a que os medios nos reciclen a mesma.

Pero non por iso o PSOE quedará exento de crítica. Quixeramos ter complementado a anotación de hoxe cunha imaxe do portavoz municipal, pero lamentablemente non a atopamos. Agradeceriamos que na súa web se poidesen ver os rostros dos concelleiros que nos representan, aínda que quizáis esa petición tamén debería ser extensiva á web do Concello.

O máis importante do Pleno será:

– Subvencións para asociacións.

– Modificación da ordenanza de bodas.

– Ordenanza do prezo público pola prestación de servicios e actividades da concellería de asuntos sociais.

– Solicitude de subvención para o finanzamento dos traballos do P.X.O.M..

– Moción sobre a prestación eficaz do servicio de correos.

– Moción sobre a supresión da tarifa nocturna.

Tamén temos recibido as dúas mocións por parte do responsable local do BNG, polo tanto as defenderá o BNG. Ambálas dúas se teñen presentado en todos os concellos galegos, polo que é un traballo dos nacionalistas a nivel xeral. De todos os xeitos, é unha problemática que deberemos debatir, porque ten unha relevante incidencia nas vidas de moitos baioneses.

Outro dos puntos que máis nos sorprende é que se soliciteunha subvención para financiar o PXOM, se o normal é que se solicite ao inicio da tramitación, non cando xa se levan varios anos traballando no mesmo.

Mañá nos enteraremos de como foi todo na Casa Consistorial e os argumentos que empregaron uns e outros nos puntos máis relevantes.

3 Comentarios

  1. Pinto dijo

    8 de Febreiro del 2008 a las 11:34

    O da subvención ao PXOM foi porque viron que Nigrán e Gondomar lle concederon pretro de 200.000 euros a cada un para facer o PXOM. Pero Baiona esquece que a diferencia de Baiona é que estes concellos o van facer no aveiro da AXENDA 21 Local. Algo que moitos dirixentes da dereita tildaron de “inutil” e “de perda de tempo e diñeiro”.

  2. Aldara dijo

    8 de Febreiro del 2008 a las 12:44

    No que respecta á subvención do PXOM, semella ser certo o que di Pinto. A tramitación conxunta da Axenda 21 foi unha boa idea por parte de Nigrán e Gondomar (nada do outro mundo, con todo).

    Non embargantes, gostaría de ver que Nigrán cando elabore o seu PXOM o expoña ao público antes da aprobación inicial como o está a facer Baiona (iniciativa que sen dúbida hai que aplaudir). Na miña opinión, o escurantismo da Axenda 21 de Nigrán (sen ter convocado, insisto, coa mesma publicidade a participación no proceso trala primeira reunión), revela unha forma de actuación por parte do PSOE nigranense moi semellante á do PP local. Se os amiguiños dos segundos eran determinadas persoas e empresarios, os dos primeiros son os das asociacións de veciños (que por outra banda foron os que os axudaron a chegar ao poder ao fío do escándalo do PXOM). Pero en todos os Concellos do Val Miñor hai máis cidadáns que os que pertencen ás asociacións (sería interesante ver que porcentaxe está afiliada ás AVV). O PSOE en Nigrán está demostrando que respecto ao Goberno anterior, tanto monta, monta tanto (e é unha mágoa, porque prometían).

    O Concello de Baiona, polo menos, entende o concepto de cidadanía en sentido global. Apostaría o que fose a que o Concello de Nigrán, cando redacte o seu PXOM, só o expón nas asociacións de veciños. Ás veces facer as cousas ben e con boa vontade non entende de ideoloxías. A cada quen debe apreciarselle o seu mérito, e non é o mesmo a dereita de Baiona que a de Nigrán, nin o PSOE de Nigrán que o de outros Concellos.

  3. Marcote dijo

    8 de Febreiro del 2008 a las 16:45

    Eu non són cidadán de Nigrán, pero pertenzo a unha empresa que lle interesa expór o seu punto de vista sobre o urbanismo en Nigrán e acudín á charla sobre a Axenda 21 Local en Gondomar e Nigrán e nadie me preguntou nin tan siquera en representación de quen ía (en Gondomar deixamos os datos para que nos convoquen a vindeira vez).

    Non que agardar a que nos dean todo mascadiño. Fumos ao Concello de Nigrán, preguntamos e pedimos que nos avisen cando comecen a funcionar as xuntanzas.

    Concordo ao 100% con Aldara con que en Baiona se obrou ben publicitando o PXOM antes do legalmente establecido, pero debe decir tamén que na Comisión Sectorial de Urbanismo se actuou convocando a colectivos e non a veciños. Creo que as críticas teñen que ser obxectivas e non ver a cor de quen actúa. Ben en Nigrán e Gondomar por apostar pola Axenda 21 (xa veremos en qué queda) e ben en Baiona por expór o PXOM con tempo.

Comentarios RSS