BBB

casco vello baionaBaiona, Baiona, Baiona. Ése podería ser o lema dalgún político baionés. E de seguro que inmediatamente saltaríalle outro co de BBBBS: Baiona, Baiña, Baredo, Belesar e Sabarís.Non é a primeira vez que no Pleno Municipal se xenera este debate.

Que o noso Casco Vello é Conxunto Histórico-Artístico debémolo ao sempre tan querido e aprezado Manolo Vilar. Tamén lle debemos que logo de máis de quince anos aínda non teñamos un Plan Especial de Conservación do mesmo. Finalmente parece que 2.008 será o ano do PEPCHAB.

Paralelamente, as actuacións do Goberno Municipal xeneraron que os vecinos do Casco Vello se unan e se planteen a constitución dunha Asociación de Veciños. Por fín as nosas súplicas comezan a ter resposta. ¿Para cando a Asociación de Veciños de Baiona?, ¿e para cando a Federación de Asociacións de Veciños do Concello de Baiona?

Quizáis desde o asociacionismo podamos recuperar os usos democráticos que tradicionalmente somentes se exerce cada catro anos.

Por certo, unha pregunta para a reflexión. Cando se acadou a calificación de Concello de Excelencia Turística alguén nos vendeu que chegaban cartos como areas e que se ía instalar un sistema de acceso ao Casco Vello (non hai moito retiraron o monolito de entrada xunto Mar y Arte) que nunca funcionou. ¿A onde foron eses cartiños?

5 Comentarios

  1. sjuton dijo

    2 de Abril del 2008 a las 17:48

    BBBS- Baiona, Baredo, Belesar e Sabarís.

    Baíña non existe.

    Grazas.

  2. baionaconsciente dijo

    2 de Abril del 2008 a las 20:19

    Non che falta razón, sjuton. Anotación editada, aceptando a crítica. A verdade é que a idea pór “Baiña, Baredo, Belesar e Sabarís”, pero trabuqueime ao escribir.
    Penso que tes razón é máis real sería solicitar igualdade entre parroquias, Baiona incluida.

  3. sjuton dijo

    2 de Abril del 2008 a las 22:21

    Era unha ironía aproveitando o erro. Sería todo un agasallo que os políticos aceptasen tamén as críticas e aumentasen non só as letras, senón os feitos, que Baiona non vive de rotondas.

  4. Marcote dijo

    3 de Abril del 2008 a las 10:20

    Pois a verdade é que para unha rotonda que ten Baiña ésta fíxose por iniciativa e pagada pola Comunidade de Montes de Baiña.

  5. Pinto dijo

    4 de Abril del 2008 a las 11:40

    A federación de asociación de veciños tiña que ser comarcal é dicir, Federación de Asociación de Veciño do Val Miñor. E de feito xa existía e se chamaba Pedra do Acordo, en alusión ao Lugar do Acordo, actual cruceiro de Mañufe, onde: extraido de valminor.info

    “Ata a división provincial de Javier de Burgos (1837), e fora das inestables dúas décadas anteriores, o Partido do Val Miñor estaba formado por 18 parroquias (San Pedro da Ramallosa, Santa Cristina da Ramallosa, Camos, Belesar, Priegue, Panxón, Nigrán, Parada, Saiáns, Santa Baia de Donas, Gondomar, Vincios, Vilaza, Chaín, Morgadáns, Peitieiros, Mañufe e Borreiros) e o procurador xeral elixíase ao pé do cruceiro de Mañufe, no Lugar do Acordo, aínda que despois tamén se realizara esta elección en Parada e en San Pedro da Ramallosa.”

Comentarios RSS