Baiona con Amadeo e Ángel

AmadeoÁngelQuizáis nestes intres de revolución cultural que semella vai vivir Baiona esta fin de semana, con dúas formas de ver a cultura e inclusive a política tan diferenciadas e antagónicas, debería xurdir unha terceira vía que serena os ánimos e nos mova á reflexión.

Non queriamos falar de Amadeo e Ángel ata saber que estaba ben e coas súas familias, pero o tempo pasa e eles siguen secuestrados por mercenarios extorsionadores.

E resulta que nin se anula a Feira de Abril nin ese contestatario Serán á Beira do Mar. ¿Qué pasaría se unha banda terrorista tivera secuestrados a Jesús Vázque Almuiña e a Rafa Lores? Por pór un exemplo. Esta fin de semana somentes poderiamos sair á rúa á manifestación convocada por todos os grupos políticos, falariamos nas rúas de que é unha salvaxada reter en contra da súa vontade a dúas persoas que nada fixeron para merecer tal tormento e moito menos as súas familias.

Pero claro, é que Amadeo e Ángel non son políticos, o secuestro é moi lonxe das portas das nosas casas e os secuestradores non son nacionalistas radicais. Pois nas casas das familias destes dous mariñeiros o drama é tan duro que en canto escoiten sevillanas ou gaiteiradas preguntaránse cómo pode haber alguén con ganas de festa cando hai dous baioneses que se están xogando a vida polo simple feito de estar a traballar. E logo dirán que o peixe anda caro.

7 Comentarios

  1. Baionés dijo

    25 de Abril del 2008 a las 11:13

    Excelente entrada. Non hai nada mais por engadir.

  2. Roberto dijo

    25 de Abril del 2008 a las 12:37

    Certo é que o rebumbio cultural que se creou nestes días en Baiona por motivo da Feira de Abril, deixou nun segundo plano esta situación.
    Somos moitos os que estamos a seguir minuto a minuto a evolución desta situación, o Portavoz Municipal do BNG, Xose Enrique Fernández xa se ten posto en contacto cos familiares e a Deputada no Congreso Olaia Fernández, ademáis de iniciar xestións no Congreso, tamén se ten posto en contacto cos familiares, para bridarlles toda a axuda que precisen.

    No BNG xa tiñavamos pensado facer algún tipo de acto (Concentración, Manifestación,…) esta fin de semana, pero por expreso desexo dos familiares, que prefiren agardar a que pase o fin de semana non se fará nada.

    Dende o BNG antetodo, o que queremos e respetar as decisións dos familiares. E non queremos facer nada sen ter antes o seu consentimento.

  3. chuza.org dijo

    26 de Abril del 2008 a las 1:56

    Dúas familias preocupadas e Baiona de festa…

    Unha importante reflexión. Dous veciños de Baiona dentro do atuneiro Playa Bakio secuestrado por piratas somalís. E Baiona celebra tres días de festa da Feria de Abril.Que pasaría se unha coñecida banda terrorista secuestrase ao alcalde da vila o…

  4. Pedro Telmo dijo

    26 de Abril del 2008 a las 2:03

    A verdade é que me sinto avergoñado. O concello debeu suspender o acto en sinal de respeto e de apoio.

  5. begoña dijo

    26 de Abril del 2008 a las 8:26

    Son muller de mariñeiro.e non estou para gaitas nin castañuelas,hoxe foron eles mañan pode ser meu marido,sintome triste e defraudada con o meu povo,animo AMADEU E ANGEL ESTOU CON BOS

  6. Baiona Consciente » Todos con Joaquín, Ricardo e os seus compañeiros dijo

    5 de Outubro del 2009 a las 11:05

    […] temos malas novas para os nosos mariñeiros. Joaquín Fernández e Ricardo Blach reviven as experiencias de Amadeo e Ángel por Abril do ano […]

  7. Baiona Consciente » Sin fisuras, todos cos tripulantes do Alakrana dijo

    7 de Novembro del 2009 a las 9:59

    […] Hoxe ás seis da tarde todos debemos estar en Vigo para apoiar aos tripulantes do Alakrana. A Festa da Lura cancelouse e non se repetirá o erro do ano pasado. […]

Comentarios RSS