Atentado ao patrimonio

atentado ao patrimonioHai veces que os delitos se agochan e a casualidade fai que saian ao descuberto. Éste é o caso de hoxe. A imaxe do lado mostra cal é a consideración que teñer algúns co patrimonio do noso concello.

A primeira vista podemos non identificar a ubicación da mesma, polo que debemos decir que se trata dun contraforte da ex-colexiata de Santa María de Baiona, polo seu lado sur.

Parece ser que alguén considerou que un trozo de pedra dunha igrexa do século XIV que amosa a transición do románico ao barroco non é un elemento a ter en consideración e valorou como máis importante o ancheamento da zona de paso, para que algún tipo de vehículo non tivera problemas de acceso.

A pregunta é ¿quen pretende facer pasar un vehículo por dentro dun recinto pechado e ao redor dun elemento patrimonial de tan singular valor? As autoridades deberían tomar boa conta destas tropelías e actuar en consecuencia. Unha deixación de funcións suporía unha evidente neglixencia.

4 Comentarios

  1. xose enrique dijo

    27 de Maio del 2008 a las 22:50

    O BNG xa presentou denuncia por este atentado na delegación da Conselleria de Cultura fai aproximadamente un mes e nos comunicaron que mandarian a policia autonomica para abrir unha investigación.

  2. baionaconsciente dijo

    28 de Maio del 2008 a las 18:02

    Pois é un erro por parte do BNG non publicitar estas accións e non denunciar públicamente o atentado ao patrimonio que debe ser sancionado coa contundencia que corresponde a tamaña tropelía.

  3. xan dijo

    29 de Maio del 2008 a las 18:38

    Os partidos políticos non teñen que ir anunciando a bombo e platillo o que fan, senon o que teñen que facer e traballar polo ben de todos.

    Ou é que todos queremos que os partidos políticos o único que fagan sexa dar exclusivas, para seguir contribuindo a que a prensa rosa medre.

    Ben polo BNG por facer o que ten que facer e deixarse de tantas exclusivas que non deixan de ser outra cousa máis que exclusivas.

  4. baionaconsciente dijo

    31 de Maio del 2008 a las 9:27

    Sabes, Xan, qué lle pasa aos partidos que traballan en silencio? Que os votos a outros partidos lles tapan a boca.

    Se un partido político non publicita as súas accións, queda no esquecemento.

    Con iso non queremos decir que haxa que sair á prensa por calqueira cousa, pero isto é de vital importancia. Moitos veciños pasan por diante desta desfeita e pregúntanse. ¿E que nadie vai denunciar isto? Nós soubemos disto por un comentario así.

Comentarios RSS