Papá Noel adiántase no Val Miñor

papa noelPois resulta que hoxe poidemos ler na Voz de Galicia que a Papá Noel do PP, Ana Pastor, viu ao Val Miñor a traer agasallos aos seus nenos. Lamentablemente terá que pedirlle permiso ao feroz ogro do PSOE, ZP o temible. Descoñecemos se tamén se terá que pedir permiso a Rajoy e, por si acaso, a esperanza Aguirre.

Ironías aparte. O PP no Congreso dos Diputados vai trasladar unha serie de inquietudes para que se produzan investimentos nos distintos concellos do Val Miñor. Concretamente, falarase de Baiona no Parlamento, frase acuñada polo BNG nas pasadas Eleccións Xerais.

O Alcalde Almuiña pediu contar con máis medios en Correos , sobre todo no rural. Tamén solicitou a continuación do paseo litoral desde A Palma e hacia Oia e a recuperación dos terreos da antiga batería de Cabo Silleiro.

Con todo, é positivo que os partidos políticos palpen as sensacións concello a concello. Pena é que só se acorden da cidadanía cando se acercan eleccións, aínda que afortunadamente se celebran cáseque cada ano. Xa o fixo o BNG a semana pasada co Centro de Día, vendeunos a inversión nas Municipais do ano pasado e voltan estes días a recordarnos cánto se acordan de Baiona coa redidencia para anciáns e coa Galescola, aproveitando os concelleiros nacionalistas do noso concello para chupar algo de plano, de paso.

O empeño dalgúns, e non todos precisamente do PP, polos paseos marítimos xa roza a obsesión. Semella que quixeran selar o litoral galego cunha fina liña de baldosas e apropiarse aquel dito do esquío que cruzaba españa de árbore en árbore polo do galego que vai de A Guarda a Ribadeo polos paseos marítimos. ¿Realmente son necesarias unhas infraestructuras que somentes son efectivas mes e medio ao ano? Precisamos que sexan atendidas outras demandas máis urxentes, pero isto son temas que igual non venden tanto.

1 Comentario

  1. xocas dijo

    27 de Maio del 2008 a las 22:41

    Os peperetes non se acordaron de pedir cando gobernaban nin en madri nin en santiago

Comentarios RSS