Baiona quédase cunha soa bandeira azul

bandeira azulNovamente as praias de Baiona se quedan sen unha soa bandeira azul, somentes nos queda a otorgada ao Porto Deportivo de Ronáutica, perdendo incluso a que tiña o Clube e Iates.

A bandeira azul é un galardón europeo que prima a calidade das praias e portos deportivos, sendo unha fonte de publicidade e distinción turística que Baiona non se pode permitir o luxo de perder. Aquí obsérvase unha clara deixación de funcións por parte do Goberno Municipal, que presume de ser Municipio de Excelencia Turística pero que despois non pode ofertar un mínimo de calidade que nos distinga doutros concellos turísticos.

É un capítulo máis da acción do Goberno Municipal ao que non lle parece importar perder calidade turística. Iso sí, as rotondas todas fican fermosas e remodeladas. A nadie se lle escapa que isto se debe ao desigual reparto de funcións, partidas orzamentarias e reparto de persoal froito do sangrante pacto que posibilitou que o PP gobernase en Baiona. ¿Ata cando seguirá Baiona pagando os erros dos seus políticos?

1 Comentario

  1. Pinto dijo

    30 de Maio del 2008 a las 9:37

    O alclade non sabe que foi o que aconteceu para que lle quitaran as banderias se as praias estaban igual que o ano pasado. Pero esa non é a pregunta, a pregunta é como puideron darlle as bandeiras o ano pasado. A unha Ladeira con montañas de lixo, a unha foz do Miñor con verquidos continuos, a un clube de iates que pinta os barcos na lámina de auga.

    quizais algúns teñan que refrescar a memoria para dar resposta a ese lapsus temporal de porque Baiona perdeu 3 bandeiras.

    http://www.youtube.com/watch?v=QLvVbFzKEWM

    Terá algo que ver?

Comentarios RSS