Gardería abandoada

garderia baionaO PSOE baionés denunciou estes días o estado de abandono do entorno da futura gardería municipal. Queda moi pouco para a súa inauguración, pero o entorno semella abandoado, ainda que a zona de aparcamentos recentemente foi asfaltada e pintadas as prazas de aparcamento, con varias prazas para minusválidos.

Igual esta última iniciativa se realizou máis pensando na reducción de zonas de aparcamiento para incentiva o uso dos aparcamentos soterrados, un vello costume moi de moda nos últimos tempos.

Sen dúbida o Goberno Municipal deberá acometer as obras de acondicionamento do entorno da Gardería antes da súa apertura como Galescola no vindeiro curso escolar, pero desde o PSOE se insiste no abandono, acertando en recoller a preocupacións dos pais que ven como ano a ano se retrasa unha obra que é fundamental para a conciliación  da vida familiar.

Todos agardamos que o 2008 sexa o ano da apertura da Galescola e que desde o Concello non nos veñan cun novo conto para xustificar o seu retraso. ¿Cál será a nova excusa?

3 Comentarios

  1. pepe2 dijo

    29 de Maio del 2008 a las 11:16

    Esta reivindicación do PSOE de Baiona non deixa de ser máis que demagoxia barata.

    O PSOE de Baiona non ten outra cousa que facer e intenta buscar novas sensacionalistas o máis puero estilo prensa do corazón.

    Porqué non se adican a informar a cantidade de veciños e veciñas do noso concello que están preocupados pola modificación das súas condicións nos contratros da tarifa nocturna, e porqué non se adican a escalar esta preocupación os seus compañeiros do Ministerio de Industria.

    O PSOE de Baiona xa nos ten acostumados a súa política do corazón, coas súas portadas na prensa e os seus actos cheos de marketing, pero a realidade é que non fan nada de nada polo pobo de Baiona.

  2. Manda Baiona dijo

    29 de Maio del 2008 a las 16:26

    Iso é o malo deste santo pobo, que vale todo como trasto para tirar á cabeza xa que nin uns nin outros debon conseguido unha guardería. A estas alturas da película, non coñezo pobo deste tamaño sin nengún tipo de solución para os cativos. E mentres, a única iniciativa privada que podía cubrir esa carencia, paralizada por problemas burocráticos e sen nengún tipo de axuda ou apoio. O millor tiñan medo de porse colorados, repito, uns, outros e nos que tragamos con todo.

    ¡¡ manda baiona!!

  3. Marcote dijo

    3 de Xuño del 2008 a las 10:08

    A Xunta, de mans do BNG, por suposto, xa ten soiucionado o tema e asumnirá os custes de urbanización da zona.

    Hai que dar solucións e o BNG é o que fai.

Comentarios RSS