Hai quen non sabe distinguir

garderiaSi algo deben ter claro os políticos é que hai que distinguir meridianamente entre o que é o exercicio do seu cargo político do que é a súa vida privada ou o exercicio das funcións relativas ao partido político que representa.

Efectivamente, as políticas a executar deben ser as que programáticamente se ofertaron nas campañas electorais, pero de ahí a empregar as ferramentas que otorga un cargo público para beneficio propio vai un abismo.

Todos entendemos que non é normal empregar a tarxeta do Concello para mercar gomina ou coller o coche do cargo para ir de compras. Pois tampouco deberiamos permitir que se empregue a páxina web do concello de Baiona, que é o escaparate do noso pobo no exterior, para facer precampaña para as Autonómicas, como vén podemos ver neste enlace: www.baiona.org (Grazas, Diego).

Tamaña desvergonza só é propia de caraduras e xente que perdeu xa a máscara da decencia. É que o tema nin tan siquera incumbe a Baiona. Trátase dun incidente acaecido no veciño concello de Gondomar. Todos deberiamos pensarnos ben se queremos a alguén no Concello que se preocupe máis polos intereses económicos dunha empresa privada (por moito que se traten de castas mulleres con uniforme) que nin tan siquera exercen a súa actividade en Baiona, que dos problemas que nos afectan directamente, como que non teñamos unha soa bandeira azul nas nosas praias.

¿E o Concello quere que se fale das monxas de Borreiros? Pois se queren falamos. Falamos, por exemplo, dos intereses especulativos que teñen nuns terreos da guardería que pretenden vender para facer unha urbanización, ou falamos tamén de porqué admiten a familias que non viven en Gondomar, ou incluso podemos falar de porqué pais de Baiona teñen que levar aos seus fillos a unha gardería concertada cando desde hai anos tiña que estar aberta unha pública en terreos municipais.

e cabe aclarar que a Xunta non cerra unha aula, o que fai é deixar de subvencionar a unha empresa privada que cobra de outras partidas orzamentarias do Estado cantidades astronómicas. ¿Ónde está a caridade da Igrexa católica cando cobra por cuidar aos nosos nenos? ¿Son os pais conscientes de que levan aos seus fillos a un centro rexido por unha organización que se nega a condear casos demostrados de pederastia polo simple feito de que se cometeron por curas das súas congregacións?

Semella que a política do PP é: “Mellor que te cuide un neno un pederasta que un roxo-nacionalista”.

Fora ironías. O caso é que a política do concerto está a acabarse, sendo substituida polas redes de servizos públicos. Evidentemente é un erro deixar de subvencionar un servizo que non se tivo substituido por outro. Pero de ahí a falar impedir a conciliación da vida familiar e laboral hai un abismo. Efectivamente, a Gardería de San José dá un servizos complementarios, pero iso é algo que terán que aboar os pais, se así o considerasen. ¿Entenderiamos normal que se fixeran piscinas con cartos públicos para disfrute exclusivo dos veciños de Chaparral e a Anunciada? Primeiro deben cubrirse as necesidades básicas de todos e logo comezaremos a ampliar os servizos ofertados.

O que non dín os pais da Gardería San José é a dificultade que teñen os demáis pais en que lle admitan aos seus fillos. O Val Miñor vai contar con tres novas garderías, unha en cada concello. ¿De onde se creen que saen os cartos?

Finalmente un apuntamento que gustará moito aos nacionalistas que nos len. ¿Qué porcentaxe de clases se dan en galego na Gardería San José?

Los comentarios han sido cerrados para esta nota