Cahiba: ¿grupo de presión?

cahibaA primeira asociación veciñal do centro de Baiona semella unha ovella con pel de lobo, porque logo de constituirse para defender os dereitos dos veciños do Casco Vello, reúnense co ALcalde e marchan contentos para casa porque son xente importante e a súa labor é conter aos veciños que non saben realmente o ben que lle fan as medidas tomadas polo Concello.

Deixando aparte o debate sobre as medidas adoptadas, na súa maioría moi razoables e que era necesario que se realizaran; o nacemento de CAHIBA, como xa comentamos, xa non foi moi adecuado. Reúnenese os veciños do Casco Vello e uns tipos, promotores da idea, presentan unha candidatura para a Xunta Directiva e non deixan un prazo para que outros veciños poidan integrarse nesa candidatura os mesmo presentar outra alternativa. En política non chega con ser honesto, tamén hai que parecelo. Pois este lema tamén se aplica ao asociacionismo.

É verdade que a proposta do Alcalde de solicitar un tempo de análise das novas medidas é razoable, pero tamén é certo que todos coñecemos a habilidade de Sito Almuiña para esquivar os problemas, ou polo menos para pospór a súa solución. Dentro de quince días estaremos en medio do Verán e non será o momento idóneo para mudar as normas. Logo do Verán xa levarán tanto tempo que sería xerar outro problema voltar a mudar as normas. E si, dado a caso, insistisen, pois déixase de recibilos e xa está.

Os tres problemas que parecen molestar máis aos veciños do Casco Vello son a recollida do lixo, o ruido dos locais e a ocupación de terrazas polos mesmos. É curioso que entre as prioridades non estea o acceso rodado cando, ao parecer, ése foi o motivo da creación de CAHIBA.

A proposta de acceso único de entrada pola Porta da Vila non parece descabellado, xa que se pode acceder ao Casco Vello desde a estrada xeral, sen ter que entrar no centro de Baiona e, si estamos no centro, temos a alternativa de acceder pola baixada desde o Cuartel da Guarda Civil.

3 Comentarios

  1. manu dijo

    15 de Xuño del 2008 a las 17:41

    Son veciño do casco vello de Baiona e despois de
    leer un comentario, que escriviu neste bog ( cahiba ¿grupo de presion?. E moi facil escribir
    sen ter una boa informacion, barallar sobre cousas escritas tamen o fago eu.
    Esta asociacion sempre dixo que non ten intereses politicos, nin en contra nin a favor
    do concello, si non trasmitirlle os problemas
    dos veciños.
    Quen escriviu este comentario non vive no casco vello, non vexo loxico que solo se faga entrada por a porta da Vila, podendo facelo entrada e saida.
    En fin isto non e puro habano, isto e proxeto
    a largo plazo, gracias a os veciños.

  2. baionaconsciente dijo

    16 de Xuño del 2008 a las 19:43

    Prezado Manu, non diremos si vivimos ou non no Casco Vello, pero sí que sabemos o que é vivir nel e transitar por el.

    Sabemos que é moi fácil escribir sin ter información, o difícil é facelo argumentando razóns de peso, por iso xustificamos que se establecese a Porta da Vila como vía de acceso: fácil acceso desde a entrada a Baiona e desde o centro de Baiona.

    O que non ten peso é o que dís tí: “non vexo lóxico que solo se faga entrada por a porta da Vila, podendo facelo entrada e saida”. Nen un só argumento que o xustifique. Nós daremos un só que o anula: non caben dous coche en sentidos opostos. ¿Qué pasa se ao entrar por Porta da Vila nos atopamos en plena curva con outro vehículo en sentido contrario?

    Non sexamos obtusos. Desexamos moita sorte á nova asociación, pero non nos gustan certos aspectos e os reflexamos no blogue, para iso o creamos. Participación e democracia son fundamentales e non semella que empece ben CAHIBA se na primeira asemblea preséntase unha directiva e non se deixa opción a formar unha alternativa ou a que alguén teña tempo para pensar se lle interesa formar parte dela ou non.

    Un erro moi típico é descalificar ao que non pensa coma un mesmo, non caias nese erro, Manu e acepta as críticas para que podas acadar conclusións autocríticas.

  3. Baiona Consciente » CAHIBA contra a KK dijo

    14 de Agosto del 2008 a las 10:21

    […] recordamos a anotación de hai un par de meses, xa diciamos que a asociación CAHIBA non nacía precisamente cun cheiro moi bo. E polo camiño que […]

Comentarios RSS