1º Museo de Baiona

outeiro dos lameirosPois ao final temos inaugurado o primeiro museo permanente en Baiona, e vai ser un museo natural e histórico ao mesmo tempo. Lamentable ou afortunadamente, a iniciativa non parte do Concello, senón dunha Comunidade de Montes, concretamente da de Santa Cristina da Ramallosa. Agora a labor do Concello debe ser a súa difusión entre os visitantes que se achegarán durante o Verán, para que sepan que Baiona trátase de algo máis que un pouco de sol nunha temperatura agradable e un bo lugar onde tomar unha copa nas terrazas de Elduayen polas noites.

Outeiro dos Lameiros é un paraxe singular, daqueles nos que sintes que noutros tempos as terras polas que pasamos eran moito máis importantes do que consideramos hoxe. Síntese ún un pouco menos importante rodeado de pedras milenarias con inscricións sen descifrar, que poden ter un significado de vital importancia, ou que simplemente eran pasatempos duns fedellos da época. ¿Era aquela zona un importante lugar de encontro entre xentes do lugar ou o patio onde os rapaces facían os “graffitis” da época? Probablemente nunca o saberemos e teremos que facerlle caso ás  teorías dos arqueólogos.

Esta iniciativa é unha boa mostra de que se pode facer algo máis que paseos marítimos cos cartos que veñen de Bruselas. Deberían tomar exemplo outros colectivos e apostar por aquelo polo que os europeos valoran máis que nós mesmos.

Los comentarios han sido cerrados para esta nota