¡¡Isto é a area que colmou a paciencia!!

praia da ribeira - baionaA imaxe que presenta hoxe a praia da Ribeira é de auténtica vergonza. Somentes cabe a dimisión ou a destitución do Concelleiro de Medio Ambiente e pedir as mesmas responsabilidades nas instancias autonómicas responsables de tamaño despropósito.

A finais da semana pasada entendiamos que si Costas emitía informe favorable e a Concellalía de Medio Ambiente miraba positivamente a actuación de acondicionar a praia da Ribeira con area do Miño, a actuación non tiña que ser sospeitosa de nada.

Hoxe a nosa opinión é ben distinta. Está claro que aquí alguén manchou moito as mans, e non estamos a falar dos obreiros que están a levar unha obra que se calificou mal desde o primeiro momento. Non se trata de “recuperar” o areal da Ribeira, trátase de “soterrar” a praia da Ribeira.Estamos a falar dunha praia de interior, na que o mar non bate con forza, ¿cómo podemos entender que estivera a perder area? Pois non foi máis que unha excusa para desfacerse de toneladas de area que non tiñan a donde ir. A imaxe de hoxeé desoladora: unha enorme montaña de escura area, de polo menos un dez ou doce metros de altura, invadindo a praia da Ribeira.

Unha Xunta que prohibe edificar nunha franxa de cincocentos metros desde o litoral para protexelo adícase a destrozar unha praia dunha vila turística e en pleno comezo da temporada de Verán. Os indicios da corrupción hai veces que non son apreciables pola maioría da xente ata que estóupanos na faciana, pero neste caso non podemos máis que rendirnos á evidencia: temos uns políticos que apenas poderían gobernar o portal da súa casa ou son tan infantiles que decidiron xogar aos casteliños na praia, pero en dimensión “big size”.

Nun país con conciencia de seu e consciente de que ten a obriga de fiscalizar as actuacións dos seus políticos, a cidadanía estaría asediando a Casa do Concello e reclamando dimisión en cadea. Como aínda estamos en pañais no tema da democracia, deixamos facer e calamos. Somos submisos e, xa que logo, cómplices das súas accións. Porque, e isto é o peor de todo, a maioría dos baioneses actuaría de igual ou peor maneira se foran eles os gobernantes.

Pederiamos a colaboración cidadá e nos gustaría colgar esta fin de semana algunha imaxe da montaña de area que domina a praia da Ribeira. Por favor, se alguén dos que non le ten algunha imaxe que a remita a baionaconsciente@gmail.com. Grazas, sabemos que aínda hai quen ten consciencia e debe saber que BC pode ser o seu altofalante.

Los comentarios han sido cerrados para esta nota