Primeiras críticas desde a oposición

psoe baionaOnte mesmo recibimos unha nota de prensa, que ainda non vimos reproducida nos medios de comunicación nin nos medios dixitais do PSOE baionés, do portavos do Grupo Municipal Socialista, Rafael Lores, en relación coa obra que está a destrozar a praia da Ribeira e semella que tamén a da Barbeira.

O PSOE debería denunciar tamén cómo pode ser posible que tamaño despropósito se estea a cometer coa autorización pertinente da Xunta, de man de Costas. Deben ser xustos e reclamar responsabilidades alí onde os seus compañeiros de partido están a meter a pata e. se fora necesario, reclamar destitucións fulminantes. Somentes así sería creible e loable a súa denuncia.

Reproducimos aquí a nota de prensa, visto que nadie a publicou ata o de agora:

A irresponsabilidade do goberno local devalúa a imaxe turística de Baiona

O Grupo Municipal Socialista esixe o alcale que paralice os vertidos de area nas praias da Ribeira e da Barbeira

A improvisación e falta de criterio e de ideas do equipo de goberno está a levar a Baiona a peor situación dos derradeiros anos.

Non podemos admitir que na primeira semana da temporada turística as praias de Baiona se atopen en esta situación tan lamentable. Xa non foi suficiente a perda das bandeiras azules, circunstancia que prexudicou considerablemente a credibilidade medioambiental dos areais do noso concello. Que agora o goberno sitúa a única praia que ten ese galardón, a praia da Ribeira, apiques de non poder lucir a bandeira.

A actuación que se está a levar a cabo nas dúas praias de Baiona é de dudosa eficacia e pon en serio perigo a calidade dos arnais. ¿ Quén pode garantir que a area que se esta a votar nestas praias e da mesma calidade que a orixinal?, ¿ Cál vai a ser a cor definitiva de esta area de río? ¿Cómo van a quedar estas praias durante a actual campaña?. ¿ Por qué non se fixo esta intervención a principios de ano? ¿Cómo vaia a afectar este vertido ós bancos de marisco?. Todas esas cuestión estanse a facer a maioría dós veciños e veciñas do noso concello, e o goberno non ten resposta. Isto leva o Grupo Socialista a esixir a paralización inmediata do vertido.

Tamén esiximos que se faga un control da evolución do vertido e das consecuencias medioambientais no conxunto da bahía e dos bancos marisqueiros.

Esta improvisación fai que os medios mecánicos que se están a empregar sexan excesivamente agresivos e produzan danos irreversibles nos areais.

Los comentarios han sido cerrados para esta nota