Delito na Ribeira

A colaboración cidadá surtiu efectos e Laura Míguez, concelleira do Grupo Municipal Socialista remitíunos estas dúas descriptivas imaxes, que se describen por sí soas. Unha vergonza. ¡¡Manolo Vilar, dimisión!! e ¡¡Sito Almuiña, dimisión!! (se non o destitúe do cargo).

barbaridade na ribeira delito na ribeira 2

2 Comentarios

  1. Pinto dijo

    30 de Xuño del 2008 a las 10:33

    Isto coido que é falta de control e dilixencia máis que un problema ambiental. Os problemas ambientais están en Ladeira e se non que llo pregunten aos veciños que esta fin de semán pasamos pola rotonda do camping de Ladeira e asistimos a un espectáculo de cheiros de fecais e mosquitos que clama ao ceo. E logo alguén se sorprende de que non teñamos bandeira azul.

    Polo que preguntei sobre este asunto o tema non é que a area que non sabía como desfacerse dela despois do dragado, colleran e a tiraran en calquera esquina. O tema foi que os concellos fóron os que solicitaron esa area para facer aportes sobre os areais.

    Madorra está moito millor que os anos anteriores. Alí xa estenderon toda a area e a cousa quedouche millor do que estaba. Tamén é certo que a area da madorra é mais escura que a da praia da Ribeira.

    O problema é que antes facíase a tontería de coller a area en baixamar e subila á parte superior. Algo absurdo porque en apenas uns meses a cousa volvía a estar igual ou peor se realmente o problema é que a a area desprázase por motivo das barreiras que se construiron no seu día.

    No caso de Baiona non podía ser doutro xeito, ou alguen xa non recorda que se lle advertiu ao Sr. Chicho que os recheors do paseo traerían consecuencias. Ninguén lembra que se dixo que o recheo do parking de embarcacións de Ronautica financiado con diñeiros público de Portos de Galicia, tamén traería consecuencias?.

    Pois agora de nada serve laiarse.
    Os señores do PSOE de Baiona, que eu ainda non atino a que se dedican e se son conscientes das graves deficiencias que padecemos os veciños en Baiona, sobre todo nas parroquias que estamos fora dese círculo da yetset cutre de Baiona.
    Non ten sentido que se queixen dos aterramentos cando a propia dirección de costas é a que esta levando a cabo estas tarefas.

    O que terían que facer é obrigar a que as obras se terminen inmediatamente para que non afecten a actividade normal da praia. E cargar as tintas cos impresentables do concello por permitir iniciar semellantes obras en plena época estival. Ou se fan en marzo ou que agarden ata o remate da tempada. E se o paseo se ven abaixo por que non queda area….pois que o quiten e devolvan algo de espacio ao areal que falta lle fai.

    Apertas.

  2. Baiona Consciente » Sentidiño e mesura dijo

    10 de Outubro del 2008 a las 19:59

    […] a clase política pode ter ver a un Alcalde personarse nos xuzgados por unha acusación tan grave. Fumos contudentes ao criticar os aterramentos da Ribeira e Barbeira cando comprobamos a desfeita, criticamos a actuación do Concello no enfrontamento con Sondeseu (ollo á primeira frase daquela […]

Comentarios RSS