CAHIBA contra a KK

kkdecanSi recordamos a anotación de hai un par de meses, xa diciamos que a asociación CAHIBA non nacía precisamente cun cheiro moi bo. E polo camiño que van semella que non nos equivocabamos tanto. O seu obxectivo no Verán é que non nos enchamos de merda, con perdón. Podían comezar por algúns contratistas, propietarios e políticos que posibilitaron auténticos enxendros no Casco Vello baionés.

Pero non se trata dese tipo de merda, con perdón. Eles miran para abaixo en troques de para arriba. Seica algún desaprensivo consinte que o seu animal de compañía defeque nas pedras do noso fermoso “Casco Histórico” e iso espanta a propios i extranos.

É unha pena que logo de nacer unha nova asociación veciñal, coa boa nova que iso supón no casco urbano de Baiona, se converta en tan breve periodo de tempo nun instrumento de sacar cartos ao Concello e ACEBA para caprichos particulares e campañas ridículas. Entendemos que non todos os veciños do Casco Vello comprenderán que se funde unha asociación para defender os seus intereses debido a certas medidas tomadas polo Concello e que poden considerar desafortunadas, para logo atoparse que acordan con ese mesmo Concello mercar cen pegatinas para loitar contra a temible caca de can.

Quixeramos ver a CAHIBA solicitar a mesma publicidade para os planos e normativa do PEPCHAB que co PXOM, ou aportar ideas para ordear os usos comerciais do Casco Vello, reducindo as molestias para os residentes pero evitando matar o movemento hosteleiro da zona. Lamentablemente nada de iso xurdiu en CAHIBA. ¿Sorprenderannos agradablemente algún día?

12 Comentarios

  1. pepito dijo

    14 de Agosto del 2008 a las 11:21

    Paréceme que a única cousa que cheira mal aquí é a túa páxina e a túa forma de proceder,falando de cousas que non coñeces e que non tes gaña de coñecer,é máis fácil retellar escondido en esta páxina que dala cara.Isto faime pensar que tí sí estás a representar a algún color político e utilizas a asociación como arma arroxadiza,ainda que non sei que gañas con isto.Xa que mencionas o artigo que puxestes fai un par de meses en alusión a asociación de veciños,ti fuches o encargado de intentar enmerdar a asociación sin nin siquera coñecer de primeira man do que estabas a falar.Entérate primeiro antes de falar,invítote a que te poñas en contacto coa asociación e coñezas de primeira man o traballo que están a facer,e despois poderás opinar con información de primeira man.Unha suxerencia,despide os teus informadores xa que non fan ben o seu traballo.Digo isto porque penso que non vives no casco vello de baiona e o mellor non vives a problemática que se vive aquí con cousas como:as merdas dos cans,a seguridade cidadán,sobre todo os fines de semana,a limpeza viaria,as macroterrazas,a circulación no casco vello,etc.mira si hai traballo para facer,se queres axudar xa sabes o que tes que facer,fala menos e actúa máis.Grazas (1ª Parte??)

  2. maria dijo

    14 de Agosto del 2008 a las 13:02

    eu coñezo alguna persoa de da asociacion cahiba e non creo que sean asi creo que tamen estan loitando por algo xusto a pena que meda e que non alla nada pra os outros problemas que ai en baiona eu tamen quero decir que gostariame moito que non uvera necesidade de asociacions por que asi os impostos que pagamos todos irian a parar a os servizos xustos non en outras cousa menos necesarias e que uvera mais transparencia e mais informacion e coordinacion por parte de quen rige o concello tamen digo que aveces as persoas fan entender outras cousas cando falan eu sei polo que o digo un saudo digo sempre perdoade polas falts de ortografia

  3. maria dijo

    14 de Agosto del 2008 a las 14:22

    eu estou reflesionando e intentando ser positiva con todo o que xa fai anos o que esta a pasar en baiona e estou chegando a conclusion que oresultado de malos governos de baiona trae desconfianza ,de todo incluso que cando algo se fai polo ben se desconfia e non ai credibilidade esto e grazas a quen senbrou agora se recolle donde todos os veciños tiñan que ser unidos non son e todo esto e grazas os vos governantes que tivo baiona e amin ferveme o sange cando vexo que saen na televion e dicen esto vai moi ben cando despois se mira que e con perdon unha merda ,digo pra todos e tamen pra min non deixemos que por culpa de malas informacions o por dar a entender algo que nos sigan dividindo que cada un sexa do partido que queira que teña a opiñon que queira e que respete a os demais que os que governan cobran bastante pra que rompan a cabeza eles un saudo esto digo non con intecion de criticar quen no fixo ben ou mal resultado temolo en baiona ata o dia de oxe

  4. baionaconsciente dijo

    14 de Agosto del 2008 a las 17:30

    Prezado pepito, vexo con estupor como os supostos grupos de presión teñen moita máis capacidade de crítica ao alleo que ao propio. Paŕecenos moi ben que nos ofrezades pornos en contacto con vós e recollemos o ofrecimento para, reciprocamente, enviarvos a vós un reto, que é que cada actuación que fagades no-la comuniquedes por correo electrónico e nós o publicitaremos con moito gusto, sempre e cando non sexan asuntos irrelevantes.

    Cando CAHIBA opine sobre o PEPCHAB e critique os famosos estudios para artistas igual desde BC tomaremos a asociación máis en serio.

    BC leva máis dun ano funcionando, ten cáseque 15.000 visitas rexistradas, con más de 800 comentarios, temos erros e non pretendemos ocultalos, pero agora pensa se a túa belixerancia non fai máis que retratar o teu talante. BC está disposta a ser o eco de CAHIBA, en mans da súa directiva está.

    P.D.: Se este blogue mantén aos seus colaboradores no anonimato é para que non se lle colguen etiquetas. BC non ten máis intención que o manifestado nos seus principios. Si repasas as nosas anotacións, decataraste de que criticamos ao PP, ao PSOE, ao BNG e, por suposto, a Manolo Vilar.

  5. maria dijo

    15 de Agosto del 2008 a las 10:48

    tamen penso que estou de acordo que existan estas paxinas o estas informacions por que asi persoas coma min vanse informando e que tamen axa criticas por suposto que se defendan pra min e todo respetable por que se poden cometer erros pero tamen e bo que se recoñezan pra min .seria non etico que se dixera como alguns governates de baiona de que todo vai ben.un saudo

  6. baionaconsciente dijo

    15 de Agosto del 2008 a las 11:01

    Sentimos que podamos ferir sensibilidades cando somos especialmente críticos, agardamos que sirva coma incentivo para que as cousas se fagan mellor, polo menos cando nós recibimos críticas ésa é a consecuencia.

    Agora vennos a memoria o suceso do Concello coa propietaria da Casa dos Ceta, ¿dixo algo CAHIBA? Nos medios non saiu nada e en BC nadie falou no seu nome. Seguimos agardando argumentos, ¿ou é que estaban demasiado ocupados diseñando un can con vasoira e recolledor?

  7. Armadillo dijo

    18 de Agosto del 2008 a las 10:08

    Estou completamente de acordo con que se faga unha campaña para concienciar a xente de que debe limpar a merda que ensucian os seus cans. Agora ben, paréceme que hai outras prioridades. Si se trata de manter limpas e saudables as rúas, poderíase facer campaña contra os fumadores que ensucian cos seus cigarros rúas e praias, poderiase tratar de concienciar a esa xente que bota as gomas de mascar o chan. Tamén Cahiba podería facer unha campaña para tratar dunha vez por todas que o concello instale contenedores baixo terra sobre todo no peirao. Por solución as continuas mexadas na rúa dos viandantes no concello, incluso entre as demandas poderíase pedir que os clubes de copas e cafeterías manteñan limpas as rúas onde están a facer caixa todo o verano. A min todo iso irrítame moito mais que as cacas dun can, e parécenme temas máis serios, xa que cando pisas merda de can e moi engorroso pero a lo menos dicen que trae boa sorte. Ademais non vale de moito concienciar os donos dos cans que limpen a merda que botan as súas mascotas, cando o casco antigo está plagado de animais sen dono, gatos, cans e un exercito de ratas, porque todo iso tamen defeca e ensucia a rúa.
    O chiste nas pegatinas da campaña ademais resulta un tanto simpático, tanto que parece unha broma en vez de unha campaña para concienciar a poboación. A min recordoume a certo capítulo da serie “Aquí no hay quien viva”.
    Saudiños.

  8. maria dijo

    18 de Agosto del 2008 a las 12:15

    armadillo tes razon de que ai cousas mais importantes e que en baiona 1 non se save 2 case nadie fai nada por iso os que governan fan o que lles da a gana un saudo

  9. baionaconsciente dijo

    18 de Agosto del 2008 a las 12:50

    Vemos, Armadillo, que non somos os únicos en pensar que a campaña é un disparate. Por certo que do ofrecimento para colaborar na difusión das actividades de CAHIBA e así acabar “sabendo” do que “non sabemos”, o dobre que a semana pasada: nada de nada.

  10. maria dijo

    19 de Agosto del 2008 a las 15:49

    a todo lles fai falla un tempo por que camdo se empeza e dificil … deamoslle un pouco de tempo e xa veremos ….un saudo

  11. pepito dijo

    21 de Agosto del 2008 a las 13:59

    Se queredes facer un ofrecemento de colaboración a CAHIBA,mellor os teríades que por en contacto co Presidente ou Vicepresidente da mesma e non conmigo,a miña opinión é persoal e non representa a ninguén mais que a mín.Agradecer o correo que me mandastes e que reflexa un pouco mellor a vosa intención,que anque no fondo poidamos estar de acordo en certos aspectos,nas formas non estou de acordo.Dende o respeto ós demáis podemos chegar mellor a un entendemento mutuo entre tódalas persoas.Quería tamén agradecervos a oportunidade que lle dades a xente para que poida espresar a súa opinión persoal.Oxalá que entre todos poidamos mellorar as cousas cun espirito constructivo.Con este desexo me despido ata outro momentiño.Un saudo.

  12. maria dijo

    21 de Agosto del 2008 a las 16:15

    amin gostariame moito que os que leva esta pagina se poderan poñer en contacto con migo e lle explicaria o por que un saudo

Comentarios RSS