Botando papo todo o día

Nestes momentos os listiños de turno apúntanse ao suposto inxenio que en realidade non se trata máis que de caradura e “espabiladismo”. Aparcan en lugares onde outros, empregando a lóxica, descartaron facelo. E o caso da rampa no porto baionés é o máis significativo de cantos hai no nosos concello.

A mesma cara de satisfacción que ten o turista listiño ao deixar o coche onde é evidente que acabará chegando o mar, que as marcas da pleamar ben se ven no cemento, é moi semellante á dos vellos (e non tan vellos) do lugar cando forman multitude ao redor da grúa que tenta que o coche non se transforme en submarino.

O cachondeo é xeneralizado e a risa é máis sonora canto máis de luxo sexa o coche. ¡¡Qué mala é a envexa!! Aplicando a teoría “Manolo Vilar” estalle ben ao turista, porque Baiona non quere listos coma ése de turistas. Se non ten cartos dabondo para pagar un aparcamento, entonces Baiona non o quere aquí. Este principio “xenófobo-económico” no que se valora á xente, xa non polo que é ou polo que ten senón polo beneficio que pode xenerar a súa mera presencia, é un principio non moi solidario precisamente, pero que está moi presente na maioría da xente de Baiona.

Agora sí, ao listiño que aparca onde nadie o fai (por algo será, home) e onde a lóxica nos impide facelo, a ése, adicados van uns maliciosos sorrisos.

8 Comentarios

  1. Armadillo dijo

    18 de Agosto del 2008 a las 10:26

    O listillo seguramente estaba hasta os mesmésemos collóns de dar voltas por Baiona tentando a sorte a ver se quizáis nese momento alguén abandone unha praza de aparcamento. O listillo probablemente marcharase de Baiona cunha idea, a idea de que non se pode aparcar, a idea de que tentar facelo sen pagar unha burrada no aparcadoiro e sinónimo de levar unha multa, de lograr que a grúa ou a pleamar lévese o teu coche, ou de ter a certeza de que outro desesperado por aparcar vai a estar 15 minutos maniobrando por aparcar entre o teu coche e o do veciño, recibindo así unha morea de golpes, vai preparando a pintura…
    Ese turista estou case seguro que non volverá a pisar Baiona, que non volverá a facer un gasto aquí, estou seguro que a partir de agora falará moi mal do noso pobo, e xa sabemos como e a publicidade negativa do boca a boca.
    A culpa en parte e dos nosos representantes na alcaldía, pero a meirande culpa e nosa, que aceptamos que se constrúan aparcadoiros privados co noso diñeiro, para que logo nos cobren por aparcar por horas.
    Eu mais que un malicioso sorriso, a ese listillo adícolle un aplauso, unha boa ovación, e animo os demais listillos e non tan listillos que usen a súa imaxinación para aparcar nos lugares mais sorprendentes, a ver se así danse conta os nosos políticos que a solución no son os aparcadoiros privados…
    Saudiños.

  2. Pepe dijo

    18 de Agosto del 2008 a las 10:43

    Bien vale la sonrisa un lance como éste, pero me parece que no entiendo bien los comentarios: que el del coche flotante se pasó de listo, no cabe duda, que en Baiona es muy difícil aparcar, no cabe duda, pero que la obligación del Concello sea ofrecer una plaza de aparcamiento gratuita a todos los que quieran venir a Baiona, eso sí que no lo entiendo. Lo siento. Un abrazo

  3. maria dijo

    18 de Agosto del 2008 a las 12:10

    pepe non seria xusto que os que veñen de fora tiveran unha plaza gratis e os de baiona non que tamen tiñan que por unha señal pra a visar que cando suve amare o que lle poda pasar o coche que aparca ai pero que lle vamos facer asi e peor funciona o concello e eso que lle fan tanta propaganda non fai falla con estas cousas xa se fan soas prallas , vacas, botellon, coches, contenedores, vandalismo,conciertos suspendidos etc que vou a decir o que todo baiona save un saudo

  4. baionaconsciente dijo

    18 de Agosto del 2008 a las 12:21

    A cuestión non é que cada persoa que teñan un coche deba ter unha praza gratis ou unha de pago. A cuestión é que Baiona non se diseñou con cabeza e que tendemos ao uso excesivo do transporte particular.

    A tendencia tería que ser potenciar os transportes colectivos non contaminantes, coma o tren, e limitar o acceso de vehículos.

    Armadillo, concordo contigo ao 90 %, salvo nas loubas ao mal aparcamento. Si a consecuencia duns malos gobernantes é que marchen turistas enfadados, sentímolo moito por él, que os baioneses pensen nas consecuencias que trae unha mala xestión urbanística.

    Por certo, Baiona tamén ten un aforo limitado, se non caben máis, pois non caben máis. Si vamos a un cine e están todas as entradas vendidas ¿qué facemos?, ¿entrar á sala a ver si entre butacas atopamos un sitio para ver a película? Non, vamos a outro cine e en paz.

    Seguindo co mesmo caso, si os donos do cine ven que o xerente coloca 20 butacas onde poderían caber 60, gañando menos cartos incluso o que vende os flocos de millo, o normal é despedir a ese xerente. Pero non, no noso caso o que facemos é renovarlle o contrato porque meteu ao noso fillo de acomodador. ¿Entendese a alegoría?

  5. Armadillo dijo

    18 de Agosto del 2008 a las 18:48

    As loubas o mal aparcamento son unha ironía, unha metáfora, non estaría de mais que un dia aparecesen todos os coches mal aparcados a modo protesta. Pero loxicamente non vou predicar que iso lévese a cabo.
    A consecuencia de que os turistas marchen enfadados e moi grave, mala fama pode caer sobre o municipio. Que o turismo baixe en Baiona e algo realmente perigoso, xa que a maioría da poboación nos lucramos coa súa presencia.
    Para rematar, estou de acordo que Baiona ten un aforo limitado, pero precisamente estamos a vivir unha situación na que o aforo veuse reducido drasticamente, co interés de que a xente vaia a aparcar o novo aparcadoiro.

  6. Pepe dijo

    18 de Agosto del 2008 a las 19:03

    Sí, pero conviene no mezclar las cosas. Una cosa es la conveniencia, o no, de que haya aparcamientos y otra que se coloque el cuñado del suegro de acomodador. Es más, una cosa es la conveniencia de que haya aparcamientos y otra que no se pueda hacer mejor. Pero que Baiona tiene un problema de aparcamientos y que una de las formas de solucionarlo es construir aparcamientos parece la evidencia misma. Me parece que las soflamas sobran, en general y en particular en este caso. El proceso de urbanización de Baiona es imparable, salvo catástrofe mayor, y eso significa que todos nos veremos envueltos en las consecuencias. ¿Nadie ha intentado encontrar aparcamiento en Madrid? ¿O en cualquier ciudad? Pues Baiona es una villa que tiene los problemas propios de una ciudad cuando las circunstancias así lo ponen. Ni más, ni menos. Y si alguno se siente molesto porque no puede aparcar donde le conviene, doble trabajo va a tener porque lo que no puede ser no puede ser, y además es imposible. Un abrazo

  7. baionaconsciente dijo

    18 de Agosto del 2008 a las 19:26

    Tamén da mal nome a Baiona que se aterren as praias baixo un manto de area negra, que grupos de prestixio non toquen porque non se lle ofrecen unhas condicións mínimas de seguridade, que se invadan propiedades privadas para empregar como almacén municipal, que se den licencias cando non temos un sistema de depuración de augas residuais, que algunhas desas alugas residuais vertan nun espazo natural protexido e o único argumento sexa que a competencia para actuar é de outro…
    Poderiamos seguir cáseque eternamente, para acabar nunca simple conclusión: os nosos políticos non dan a talla e por iso se resinte o prestixio de Baiona.

  8. maria dijo

    18 de Agosto del 2008 a las 20:45

    baiona ten problemas por que coa xente que ven baiona se triplica e si oservizos tamen non aumentan eso si que e un problema e parece ser que en baiona non teñen cabeza pra tanto os governantes fan propaganda e despois ..xa non cordinan mais os servizos non funcionan no inverno como van a funcionar no veran un saudo

Comentarios RSS