Baiona volta a ser mariñeira

Ou polo menos iso parece, logo de ler a nova publicada no Faro de Vigo, onde poidemos enterarnos de que a COnsellería de Pesca vai invertir en incrementar as instalacións portuarias cunha nave duns catrocentos metros cuadrados.

Boa nova que Baiona preste atención aos seus mariñeiros e mariscadoras, xa esta ben de ver para fora e gastar cartos no que non produce beneficios aos baioneses.Que entre feiras de turismo con gastos pagos, festa de turistas e outras zarandainas hai veces que esquecemos que o máis importante é que en Baiona a xente viva todo o ano do seu traballo.

Con todo o máis rechamante da nova é a foto que a acompaña, onde podemos ver a membros da cofradía de pescadores (¿porqué non a chamarán a cofradía de mariñeiros?) e a membros da Consellería de Pesca. O que non nos encaixa é que pinta o concelleiro socialista Rafael Lores.

Claro que sabemos qué pintaba alí, saía na foto aproveitando que acudía o compañeiro de partido a vender a moto das inversións. Estamos en campaña, compañeiros, xa fixo o mesmo o BNG co tema do Centro de Dïa, no que os concelleiros chupaban cámara como se se lle fose a vida nelo. É unha lástima que se empreguen tácticas que noutrora recibían a máis feroz das críticas cando xurdían das filas populares. Hai unha carroñería que impide que os políticos tomen conciencia da súa labor de xestión. Agora resulta que a Xunta invirte máis de catrocentos mil euros nunha obra para os mariñeiros e resulta que non convocan ao Alcalde nin ao concelleiro responsable da área correspondente. Igual é que non lle chegou a carta ou a recibiu pero non considerou oportuno acudir. Para qué nos imos enganar, estamos en medio da precampaña, apúranse os prazos e acábanse os contratos dos conselleiros da Xunta.

¿Daranse conta de que non somos parvos e sabemos de sobra o que fixeron ben e o que fixeron mal? Gañarán un puñado de votos da ignorancia e o servilismo pero perderán unha chea de apoios da xente que suplica por unha política seria alonxada do populismo.

11 Comentarios

  1. Roberto dijo

    26 de Agosto del 2008 a las 8:49

    Coido que o enfoque que se lle da a anotación de hoxe está trabucada.

    Que o Sr. Lores esté na foto, non é comparable con que os Concelleiros do BNG saisen na foto do centro de Día.

    Coido que temos que medir coa mesma bara.

    Cando os Concelleiros do BNG sairon na foto do Centro de Día, alí estaba tamén, O Alcalde, a Concelleira de Urbanismo, o Sr. Lores, a Concelleira do PSOE Sra. Laura, o Director Xeral, O Delegado Provincial, e como non tamén os Concelleiros do BNG, faltaría máis que non estiberan.

    O caso que nos ocupa hoxe é moi distinto, xa que do Goberno municipal só aparece o Sr. Lores.

    Estou totalmente de acordo coa nota, pero me parece que meter o BNG no mesmo saco é un erro, do contrario, amósame algunha foto onde aparezan representantes da Xunta só con membros do BNG e sen a compaña do resto de membros do Concello.

    A Xunta é unha institución que non debe ser partidaria, xa no seu día o PP a fixo partidaria e sectaria, e o PSOE tamén nalgúnha ocasión o está a facer.

    Mentres non se demostre o contrario non somos todos iguais, ainda que moitos intenten facer que sexa así. Por sorte, todavía quedan algúnhas persoas que están en política por principios e non por intereses.

  2. Roberto dijo

    26 de Agosto del 2008 a las 8:52

    Con respecto a denuncia da paralización das obras do Centro de día?.

    Acaso non é cometido da Oposición denunciar aquelo que non se está facendo?

    Si se lle fose a vida en sair na foto os concelleiros do BNG, Ana Mª Rodriguez non sairia de espaldas na foto, e non aparecería o Sr. Alcalde, por exemplo.

    Que se prentende que faga a oposición, que se quede na casa ata as vindeiras elección municipais?

  3. baionaconsciente dijo

    26 de Agosto del 2008 a las 10:15

    Roberto, cando alguén ten razón, hai que darlla. É verdade que non é equiparable polo que argumentas. Un detalle que se nos escapou pero que cómpre destacar e rectificar.

    Que se participe das inversións da Xunta a todos os grupos políticos con representación é un loable empeño de certos Conselleiros da Xunta, efectivamente do BNG.

    Pero que Ana Mª Rodríguez saia de costas e o Alcalde salga na foto mostra a pillería duns e doutros por saires na foto.

    Que sirva este comentario como rectificación ao anotado.

  4. rafa lores dijo

    28 de Agosto del 2008 a las 9:50

    A fotografía a que fas referencia é do 26 de outubro do 2007, fai un ano. Non estabamos en campaña. Tampouco se trataba de unha visita institucional da Consellería de Pesca,era unha xuntanza xestionada polo Grupo Municipal Socialista para informar a confraría, que estrenaba Patrón Maior, do estado dos proxectos da consellería. O Grupo Municipal Socialista entende que non debe limitarse a facer critica, temos a obriga de procurar achegar as distintas administracións para facilitar a tarefa que estan a desenrolar os distintos colectivos do noso concello.

    Saúdos Rafa Lores

  5. Xan dijo

    28 de Agosto del 2008 a las 12:28

    Se é certo o que comentas Rafa, deberías de podir explicacións o Faro de Vigo, xa que si ves o enlace podese observar como no pé da foto pon: “Un momento de la reunión de ayer entre representantes de la Consellería de Pesca y miembros de la Cofradía. / rafa estévez”

    Coido que a dirección da Faro de Vigo lle podería interesar se iso e certo, xa que o fotógrafo debeu de cobrar pola foto sen facela de novo.

  6. rafa lores dijo

    28 de Agosto del 2008 a las 13:53

    Xan, abre o enlace e confirma a data. Saúdos Rafa ores

  7. maria dijo

    28 de Agosto del 2008 a las 15:42

    e as fotos de solidariedade de cabo verde que ai necesidades e tamen mui humano ……e os de baiona …..non o que

  8. Diego dijo

    28 de Agosto del 2008 a las 17:50

    Supongo que los lectores de BC estarán tan confundidos como yo con este post. Da la impresión de que se está haciendo una valoración sobre una noticia de 2007 en 2008 como comenta Rafa Lores. Creo que sería oportuno hacer alguna aclaración sobre el asunto.

    Gracias. Un saludo,

  9. Xan dijo

    28 de Agosto del 2008 a las 19:24

    Rafa, tes razón, desculpa a miña metedura de pata.

    Logo, debería ser BC quen de explicacións, NON.

  10. maria dijo

    28 de Agosto del 2008 a las 20:04

    quisen decir que criticabamos a rafael loren pola foto pero non se critican outras que so afan pra que dar ben como cabo verde ai moitas mais pero cando alguen pide disculpas por equivocarse doulle 3 oles que ballan aprendendo os que governan e iso que so somos cidadans

  11. baionaconsciente dijo

    30 de Agosto del 2008 a las 18:07

    Certo é que a foto resultou non corresponder coa nova, pero non por iso a crítca cae en saco roto.

    ¿Quén acudiu á xuntanza?, ¿invitouse ao Alcalde e aos demáis grupos da Corporación? Non nos quedemos na anécdota, por favor, sobor de todo logo do paripé montado esta semana co amago de adianto electoral, somentes para que o Presidente da Xunta dea unha imaxe de independencia con Madrid.

Comentarios RSS