Urbanizando o monte

Primeiro querían pistas de oito metros para chegar aos muiños de vento, logo inzar o mar de embarcacións recreativas e agora saen coa idea de asfaltar unha pista porque seica que hai quen vive en San Cosme. Os irrespetuosos co medio non paran de esquencer o importante que é o respeto ao medio ambiente e que debemos adecuarnos a uns mínimos e máximos na relación coa natureza que nos rodea.

Neste caso a “intelixente” iniciativa parte da Plataforma Veciñal de Baiña e a tamén participa do desmadre a Comunidade de Montes de Baiña, ainda que parece ser que coa oposición dalgúns membros da directiva da mesma. O próximo será talar árbores para facer un aparcamento e logo supomos que quererán un centro comercial para non ter que baixa a Baiona a mercar. Todo isto para unha soa vivenda habitada todo o ano e media ducia de turistas no Verán.

Xa na campaña das Municipais se falara do problema de subministro eléctrico que tiña o pequeno poboado, xa que en ningún caso era rendable achegar unha liña eléctrica a un punto tan alonxado de núcleos de poboación. Este caso resulta moi curioso, xa que si claqueira baionés ten unha finca onde vai facer a súa casa, éste ten que pagar o cable desde o poste do veciño ata o seu propio, que tamén terá que pagar. Namentres Fenosa a facer caixa co subministro. Pois no caso de San Cosme igual debería suceder.

Outra opción sería apostar polas enerxías renovables. non só pedimos que os propietarios tomen esa iniciativa, igual o Concello podería anotarse un tanto presentando un proxecto innovador onde o barrio de San Cosme fose autosuficiente enerxéticamente. Posibilidades hai moitos, outra cousa é que haxa capacidade e inxenio para apostar por esta vía.

E voltano á pista forestal que se quere urbanizar, calqueira veciño que teña pasado por San Cosme ben sabe que a pista cumpre os requisitos mínimos para acceder ás vivendas. O que igual non saben é que no novo PXOM baionés esas vivendas quedarán fora de ordenación e que en todo o seu entorno hai importante presencia de restos arqueolóxicos. ¿Plantexáronse a Comunidade de Montes e a Plataforma Veciñal de Baiña recuperar eses valores ou prefiren soterralos nun par de toneladas de pedra e alquitrán?

Como guinda ao pastel, pretenden colocar unha moi católica escultura, pero como vai ser a cousa en terreos privados, alá cada quen coa súa idea de xerar iniciativas en favor dos veciños da parroquia.

1 Comentario

  1. carlos dijo

    22 de Setembro del 2008 a las 13:35

    ¡Bravo e noraboa BC!. Por falar con sinceridade no despropósito de S.Cosme. Claro que é políticamente correcto rpometer asfalto nunha campaña electoral, e tendidos eléctricos etc, pero afortunadamente chega un momento e, sobre todo, chegan voces, que fan posible que as prioridaees sexan prioridades e as outras cousas queden no capítulo dos desexos ou dos proxectos de futuro.

    Coido que a pista forestal a San Cosme é mais que suficiente para permitir o acceso rodado ó lugar e sobrada para quenes gustamos de camiñar pola natureza.
    Polo que respecta ó suministro eléctrico á zona, paréceme máis urxente que o punto anterior. O coste de leva-lo tendido alí era difícilmente asumible. A iniciativa que plantexas, BC, de buscar algunha alternativa paréceme moi interesante e de seguro que hoxe temos tecnoloxía a bo precio para dotar a San Cosme e o entorno de Chan de Lagoa do suministro eléctrico suficiente.

Comentarios RSS