Calidade fronte a cantidade

Aproveitando a ponte que orixinou a festa de San Cosme e San Damián para tomarnos uns días de relaxación lonxe dos ecos da política municipal e pouco despois de iniciarse o novo ano político, permitímonos reflexionar sobre feitos ou aconteceres que si ben afectan á clase política en xeral, vemos con preocupación como acentúan as graves deficiencias da calidade dos nosos representantes no Concello.

É un feito que temos unha excesiva representación política para a nosa extensión xeográfica e poboacional. En Galicia moi poucos concellos teñen máis de 20.000 habitantes. Exceptuando as sete cidades, das cales realmente a presión poboacional a exercen Vigo, A Coruña e Santiago, moi poucos concellos poderían ter a suficiente base poboacional como para promocionar un corpo político suficiente como para que poidesemos elexir aos nosos representantes polas súas ideas e non só pola súa capacidade de xestión.

O erro fundamental é que moitos políticos somentes son xestores, xa que logo, convértense en funcionarios con contrato temporal, elexidos cuatrienalmente nas urnas. Os políticos deberían ser o definidores das liñas xerais a seguir, os creadores de conceptos, ideólogos máis que executores das accións. Pero para acadar ese corpo de políticos coas ideas claras e tempo para reflexionar sobre os camiños a seguir, precisariamos que tivesen unha formación adecuada, vivisen experiencias e compartisen as mesmas con homónimos doutros lugares.

¿Cál é o problema para acadar esta calidade? Pois que o número de representantes é excesivo en relación ao número de representados. Esta proporción debe compararse con outra, que é o promedio de persoas o suficientemente coñecedoras do seu medio, das bases da teoría e a práctica política e a conciencia precisa para adicarse ao exercicio da política. En Baiona a primeira proporción de representación municipal é dun 1,5 por mil, ou sexa, por cada mil habitantes temos ao redor dun político e medio. Exceptuamos, por suposto os eufemísticamente chamados “cargos de libre designación”. No caso dun concello como o de Madrid, por exemplo, a proporción equivale a un representante político en Pleno Municipal por cada 50.000 habitantes. A diferencia é notable.

¿Cál é a consecuencia desta diferencia de proporcións? O habitual é que a calidade política disminúa, sobre todo se o aparato dos partidos políticos primasen as valías persoais e non as afinidades ideolóxicas nos diferentes sectores ou as ambicións persoais.

Xa hai un tempo en valminor.info plantexouse unha enquisa sobre si sería decuada unha agrupación dos tres concellos do Val Miñor en ún só. Daquela non pensabamos que fose unha idea que triunfase e non apostamos por ese discurso. Hoxe, coa desilusión creada pola pouca calidade política baionesa o vemos como unha posible solución.

Complementariamente non podemos de deixar de criticar o métido proporcional de elección dos nosos representantes, a famosa Lei D’Hont non é máis que un sistema de perpetuar as políticas de partido fronte as políticas da diversidade, o diálogo e as persoas. Temos dous camiños cara onde avanzar, ou ben imso definitivamente cara un sistema bipartidista, obtendo como resultado o modelo norteamericano das fanfarrias fronte as ideas, ou nos miramos no espello do pluralismo e o diálogo do modelo brasileiro nado en Porto Alegre, onde o diálogo e a participación da cidadanía imperou sobre as ansias de poder e decidir dos políticos.

16 Comentarios

  1. Diego dijo

    28 de Setembro del 2008 a las 10:55

    Interesante apunte, aunque no comparto la idea de que la calidad de los políticos tenga que ver con la proporción políticos/población en un ayuntamiento. Otra cuestión sería analizar individualmente la dimensión de cada corporación (asesores incluidos). De hecho no creo que con corporaciones de menor tamaño la calidad se incrementase. En el caso de Baiona, no me parece desmedido tener 17 concejales lo que sí resulta vergonzoso es tener 4 teniente-alcaldes.

    Por otra parte, no veo porque la calidad de los políticos mejoraría si tuviéramos una única corporación a nivel Val Miñor en lugar de la actual. Personalmente, creo que la calidad de los políticos depende de las “reglas de juego” y con las actuales muy pocas variaciones podemos esperar con relación a lo que hemos tenido. Y como ejemplo me vale Madrid, ciudad en la que las “reglas de juego” ponen a Ana Botella en primer plano “político”.

    ¿Pesimismo, optimismo? Para quienes compartan que la democracia es un horizonte hacia el que debemos dirigirnos la situación actual invita al optimismo ya que hay mucho margen de mejora pero para quienes, aún compartiendo la idea citada de democracia, piensen que estamos dando pasos hacia atrás, el pesimismo será su estado de ánimo actual.

    La reforma de la Ley electoral es uno de esos pasos que parece que empezamos a dar y si se acepta el planteamiento partidista del PP será un paso atrás. Pero hay muchos otros pasos a dar. Por ejemplo, viendo el debate presidencial en EEUU sentí sana envidia escuchando a McCain criticar Guantánamo o simplemente, reconociendo que no apoyo a Bush en todo aquello que planteó durante sus 8 años. Actualmente, en España, esa situación es imposible que suceda.

    Un saludo,

  2. maria dijo

    28 de Setembro del 2008 a las 15:03

    non seria desmedido sempre e cando eses 17 concejales traballasen o almenos o intentasen cada un no seu departamento e facelo o mellor piosible … cando todos o casi todos savemos perfectamente que en estes momentos non e asi sobre todo no caso de coodinacion que cando se le pregunta …con que administracions ..de baiona estandes en coordinacion ..contestan non me acordo en estes momentos sobre os 4 tenientes alcaldes ….quen son .e…que fan ….. e canto lles pagamos nos … por nada un saudo

  3. Pepe dijo

    28 de Setembro del 2008 a las 17:54

    Dices: “a famosa Lei D’Hont non é máis que un sistema de perpetuar as políticas de partido fronte as políticas da diversidade, o diálogo e as persoas”. Dices también: “…ou nos miramos no espello do pluralismo e o diálogo do modelo brasileiro nado en Porto Alegre, onde o diálogo e a participación da cidadanía imperou sobre as ansias de poder e decidir dos políticos”. De modo que, sumando ambas cosas, no sé por qué te molesta que haya tantos consejales: es la forma de contrarrestar la ley D´Hont y de facilitar la respresentación popular. La cuestión es que no caben atajos: si consideras que los representantes no son los buenos, tendrías que profundizar algo más para no limitarte al simple efecto de que haya 17 concejales, y no 11, por decir un número. A priori, parece que la relación votos/concejal en Baiona, según tus cuentas 1000/1,5, permite una representación plural, como de hecho ocurre, y suficientemente apurada del apoyo a los distintos candidatos. El problema son los candidatos. Ese es el problema. Y los motivos que les mueven. Y no si son muchos o pocos. Claro que, al final, la última palabra la tienen los electores, pero ¡vaya usted a pedirles cuentas! ¿O sí? Un abrazo

  4. baionaconsciente dijo

    29 de Setembro del 2008 a las 9:10

    Interesantes reflexións, Pepe, na base podemos coincidir, mais o que pretendemos decir é que a democracia participativa non se fundamenta nunha maior proporción de representantes, senón en que éstes deben escoitar aos seus representados constantemente a través de asembleas participativas.

    Deste xeito nin os políticos poden argumentar que non sabían as preferencias da cidadanía (ou presupoñelas) nin a cidadanía pode queixarse de falta de diálogo.

    Como ben dís, a maior número de representantes, máis opcións para as ideoloxías minoritarias, mais non se trata de que se escoiten as minorías, que está ben, senón de que todos podamos opinar, asumindo logo a decisión maioritaria, por suposto.

    Un dato que non reflexamos e que aumenta o abismo da capacitación é que a proporción 1000/1,5 é respecto aos nosos representantes, pero nas eleccións cada opción política debe presentar polo menos dezasete nomes. ¿Qué partido político pode presumir de que eses dezasete nomes serán ao cento por cento bos políticos coa formación adecuada? Todos sabemos as dificultades que teñen os partidos para encher as súas listas, non digamos xa con xente preparada.

    Si, como dí Diego, queremos unha reforma electoral e envexamos as discrepancias que se ven no modelo americano, apostemos polo modelo de listas abertas.

    Qué razón tes, Pepe, cando dís que o problema son os candidatos.

  5. Diego dijo

    29 de Setembro del 2008 a las 10:05

    María,

    Podríamos tener menos concejales pero nadie nos garantizaria que trabajasen más o mejor. Lo único que nos queda a los vecinos es votar y controlar durante cuatro años el trabajo que se hace. Y al volver a votar ser consecuentes con lo visto.

    BC,

    Mucho me temo que la reforma de la Ley electoral no incluiría un sistema de listas abiertas.

    Pregunta: ¿a qué tipo de “formación política” nos referimos?

    Un saludo,

  6. Pepe dijo

    29 de Setembro del 2008 a las 10:52

    La Constitución vigente atribuye a los partidos políticos, además de la función de expresar el pluralismo político, la de concurrir a la formación y manifestación de la voluntad popular y ser instrumento fundamental para la participación política. Mientras no cale la idea de que la vida interna de los partidos nos afecta porque son ellos quienes eligen a los candidatos y por lo tanto no se debe dejar en manos de unos pocos tan importante labor, no se hará más que marear la pava. Mientras los electores sigan creyendo que la vida interna de los partidos no les afecta, o que todos son iguales, no habrá forma de solucionar el problema de los candidatos, ese sobre el que, tan genericamente, podemos estar de acuerdo. Todo lo demás son músicas celestiales. Y por cierto, para quienes envidian a los americanos, recordemos que las primarias se producen dentro de cada partido. Un abrazo

  7. baionaconsciente dijo

    29 de Setembro del 2008 a las 12:09

    Efectivamente, Pepe, a cidadanía non quere participar nos partidos políticos porque teñen medo a unha vinculación que lles perxudique na súa vida, todo polo propio sectarismo dos partidos e os seus integrantes. “Ése é do PP, ése é do socialista, ése é do bloque”, excluímonos como se os demáis fosen apestados.

    Existe unha evidente contradicción no actual sistema electoral, no que concurren os partidos políticos con listas pechadas pero logo atribúe a acta do escaño á persoa física que obtén o mesmo. Isto posibilita esperpentos como o que estamos a ver en Mos, por exemplo.

    En nada envidiamos aos norteamericanos, mais non está de máis decir que en cada comicio electoral aproveitan a convocatoria para resolver dúbidas mediante multitude de referendums, esa figura á que tanto medo lle teñen algúns, sendo a máxima expresión da vontade dun pobo.

  8. Pepe dijo

    29 de Setembro del 2008 a las 14:17

    Dentro de poco, dos o tres semanas, se renovará la Ejecutiva de la Agrupación del PSdG-PSOE de Baiona. Me parece éste un acontecimiento de la máxima trascendencia para el futuro del Gobierno Municipal, pues está claro que no puede haber alternancia de gobierno sin los socialistas. El hecho de que salga elegido uno, u otro, no sólo afecta a los mlitantes del partido: afecta a todos los habitantes del municipio. ¿Alguien lo sabía? ¿Alguien sabe quiénes pueden ser los posibles candidatos a la Secretaría? ¿Alguien sabe que para ser candidato hay que contar con un apoyo popular prospectivo suficiente? ¿No debería pues manifestarse ese apoyo popular a los candidatos de su preferencia y hacer así de estas elecciones unas primarias, algo un poco más próximo a la idea de representación que el ordeno y mando de los cargos nombrados a dedo? A lo mejor los partidos tienen la culpa por creer que a nadie le interesa. Sin embargo,una mayor publicidad les vendría bien. Publicidad en ambos sentidos, claro. Es decir, transparencia. Por ambas partes, también claro. Antes de llegar a las elecciones hay un largo camino que recorrer, y ese camino se hace dentro de las agrupaciones. Un abrazo

  9. baionaconsciente dijo

    29 de Setembro del 2008 a las 16:34

    Gústanos moito a túa reflexión, Pepe, abrir as portas dos partidos políticos ao pobo posibilitaría tamén un incremento da militancia.

    O PSOE ten en BC un foro perfecto para que as súas candidaturas publiciten a súa campaña á Executiva Socialista.

    O problema é que para moitos partidos este sano debate vese como división interna, ou polo menos pola prensa que normalmente non é afín, non digamos xa por parte dos adversarios políticos.

  10. carlos dijo

    29 de Setembro del 2008 a las 19:06

    Aos partidos políticos acude a xente por afinidade ideolóxica e por propia vontade. Por pouco mais que o DNI un pode facerse militante de calqueira formación. A partires de ahí o traballo, a claridade de ideas, a capacidade para xestionar un grupo humán, motivalo, plantexar obxectivos alcanzabeis, etc, van facendo ós líderes dun xeito bastante natural.

    Mesmo a cidadanía empeza a valorar o perfil dos representantes políticos moito antes de vota-los nas urnas. Normalmente xa son referentes sociais sin necesidade da política.

    Si os militantes non están cegados polo sectarismo, elexirán a os mellor capacitados de entre eles, por todas aquelas cualidades citadas, para dirixilos e presentalos para asumir responsabilidades públicas. Que o proceso selectivo se faga vía primarias, é decir cunha campaña reglada durante varios días antes, ou se faga directamente nunha asamblea con tódo-los militantes, paréceme cousa menos importante.

    Hai polícos e incluso líderes que o son gracias ó seu control orgánico do aparato do partido (p.ex. Rajoy) e os hai que nacen dende o apoio exterior, alleo ó aparato e incluso alleo ó partido (p.e. candidatos independentes), e os hai tamén que suman as dúas características e, estos, parécennos mais completos a todos.

    Ocurre por desgracia que a función política está moi devaluada social e económicamente. Non existe relación entre a dedicación que esixe a política coa valoración social do político e a remuneración económica. Esta xa é unha gran criba que elimina a moitos posibles bos candidatos. Por outra parte ó diluirse a carga ideolóxica en tódo-los partidos, actúa tamén coma un disolvente para elevar as pasións que o exercicio da política tamén esixe.
    Así os cargos políticos veñen sendo ocupados por xente que xa é funcionario ou empregado público, que non ten profesión definida ou que, en todo caso, se presta a adicar á politica un tempo moi limitado da súa vida. Entre todos eles os hai bos, malos e regulares pero o abano de candidatos queda moi reducido e moitas veces pode chegar a ser pouco representativo da sociedade.

    Con respecto ó que comenta BC o respecto das asambleas como instrumento óptimo para a toma de decisións políticas, atopo unha paquena contradicción cando alude ó exceso de representación con 17 concelleiros de Baiona ou a súa pouca capacidade. Si estes 17 con vocación política declarada dan o rendemento que dan, cómo pensar en que 12.000 baioneses xuntos en asamblea serían máis sabios, traballadores, altruistas, honrados, entregados á comunidade, etc.

    Por outra banda penso que as asambleas -en especial nas que hai que adoptar decisions- son o caldo de cultivo dos mais radicales, dos mais ideoloxizados, dos discursos mais demagóxicos e, o ambiente creado, o máis lonxano -salvo as dictaduras unipersonais- a garantir a mellor representación e máis fidel expresión de todo-los cidadans. Tanto o país dos soviets como os consellos obreiros tiveron a sua oportunidade. Os resultados non acabaron precisamente en máis democracia.
    Ao respecto de Porto Alegre, non creo que Evo Morales, Chávez e outros indixenistas nos podan dar leccións de democracia e representación.

  11. carlos dijo

    29 de Setembro del 2008 a las 19:47

    Releo a BC e donde di que os políticos deben escoitar máis ós cidadans o suscribo totalmente. Coido que algún se acordará das reunions no Auditorio para explicar xestión municipal e dar a palabra ós veciños para que comentaran o que quixeran. Desapareceu aquela práctica , mais non lembro escoitar apenas a ningures que as botaran de menos. Chego á conclusión de que a xente quer saber da política e dos asuntos públicos o xustiño.
    Polo tanto si a aquelas reunións do Auditorio asistín arredor de 250 veciños, é representativa a opinión alí expresada?. Non será só a opinión de Fulano ou Zutano?.
    Coido que as eleccións e as campañas electorais son o momentos para que os partidos e os candidatos expliquen o seu programa de intencions; dun xeito exhaustivo e sometelos a debates públicos. Despois, cos votos apañados, a xestionar. E así cada catro anos.
    Por certo: quén sabe o que se coce no PSdeG-PSOE de Baiona?. Ten razón Pepe que esto sí que debería interesar ós baioneses. De verdade que en poucos día vai elexir nova executiva?. Penso que tanto a executiva saínte como o grupo municipal explicarán a xestión realizada este ano. Convertirase BC nunha plataforma de debate entre os socialistas?. E entre socialistas e cidadáns?.

  12. carlos dijo

    29 de Setembro del 2008 a las 20:31

    Esto do blogue é como comer manises. Sigo.
    E xa postos, qué di o BNG?. Cómo se plantexan o traballo político despois de repetir cos dous concelleiros?. Se conformarán no mellor dos casos con robarlle votos o PSOE?. Si o PSOE traballa con un discurso de esquerdas ó electorado de esquerdas e o BNG ó electorado nacionalista máis os de esquerdas que non voten PSOE, se construirá así unha maioría de alomenos 9 concelleiros?. A min non me acaban de sair as contas; por eso agardo con moito interés opinioms nacionalistas.
    Por último: non está levando Almuiña e o PP un mandato que mais parece un camiño de rosas, incluso sin espiñas?.
    Insisto: nin vexo tantos esquerdistas/nacionalistas en Baiona, nin vexo desgaste algún dos pepeteros. Que me expliquen PSOE e BNG qué van facer para tratar de gobernar dentro de pouco máis de dous anos e medio.

  13. baionaconsciente dijo

    29 de Setembro del 2008 a las 20:39

    Carlos, comezando polo final, agardamos que si hai un debate sobre a nova executiva socialista en Baiona, éste sexa entre os cidadáns e o PSOE, ésa é a intención de BC.

    En moitas cousas coincidimos cos argumentos de Carlos, pero non imos deixar pasar que se fale de Evo Morales ou Chávez como pouco demócratas e non se mete no saco a un Presidente dos EEUU que invadiu un país ilegalmente, ten unha prisión ilegal activa que incumpre todos os dereitos humáns, que gañou as súas primeiras eleccións mediante pouco claras maniobras de validación de voto e que na súa reelección non permitiu observadores internacionais porque “EEUU non tiña que acreditar a súa honorabilidade”.

    Por certo, que si o país dos soviets e os consellos obreiros tiveron a súa oportunidade e fallaron, o sistema capitalista tamén tuvo a súa e tamén fallou. A crítica a Chávez pola nacionalización dunha filial do Santander en Venezuela criticouse con virulencia, sobre todo por un grupo de comunicación con importantes intereses económicos en Sudamérica, mais cando ten que acudir o liberal goberno dos EEUU, Gran Bretaña ou, máis recentemente, Francia, Bélxica e Luxemburgo iso considérase unha “medida de salvación” para un sistema que falla por todos os lados.

    Agora arguméntase que “fallaron as persoas, non o sistema”, benvidos ao argumento de porqué fallou o comunismo. Todos os sistemas son perfectos na teoría, é o home quen os corrompe.

  14. carlos dijo

    29 de Setembro del 2008 a las 23:23

    EEUU perdeu moito nos últimos anos como exemplo de gobernos sensibles con fundamentos democráticos e de respeto ós dereitos humans. En todo caso eu estaba a matizar o entorno de Porto Alegre e por eso falaba de algunhas negativas experiencias latinoamericanas. Polo mesmo motivo tampouco fixen mención á Rusia de Putin ou ao modelo chinés.
    Un tende á socialdemocracia e para elo miro máis cara Alemaña, Holanda ou os países nórdicos, polos seus arraigados principios de solidariedade e tolerancia. Gran Bretaña, coa súa tradicional política tan baseada na vitalidade do seu parlamento, segue a ser na miña opinión o máis depurado modelo democrático de control do goberno e da importancia do papel da oposición. A división de poderes -a súa independencia- non é pouca cousa e o respeto as libertades individuais non ten equivalente no mundo.

  15. Diego dijo

    30 de Setembro del 2008 a las 10:15

    No seré yo el que defienda a Bush en este foro, pero creo que es importante distinguir entre la Administración Bush y el sistema democrático estadounidense. Ayer mismo, la democracia estadounidense dió un buen ejemplo sobre la división (limitación) entre poderes rechazando la Cámara de Representantes el “plan de rescate” de Bush. Es decir, limitación entre el ejecutivo y legislativo. Repito, lamentablemente, impensable en España.

    Saludos,

  16. maria dijo

    3 de Outubro del 2008 a las 10:17

    diego por loxica cando se vai a votar sexa eu como calquer ciudadano que non entende de politica so o que e xusto o non vai a votar con a esperanza de dar con o politicos xustos e deben ser que os cartos o non sei o que despois canbia eu sigo pensando que co que se lles paga podrian facelo moito mellor que se e quevoquen somos humanos pero o peor non e que se equiviquen seno que 1ºque non escoiten a os cidadan .. 2º que non respeten 3ºque non asuman as criticas 4ºque aopiñon dos cidadans e os demais partidos non lles interese 5º non ai dialogo 6falta de respeto º descordinacion7º eu falo de baiona que e o que coñezo e para rematar se o meu comentario o mellor non parece xusto pero suguro que e o que penso un saudo

Comentarios RSS