Fuga de talentos

Esa característica falta de autoestima que caracteriza aos baioneses, que fai que sempre nos referenciemos con Vigo por mór de que o interlocutor extranxeiro non sepa onde queda a nosa vila mariñeira, sempre nons impediu recoñecer os enormes potenciais do noso concello e dos nosos veciños. Así, si un político local vende un proxecto, rímonos na súa cara e mirámolo con incredulidade, agora ben, se un señorito traxeado que vén de fora nos fai unha presentación e nos quere vender o mesmo proxecto, entonces asinamos sen dubidar de que o progreso chegou a Baiona.

Logo pasa que os talentos que temos ao noso redor levan premios no estranxeiro e nós apenas temos a delicadeza de saludarlles pola rúa, de darlle subvencións e aupalos no éxito xa nin falamos. Así, se tivesemos un campión olímpico ou similar, deseguido alguén sairía a pór a feder á súa familia ou a desmerecer o éxito do baionés con éxito. Trátase dun mal moi extendido e chámase envexa.

Toda esta reflexión vén orixinada polo artigo do Faro de Vigo que fala dos circenses Fiesta Escénica, que traballaban en Baiona para levar o seu espectáculo a todos os lugares. En Baiona xa os poidemos ver traballar co grupod e teatro, representando o espectáculo titulado Cinderella. ¿Cómo pode ser que estes artistas non estean desenvolvendo actividades permanentemente en Baiona? Debe ser que non quedaron cartos logo de pagar a Julio Mengod.

3 Comentarios

  1. carlos dijo

    29 de Setembro del 2008 a las 19:31

    Martín e a súa xente eran/son un grupo moi interesante pola sua creatividade, xenerosidade e frescura. Dis, BC, que “traballaban” en Baiona. É que xa non están entre nos?. Sería lamentable. Unha aperta a todos eles.

  2. baionaconsciente dijo

    29 de Setembro del 2008 a las 20:41

    Queremos decir que traballaban organizando actos como o de Cinderella, como ben dí o artigo do Faro de Vigo, non organizan nada en Baiona por falta de apoio institucional.

  3. buxo blanco dijo

    30 de Setembro del 2008 a las 8:37

    craro esta xente vive e come do seu traballo e no seu momento e o politico de turno ainda encima de regatearlle no precio dos seus espectaculos despois pagaba a 9 ou mais meses,home dieta mediterranea si pero…..ademais a xente de baiona e arredores estaba encantada con eles maiores nenos etc e non digamos dos seus espectaculos anemos divertidos pintorescos e coloristas(NON COMA ESES TEATROS QUE A NOSA CONCELLEIRA DE CULTURA NOS TRAE PRA O VRAN)xamais vistos por estes lares,sen duda alegrame por MARTIN E COMPAÑIA polo moito que levan traballado y ai estan os resultados en españa e europa,craro que eiqui debemos ser un caso aparte,bueno eu creo que canto mais zopenco sexa o persoal millor iralles a outros.BRAVO FIESTA ESCENICA POLO VOSO TRABALLO

Comentarios RSS