En colectivo, ¿mellor?

Agora vai ao asalto da Área Metropolitana o colectivo veciñal vigués. PP e BNG os apoian e ao señor Caballero debe darlle reparo sacarse a foto con eles, logo da revolta polo do Plan Xeral, porque no fondo está coa reclamación veciñal. Igual se lle baixan os fumes ao Alcalde de Vigo cando veña unha sentencia xudicial anulando o texto urbanístico.

O caso é que a señora Elena, presidenta da Federación de Veciños viguesa, encabeza una iniciativa lexislativa popular para levar o asunto a Parlamento e haxa un pronunciamento que desatasque unha normativa que permitise ertebrar adecuadamente a relación existente entre Vigo e a súa área de influencia.

Recentemente a Consellería de Política Territorial publicou as Directrices para a Ordenación do Territorio e antes a Consellería de Vivenda e Solo o seu Plan Sectorial. Ambas iniciativas afectan moi directamenteá futura área metropolita de Vigo, de tal xeito que non podemos entender unhas sen as outras. O trío área metropolitana – DOT – Plan Sectorial definirá o desenrolo da zona máis poboada e influinte de toda Galicia.

Baiona xógase moito nestas decisións e non pode quedarse á marxe namentres outros deciden por ela. Xustanmente ése é o dobre fío da navalla chamada Área Metropolitana. Si se constitúe para dar saida ás problemáticas da cidade a costa do modelo que desexamos para o noso concello, non teremos gañado nada. En troques, si aproveitamos a potencialidade duns e doutros, todos gañaremos co cambio.

A nadie se lle escapa que un dos problemas fundamentais será o do transporte, ata o de agora moi deficiente a pesar da morea de cartos que se teñen investido en accesos de dudosa efectividade. A solución é aquelo que hai uns dez anos algúns xa demandaban namentres na Xunta se embarcaban en faraónicas autoestradas: os camiños de ferro.

Si hai un transporte seguro, limpo e rápido, éste é o tren. Curiosamente algo que funciona con normalidade en toda España, en Galicia non existe. Os famosos Cercanías facilitan o acceso ás cidades e redunce o número de coches nas rúas. Complementariamente non poderiamos deixar de reclamar unha tarxeta “tarifa plana”, que xa se estableceu noutras cidades como Valencia. Trátase dunha tarxeta cun custe fixo mensual e que permite o acceso sen límite aos transportes públicos.

Pero éste é somentes un caso dos moitos que se producirán: saneamento, subministro de auga, servizos de ambulancias, bombeiros, vertebración de polígonos empresariais son unha pequena parte dun longo etcétera que deberemos desenrolar unha vez teñamos definido claramente o modelo de Área Metropolitana que desexamos. Iso sí, sin perder a identidade característica do Val Miñor.

Los comentarios han sido cerrados para esta nota