Abrazando ao mar

Hai quen dixo que Sabarís creceu de costas á Foz do Miñor e non lle faltaba razón, hoxe a nova estrada pola Foz deixa ver as vergonzas dunha parroquia que pode recuperar o seu esplendor si vai adiante o seu proxecto de humanización. Baiona tampouco se queda atrás en venderse a mellor postor, esquecéndose da histórica relación que os seus cidadáns sempre tiveron co mar.

Agora o arqueólogo Xosé Lois Vilar, unha sorte de luz nas sombras da sociedade baionesa, vai presentar un libro no que se recolle toda a toponimia das nosas costas, concretamente desde Panxón á Guarda. Eses nomes que os nenos non coñecen porque non hai quen llo ensine, quizáis porque para o noso sistema educativo é máis importante saber quen reinou en Alemaña no século XIV que que coñezamos o noso entorno máis próximo.

No seu habitual traballo de impulso á cultura e o patrimonio, o Instituto de Estudos Miñoranos edita este libro que se presentará na lonxa de mariñeiros ás oito e media deste serán. Haberá que pasarse por alí, polo menos para ver quen aparece. Pero sobre todo para que o IEM nos deleite coas súas habituais postas en escea, actuación musical incluida, desta vez a cargo da Coral Polifónica de Baiona. Cita ineludible do panorama cultural baionés.

Unha última reflexión con certa maldade, ¿apoia e/ou financia a Concellería de Cultura esta iniciativa?

6 Comentarios

  1. Ruxe-ruxe dijo

    1 de Outubro del 2008 a las 13:49

    Non é que apoie ou financie, se non que, como de costume todo aquilo que non sae da organización directa do Concello ou dalgún grupo afín, non ten axuda e, pola contra, si se lle poñen peros e cambadelas para que non se faga nada.
    Ao parecer, non había local en toda Baiona para facer iste acto que, precisamente, fala de Baiona e o seu patrimonio marítimo. E, despois de atopar a que, por outra parte lle vai moi acaído, non se axuda e non se facilita a amplificación para o acto.
    Asi vai o país e así lle vai a Baiona.

  2. RUXERUXE dijo

    1 de Outubro del 2008 a las 17:32

    A última é que ás 14,30 horas de hoxe, o señor Vilar negou as sillas de madeira do concello para o acto. Seica ten interese en que a xente que asista teña que estar de pé ou, o que para el sería mellor, se aburrise ou cansase e se fora ou non aista ao acto.
    Dewmocratas coma íl hai moitos en Baiona. Tempo ao tempo que, como dí o refrán, coloca a cada un no seu sitio.
    Vergoña. Dame vergoña ter que pisar o emsmo chan que pisa xente como este personaxe.

  3. maria dijo

    1 de Outubro del 2008 a las 22:21

    eu xavin e pasaronme moitas cousas pero polo visto verei moitas mais pero como dixen moitas veces estamos os baioneses /a que dando como a suela dos zapatos por culpa de persoas que cobran dos nosos inpostos e peor e que nos representan fora e dentro . sempre enchen a boca decindo nas noticias que sacan e lles conven…..miramos o ben dos cidadans de baiona ..e o ejemplo mais claro e este entre outros moitos uns que se saven e outros que non lles interesa que se sepan o normal e que se atenda non so as persoas que veñen no vran se non todos con cortesia respeto e etc se ve que que esta xente coñece moito tanto sobre o trato como o cortes .. e o acoller con amabilidade non so a uns senon a todos por que en iso vai … o saver estar da xente de baiona e vostedes …..señores que nos representan teriades que actuar asi ……que vergonza todos nos merecemos un respeto e una boa a collida un saudo

  4. Roberto dijo

    2 de Outubro del 2008 a las 8:15

    Onte, unha lonxa ateigada, e non de peixe, poido presenciar un acto espectacular.

    Dende a acutación de Coral de Baiona, a cal coas súas cancións, nada lle tiña que envexar o son do mar.

    E como non, coa verba do autor.

    Co seu saber, coa súa sátira, coa súa voz.

    Non se pode pedir máis, parabéns para o IEM e como non, para o PROFESOR.

  5. buxo blanco dijo

    2 de Outubro del 2008 a las 8:53

    preguntabades ou deciades quen ia a asistir?,pois si coma sempre nun acto cultural nosa representante a concelleira de Incultura nun estaba presete que VERGOÑA,bueno ela so perdeu,os que ali estabamos o pasamos en jrande como decimos aqui oindo a Xose lois e a Coral de baiona un grande coro a altura dun grande traballo,seguide asi que os poucos ,bueno poucos eramos moitos estaremos sempre apoiando este tipo de iniciativas,un saudo

  6. maria dijo

    2 de Outubro del 2008 a las 10:41

    por un lado teño moita pena de quen nos representa por outra estou contenta por que se save isto .pero asegurovos que ai moito mais que e de pena teño confianza que poida canbiar e que baiona non sexa de uns poucos se non que baiona e de todos un saudo

Comentarios RSS