Clases de urbanismo

Seica na vindeira reforma educativa unha das novas materias será o urbanismo, porque a verdade é que estamos a ver que é un área que inflúe notablemente nas nosas vidas. Na situación actual de crise (sí, nós tamén caemos na tentación de falar dela) nadie dubida xa que a mezcla de liberalismo e urbanismo derivou nun cóctel mortal.

O Concello de Baiona, coas licencias urbanísricas suspendidas por mór da aprobación do novo PXOM, sin saber en qué situación da mesma se atopa nestes intres e nun momento de paralización total do mercado inmobiliario, atópase cos seus políticos declarando nos xuzgados por unha acusación de prevarización. Onte xa afondamos na cuestión concreta e hoxe a prensa faise eco das declaracións dos membros do Goberno Municipal.

Unha cousa é certa, si realmente os feitos contituiran delito grave, ¿non estaría a oposición coas garras afiadas e atacando día si e día tamén na prensa? Pois non, o tema semella ser o concurso pola explotación do aparcamento da Palma. Ou a oposición anda nas berzas ou é que a cuestión teríase plantexado fora quen fora o Alcalde nestes momentos. No que non podemos deixar de pensar é na vinculación familiar dun dos afectados co asesor xurídico do Concello. Está mal pensar mal da xente, é máis bonito dar confianza á xente. Mais hai veces en que a malicia pode máis que a bondade. De ser bondadoso a ser parvo non hai máis que unha moi fina liña que nadie quere traspasar.

11 Comentarios

  1. Alalá dijo

    8 de Outubro del 2008 a las 13:20

    Teño entedido que a oposición preguntou nun pleno pola citación no xulgado dos membros da Xunta de Goberno e parece que o alcalde dixo que no sabía nada e non deu información ningunha.

    De todos modos creo que lle corresponde o xuíz decidir si os feitos constitúen delito ou non e non a oposición.

    O deber da oposición será en todo caso pedir responsabilidades políticas o alcalde e o seu equipo, incluídos asesores que non debemos olvidar que foron contratados polo alcalde.

  2. baionaconsciente dijo

    8 de Outubro del 2008 a las 18:25

    Acertas de pleno, Alalá. Que o Alcalde garde silencio ante preguntas da oposición xa é norma, desgraciadamente, no noso Concello. O Señor Almuiña ten medo de meter a zoca, cousa por outra parte moi habitual no seu equipo de goberno. Non digamos xa á hora de falar de xuizos e acusacións.

    Deixemos que actúe a xustiza e logo, efectivamente, pidamos responsabilidades, caia quen caia.

  3. xose enrique dijo

    8 de Outubro del 2008 a las 23:27

    Debemos ser pacientes e esperar a que a xuez dicte sentencia xa que sera a maneira de coñecer quen ten a razon xa que somentes no xulgado se coñecen todolos datos de interes para poder resolver dunha maneira xusta.
    En todo caso dende o BNG, creemos que o Alcalde debera de cambiar a traxectoria que leva o urbanismo en Baiona e debera de traballar con os tecnicos municipais e deixar dunha vez por todas de traballar con asesores externos, ou acaso non conta con unha secretaria que cobra cada mes mais de 4000€,por outro lado a falla de axilidade en esa concellaia reflexase na cantidade de expedientes que son aprobados por silencio administrativo (peri3, obra ilegal de Barros, ect,etc), isto pode dar unha idea do caos existente quizas debido a que a Concelleira responsabel tan so a autorizan a temas de pequena embergadura, cando se trata de temas de calado, sempre apareze M. Vilar polo medio e o Alcalde achanta sen dubida porque lle importa mais o sillon que os intereses do veciños, esta situación e a que suelen acabar moitos expedentes como a de hoxe nos xulgados, porque a xente ademais chega un punto que xa esta cansa de tanta ineptitude.

  4. Xan dijo

    9 de Outubro del 2008 a las 3:59

    Non me estraña que se teña que acudir finalmente o Xulgado, xa que non Concello, non temos maneira de poder exercer os nosos dereitos con garantía.

    Existen moitos casos sen resolver, sobre todo na área de Urbanismo que é a que nos ocupa hoxe, por poñer un exemplo.

    Un Veciño solicitou no mes de Febreiro deste ano poder levantar un muro derrubado polas choivas e ainda a día de hoxe 7 meses despois todavía dende o departamente de Urbanismo non se dignaron a contestar.

    Neste departamente están acostumados a acollerse o silencio administrativo para logo se aparecen denuncias de veciños actuar según lles interese políticamente.

    Só fan caso das peticións dos seus achegados, do resto olvídanse delas ou as deixan aparcadas a espera de si aparece algúnha denuncia.

    Fan política para os seus amigos, e non o disimulan nin un pouco, de todos xeitos, son máis da metade dos Baioneses os seus afins. Co cal poderíase decir que gobernan exclusivamente para unha maioría.

    O resto atópase na lista negra.

  5. Rafa Lores dijo

    9 de Outubro del 2008 a las 8:40

    O Grupo Municipal Socialista lamenta profundamente a imaxe que, o actual goberno, está a dar do nosos Concello. A principios do verán foi o vertido de area na Barbeira e na Ribeira, logo o medallazo, e agora temos o Alcalde sr. Almuiña e a totalidade da Xunta de Goberno comparecendo no Xulgado por un presunto delito de prevaricación. É a situación mais preocupante dos derradeiros anos.

    Somos respectuosos co procedemento xudicial e non facemos valoracións, pero si queremos pedir responsabilidades políticas por esta situación a que nos levou o actual goberno municipal, non é casualidade, é a actitude de prepotencia, de falta de sensibilidade e de transparencia na xestión do Alcalde o que nos leva a esta situación de desprestixio da imaxe exterior de Baiona.

    Non se pode responsabilizar de esta situación a técnicos e asesores. A responsabilidade é unicamente do alcalde e do equipo de goberno que son os que toman decisións. Tampouco debemos esquencer que foi o alcalde quen contratou os distintos asesores.

    O Grupo Socialista confía plenamente na Xustiza. Si a decisión dos xuíces é continuar co procedemento, estudaremos persoarnos como acusación, para coñecer a legalidade de todas as actuacións do Alcalde e o grupo de goberno e defender os intereses das veciñas e veciños de Baiona.Saúdos Rafa Lores

  6. maria dijo

    9 de Outubro del 2008 a las 9:31

    eu non vou aentrar en mais comentearios que o que fixen xa eu preguntome … que pasa cando calqueira veciño teña un problema e non dispoña de cartos para levar a un xusgado …que traballan para conveniencia de unha minoria eso tamen o vexo eu que a conselleria de urbanismo non funciona pode ser esta avista con as queixas que se sinten siceramente no concello oxe en dia …. que funciona …nada … enton para que o quien estamos pagando e moitos esforzandose en pagar os impostos balla lio un saudo … que alei faga o que teña que facer

  7. carlos dijo

    9 de Outubro del 2008 a las 9:45

    Por fortuna a Xustiza, con maiúscula, non necesita que a clase política e os cidadáns manteñamos coma un sortilexio esas declaracións de “respeto”, “prudencia”, etc, ante as suas actuacións no desenvolvemento das altas competencias que ten confiadas. A xustiza fará o seu traballo co tempo que precise e, a tenor da sentencia ou sobreseimento do caso, ou arquivo de dilixencias, acusador e acusadores, interpelados e interpelantes e cidadáns en xeral teremos a qué atenernos en canto as consecuencias prácticas do asunto en sí.

    Bueno, todo esto é unha obviedade; pero eu quero volver a plantexar algunha cuestión previa que sí se presta a análise, mesmo a análise apasionada, coma a vida mesma.
    Por exemplo, si non recordo mal, a solicitude de licencia para o terreo en cuestión frente á Palma, preséntase no concello no mes de Xuño de 2007. A partires de ahí, e pasaron 15 meses, faise un espeso silencio no que o solicitante non atopa resposta administrativa oficial e o concello, por razóns non explicadas – e a oposición, en nome dos baioneses, sí as demandou nada menos que en pleno municipal- non atopou resposta e sí un soterrado malestar interpretado ademáis polo alcalde como un ataque persoal: xa se sabe o tan reiterado “con el pan de mis hijos no se juega”.

    Por qué un goberno local, a administración local, non contesta a unha petición formal presentada por un cidadán. Cabe maior desprecio cara ó administrado?.

    Por qué admitimos con toda naturalidade que ante unha pregunta feita pola oposición no cumplimento das súas funcions de representación dos cidadáns, non obtén resposta por parte do alcalde?.

    Por qué admitimos unha e outra vez ó longo dos cinco anos que Almuíña leva na política baionesa que calqueira crítica política cara a él, é contestada por este como un acoso persoal e non so político que é en realidade o que é, e polo que os cidadáns pagámoslle o que gana?.

    Por qué non decimos nada cando toda a xunta de goberno desfilou polos Xulgados sin decir outra cousa que votaron o que os técnicos presentaron, si todos sabemos que o asesor xurídico foi fichado polo propio Almuíña -poñendo en cuestión primeiro a función do secretario municipal e despois a do arquitecto do concello- e que moitos dos informes utilizados polo goberno en temas clave – Aral, Peri 5, por ex.- foron informes feitos por encargo para cumplir obxectivos políticos?.

    Claro que temos que deixar á xustiza traballar e respetaremos a súa decisión, por suposto, pero eso non pode impedir tratar de analizar algunhas cousas que pasan no noso concello e que son de todos sabidas e que, por riba de todo, non nos gustan nada.

  8. Pepe dijo

    9 de Outubro del 2008 a las 10:59

    Reconozco la cazurrería caciquil a primera vista, y parte de ella consiste en utilizar los silencios para dejar hacer. Y si nadie dice nada, pues adelante la cosa. Brillante estratagema para lavarse las manos por si algo sale mal (porque la gente vaya usted a saber). En su momento permitirá decir “yo no hice nada”, añadiendo, “que caiga la justicia sobre el culpable” (el otro) (alguien) (la mala suerte). Todavía no se han enterado muchos de que la democracia ha llegado, y no porque votemos cada cierto tiempo (que también), sino porque significa que las autoridades están al servicio del ciudadano, y no jugando con él. He sido víctima durante años del silencio administrativo del Sr. Almuiña. Me ha costado un esfuerzo considerable obligarle a darse por aludido. Y, como decía al principio, reconozco el ademán airado del cacique local. Para eso no me hace falta esperar la sentencia del juzgado. Un abrazo

  9. carlos dijo

    9 de Outubro del 2008 a las 11:23

    ¡”sactamente” Pepe!, de eso se trata. Unha aperta.

  10. baionaconsciente dijo

    9 de Outubro del 2008 a las 13:36

    Tes razón Pepe, a política do “tí fai que namentres non haxa denuncia..” tería que acabarse.

    Pasaba coas licencias de obra, coas dos locais e con todo aquelo que para o político que tivera que decir non lle costase votos. A nova alternativa é culpar á Xunta, por iso de que cambiou de cor.

    Por certo que parte da polémica que se está a crear artificialmente coa execución da Lei de Costas vén destes “silencios”.

  11. Baiona Consciente » Xustiza e política, e van… dijo

    3 de Xullo del 2009 a las 22:33

    […] Trátase dun novo capítulo entorno á non concesión de licencia en pleno centro de Baiona. Xa falamos do asunto cando os políticos pasaron a declarar e agora lles toca á Secretaria Municipal e ao Asesor […]

Comentarios RSS