De dependencias e independencias

Algúns queren vendernos “o galego” como unha etiqueta diferenciadora e, incluso, de calidade. Pero o camiño vai por elexir o próximo antes que o de fora porque realmente iso nos beneficiará económicamente dun xeito moito máis directo.

Todo é mentira, amigos. Un claro exemplo o tivemos no día de onte, cando R estivo en xaque por culpa dun incendio nada máis e nada menos que nas aforas de Madrid. ¿Ten sentido? Pois semella que sí, R non é maís que unha etiqueta para unha empresa que depende dunha das operadoras máis importantes de europa. Decepción e morqueo ao mesmo tempo. Un bache máis nos camiños da internet.

2 Comentarios

  1. carlos dijo

    19 de Outubro del 2008 a las 17:58

    Se me ocurre lembrar aquí o caso de Euskaltel, co lehendakari Ardanza na sua presidencia, e a súa forte implantación en Euskadi. Pero claro, ésa foi unha aposta estratéxica de país no que se relaciona coas telecomunicacións … e a investigación e desenvolvemento.
    O de R é simplemente lanzar un novo competidor por parte dun grupo de empresas galegas, ou incluso non tan galegas, para levar un trozo do pastel. Neste caso non houbo nin estratexia de país nin aposta política.
    De la Peña, que está mirando unha proba ciclista dende o sillón, me recorda que Euskaltel patrocina o exitoso equipo vasco de ciclismo; en Galicia ao equipo ciclista patrocinábao Karpin, aquel ruso espabilao que tivo, durante anos, coa boca aberta a toda a clase financieira e empresarial deste país.

  2. Roberto dijo

    20 de Outubro del 2008 a las 8:46

    Concordo tanto con BC como con Carlos, nas súas reflexións.

    En Galiza sempre tivemos todo de cara para poder ter unha operadora própia.

    Temos xa unha empresa pública chamada Retegal (Redes de Telecomunicación Galegas) con unha rede xa desplegada por todo o país, para a difusión da sinal de radio e televisión.

    Os gobernos que tivemos ata o de agora nunca se lles ocurriu aproveitar o potencial desta empresa pública para combertela na empresa pública de telecomunicacións de referencia, preferion seguir subvencionando a empresas como Telefónica nunha primeira instancia, recordemos aquelas millonarias subvencións para a implantación das liñas RDSI en Galiza, que serviu para poñernos a cabeza en canto a liñas RDSI instaladas por empresa, pero que non solucionou para nada o acceso a Banda Ampla.

    E logo as milloranrias aportacións tamén a denominada “Operadora Galega R” que o único que busca é o maior beneficio posibel, por outra parte totalmente lícito, xa que se trata de outra operadora privada, e o único que busca e dar solución alá onde máis poboación existe.

    R está a desembarcar no noso concello, xa nos fenderon boa parte dar rúas no centro de Baiona, pero alguén pensa que chegarán a Baredo, Belesar, Fontes? por poñer uns exemplos.

    A R só lle interesan o “Edificios”.

    ¿Qué pasa entón con veciños de estes lugares que mencionei antes?. Nin R nin Telefónica, que lles queda?.

Comentarios RSS