Recuperar a memoria tamén é cousa do Val Miñor

Durante moitos anos se viviu a longa noite de pedra no Val Miñor. Logo chegou a imposta cortina de fume que tamén nos impediu falar do que pasara cos noso antergos. Hoxe debemos afrontar sen medo a época da clara verdade, aquela na que poderemos falar sinceramente de cómo uns veciños mataron aos outros polo simple feito de pensar diferente.

Os que realmente se sinten identificados cos opresores tentan buscar argumentos descalificadores para negar o evidente: a barbarie das fosas comúns e os pasamentos indiscriminados. Hoxe ainda hai familias que non poden honrar aos seus mortos porque non saben onde os deixaron tirados os mercenarios da represión. Ése é o único argumento posible.

Na Volta dos Nove o IEM levou a cabo un traballo de saneamento da memoria histórica. Non falamos de recuperación da memoria porque nunca se perdeu. Todos sabiamos o que pasara na curva dos nove e a historia pasou de pais a fillos. O que pasaba era que se trataba dunha historia de consumo interno.

Hoxe en día ainda hai familias que teñen vergonza daquelo porque familiares seus estaban co dedo no gatillo, estaban no bando dos asasinos. Igualmente duro ten que ser asumir este feito e hai que ser comprensivos. Máis fácil é ter un familiar mártir que ún asasino. Pero que unha persoa determinada participara naqueles repugnantes actos non quere decir que hoxe teñamos que sinalalos co dedo, salvo que sigan empeñados en que se fixo ben.

Todos os movementos recuperación histórica deben servirnos para a reconciliación que non se produxo na Transición. Como ben dixo Garzón, a Lei de Amnistía non era tal, era unha Lei de Impunidade.

E nesta laboura o IEM en xeral e Carlos Méixome en particular están a realizar un interesante traballo no Val Miñor. Agardamos con impaciencia o traballo definitivo para devoralo como fixemos co traballo da Volta dos Nove. É hora da reconciliación e todos teñen que pór da súa parte. Lamentablemente ainda hai sectores da dereita que non queren pasar páxina, co fácil que sería ir da man en algo que simplemente non ten discusión.

5 Comentarios

  1. carlos dijo

    22 de Outubro del 2008 a las 13:33

    O pasado sábado, no acto na “curva dos nove”, Carlos Meixome plantexou algunha cuestión que a min paréceme interesante como primeira medida de saneamento: retirar de fontes, lavadeiros públicos, iglesias e capelas os símbolos do xugo e as frechas que aínda campean neles.
    Os grupos municipais ben poderían presentar mocions nos seus respectivos concellos para dar cumprimento a este obxectivo.

  2. Diego dijo

    22 de Outubro del 2008 a las 16:35

    Carlos,

    en mi opinión es un requisito legal según la Ley de la Memoria Histórica pero mientras se debían retirar los símbolos franquistas del pueblo el Sr. Almuiña estaba centrado en el reparto de medallas.

    Un saludo,

  3. xose enrique dijo

    22 de Outubro del 2008 a las 23:25

    No tempo que me tocou gobernar conseguimos retirar varios signos franquistas,entre eles, ademais das flechas, os nomes da vergonza que cambiaron nas distintas ruas, de actos asi son os que pasado un tempo siguen enchendome de orgullo.
    Respecto o artigo onde di:(de cómo uns veciños mataron aos outros polo simple feito de pensar diferente.)si mo permitindes engadiria (e tamen en moitos casos por intereses económicos)

  4. maria dijo

    24 de Outubro del 2008 a las 11:33

    hola xose enrique eu concordo contigo e tes razon menos mal que uvo moitas persoas que loitaron pola nosa liverdade de expresion e polos nosos dereitos pero hoxe ainda alguns e ti savelo que non poden facer como antes pero que tamen fan mal e eu refierome que un cando fala non pode por que suelen facer represalias non de matar anadie se entende senon de non sentilos problema que poden ter o decindote …..contigo non teño nada que falar e etc… que abusan que eles poden por que estan apollados por xente como esa un saudo

  5. maria dijo

    24 de Outubro del 2008 a las 11:42

    espero que todas a quelas familias que durante tantos anos de pena poidan encontrar a seus seres queridos para que apena almenos se llepoida aminorar savendo donde os teñen e levandolle flores o simplemente rezarlle unha oracion todos os meus respetos …..a toda estas persoas darlles as medallas …porque fan tanta propaganda no veran ….por que non se encargan de facer un dia especial para toda esta xentiña que lle roubaron a vida sin aber feito nada e as suas familias un saudo

Comentarios RSS