Lenta burocracia e rápidas ferramentas

Efectivamente, como ben dixo no día de onte algún dos nosos ilustres Conscientes Baioneses, a última acta do Pleno Municipal publicada na web do Concello é do pasado Maio. Dín que as cousas de palacio van despacio, mais si a acta do Pleno anterior lese no seguinte, o normal sería que a mesma sufrise como muito un retraso de dous meses (un mes ata a ratificanción en Pleno e outro para engadir as modificacións solicitadas, sendo xenerosos). O procedemento desde o remate definitivo da mesma ata a súa publicación na web non debería ser moi longo, ¿ou non ten ADSL o Concello?

Ou sexa que ata Marzo do 2009 non poderemos comprobar o dito sobre que o señor Almuiña nos mencionou no Pleno. Un privilexio reservado a moi poucos. ¿Falaría ben ou mal? Unha incógnita que tardará en despexarse.

Pero lonxe de tentar os temas de debate entorno á nosa figura, é certo que sendo BC unha importante ferramenta de difusión da política municipal que pode ser empregada por moitos e que somentes a empregan uns poucos, tamén o é a páxina web do Concello e tanpouco se emprega con demasiada asiduidade, precisamente. A última nova inserida ten data de primeiros de mes e trátase do obradoiro de graffitis que se desenvolverá esta fin de semana.

Si o señor Alcalde coñece da nosa existencia quer decir que nos visitará de cando en vez. Pois dúas propostas lle facemos desde o noso humilde blogue:

Primeiro.- Todos aqueles comunicados que desexe emitir serán moi ben recibidos en BC para que se debatan como se fai habitualmente neste foro baionés.

Segundo.- Opine dos temas que se tratan. Encantados estaremos de poder compartir puntos de vista ou de discrepar ata aceptar ou descartar encontros. Os camiños ata un mesmo punto son diversos e non somentes hai ún válido. ¿Porqué non tentamos todos atopar aquél que máis nos una?

2 Comentarios

  1. maria dijo

    25 de Outubro del 2008 a las 13:42

    NON SO SON AS ACTAS NO CONCELLO DE BAIONA VAI TODO COMO VAI SE SUPON QUE TEÑEN QUE SAIR OS ANUNCIOS DOS TRABALLOS PRA QUE OS CIDADANS SE PRESENTE QUEN QUEIRA AS VECES NON SAEN ….POR QUE… AS ACTAS XA NON DIGO NADA SALTA A VISTA CANDO SE VAI A PEDIR UNHA INFORMACION … XA SINCOMENTARIOS ENTO FAGOME A PREGUNTA …..E POR QUE VAI DESPACIO ….OU POR INCOMPETENCIA ….UN SAUDO

  2. Diego dijo

    31 de Outubro del 2008 a las 15:11

    Ya se puede leer la acta del último pleno en la que, efectivamente, se habla de un blog “que non é o do BNG”

    Saludos,

Comentarios RSS