Blogs e webs dos nosos políticos, ¿péchase o círculo?

Nos inicios de BC, concretamenta na nosa cuarta anotación, fixemos unha reflexión sobre a presencia dos partidos políticos baioneses na rede e o resultado era certamente desalentador, incluso voltamos a reflexionar sobre o tema cando o PSOE se lanzou a empregar as ferramentas dixitais para expandir o seu traballo.

Nestes días chegounos un pequeno chivatazo dun dos nosos Conscientes Baioneses e puidemos coñecer dun modesto blogue presuntamente baixo a tutela do PP baionés. E decimos presuntamente porque pola súa actividade e contidos non podemos realmente crer que ese traballo estea en mans dalgún membro da executiva local do PP baionés. De todos os xeitos e salvo rectificación expresa, incluiremos o enlace no noso listado de ligazóns.

Non se actualiza desde o 23 de Xaneiro, esta última anotación é un enlace a un video que xa non existe e outro que non fai máis que facer mofa do Presidente do Governo e no que pon na mesma liña a Zapatero, Pepiño Blanco e Arnaldo Otegi.

O resto son varias anotacións dun días atrás, cando se inaugurou o blogue, incluso hai unha leve referencia a un suposto “eco-liberalismo”, algo que do que o señor Aznar non debe ter coñecemento.

Agardamos que ese blogue non estea xestionada pola Executiva Local do PP baionés, porque sería unha vergonza. Pero si fose así, estariamos encantados de poder difundir as súas propostas e compartir enlaces para que podan entrar no sano xogo do debate que están a practicar no noso blogue o PSOE e o BNG. Iso sí, non consideramos procedente que enlacen un video descalificativo, sobre todo tratándose do partido que exerce as labores de goberno no noso concello. ¿Qué lle parecería ao señor Almuiña que no blogue do PSOE ou do BNG colgasen un video facendo mofa da súa persoa, da súa familia ou dalgún dos seus compañeiros de partido? Pois iso, que non fagamos o que non queremos que nos fagan.

13 Comentarios

  1. barrabí dijo

    31 de Outubro del 2008 a las 15:09

    Supoño que será parte do talante co que governa o PP, ca súa política de crispación na oposición, e a súa mensaxe clara de consenso e de “desgoverno para todos, pero contra todos”.

    É unha magoa que non se actualice, o igual que a ilustre páxina de CM. Sempre é bo que queden patentes as posicións dos outros partidos que forman parte da política local, non so que lean o BC, tamén das súas opinións. Todo enriquece.

    Aínda que a mensaxe de que Zapatero nos leva a ruina tamén é triste e non é agora momento de analizala xa chamada “crise ninja”. Esperemos remover as súas conciencias e motivalos para que nos deixen máis perlas do estilo.

    Un saudo, e perdoade polo meu galego de andar por casa.

  2. maria dijo

    31 de Outubro del 2008 a las 17:18

    dices ben barrabi tamen estou leendo por encima a acta do pleno do dia 3 /10 /2008 don donde xose enrique preguntalle polas sillas polo acto da cofradia e el contestoulle de que o concello non foron invitados e terian que ser por respeto institucional eu falo de manolo vilar pois ben e dirialle a o señor vilar que cando no concello sepan o que e orespeto acia o cidadan que o pidan senon dirialle que mentres no no pidan un saudo

  3. carlos dijo

    31 de Outubro del 2008 a las 19:21

    Qué é a “crise ninja”?.

  4. barrabí dijo

    1 de Novembro del 2008 a las 8:56

    http://www.microcaos.net/actualidad/la-crisis-ninja/

    Eso é a explicación de andar por casa da crise, que a fin de contas, o que lle interesa os que van sacar a crise adiante, son explicacións de andar por casa, e con esto estoume a referir os cidadáns.

  5. carlos dijo

    1 de Novembro del 2008 a las 11:21

    Falar, e moito máis poñer por escrito algunhas ideas, supón asumir que quen as escoite ou lea pode disentir do escoitado ou leído. A partires dese momento as razóns que pode esgrimir o outro poden por en cuestión os propios principios. É un exercicio perigoso para o que se precisa entrenamento, boas dosis de tolerancia e capacidade autocrítica e ata humildade para recoñecer a razón no outro.

    Cando un pensa que a razón lle ven dada pola gracia de Deus, porque Baiona é tradicionalmente de dereitas ou porque os non nados en Baiona soio veñen a enredar -tese ésta utilizada con reiteración polas dereitas desta Vila, e de toda-las vilas que temen perder os seus privilexios e o seu modo paternalista/clientelar de gobernar- cando sucede todo esto, non é oportuno dar opinións, confrontar ideas e falar na praza pública. Que falen e escriban eles, que despois xa iremos nós polas casas, porta a porta, falando mal de este “roxo” -que así é como din- e aquel outro separatista; facendo un favor persoal eiquí e acolá pero sempre pondo precio: o voto.

    Para qué falar, dar opinións -co comprometidas que poden chegar a ser- si co xeito habitual de traballar estamos na maioría absoluta?.
    Por qué procuparse da crise no comercio e hostelería en Baiona?; por qué incrementar poboación? si a base do control político dos veciños reside na súa indefensión baseada na pobreza económica e cultural, na súa extrema debilidade como cidadáns soberanos. A autonomía económica e cultural dá independencia; os novos veciños que se domicilian en Baiona, non dependen de clans familiares fácilmente controlables e ademáis traen ideas novas que poden chegar a ser perigosas si se empezan a ocupar dos asuntos públicos.

    O statu quo en Baiona está novamente pechado para os próximos anos salvo sorpresa maiúscula. Sociolóxicamente eu atrévome a decir que hai un retroceso cara a épocas que se consideraban superadas. A presencia relixiosa católica é rechamante en todo tipo de manifestacións cívicas; a pobreza da oferta cultural -salvo iniciativas do IEM ou IGADI, núcleos progresistas sospeitosos aos que hai que aturar- contrasta co noso nivel de poboación residente e flotante; a falla dunha mínima preocupación para ocuparse realmente de xerar emprego en Baiona -polígono empresarial?-, vivenda protexida -parcela municipal dos Tendais?-, etc, todo elo son cuestións que condicionan a vida cotiá en Baiona. E todo esto está sacramentado polo apoio nas urnas.

    Para min o desinterés da dereita baionesa por comunicar, desinterés por convencer, vai moito máis alá dunha páxina web non actualizada ou un blog donde non se escoitan as súas voces, aínda que sexan sintomáticos. En Baiona, aqueles que quixéramos unha Vila máis viva e máis libre temos un problema e é que temos que gañar unha a unha as vontades dos baioneses con ferramentas humildes: moito traballo, moitas razóns e moita espranza.

    En fin, haberá días mellores. Éste está moi gris. Saudos.

  6. maria dijo

    1 de Novembro del 2008 a las 11:59

    pramin cando se falta o respeto sexa politico ou non so se pode sacar unha conclusion eu persoalmente teño amiña creo que moitas veces se confunde dar opiñon que e libre con reirse das persoas tamen vexo esta pagina do pp escrito asi donde me ferbe a sange por que e mentira testualmente…………………………….
    benvidos aoblog do pp.
    este blog foi creado para todos aquelas persoas a fins o partido e os que non son .
    esperamos ver os vosos comentarios e suxerencias sobre os feitos do pp a todos os niveis . o pp de baiona esta aqui para escoitarvos e como non para aprender das bosa criticas pois non nos olvidemos que o deber do bo politico e de mellora-la vida dos seus conciudadans . ……………. .
    un saudo

  7. maria dijo

    1 de Novembro del 2008 a las 12:10

    volvo a criticar a pouca ou ninguna seguridade que teñen os nenos de covaterreña entrada e salida da escola e pp mellorades a vida …enton a que esperades e pidovos por favor ….que son nenos e o noso futuro un saudo tamen pra vos de unha baionesa que ten medo que calqueira familia pase un mal momento

  8. baionaconsciente dijo

    2 de Novembro del 2008 a las 13:34

    Unha cousa está clara, o PP de Baiona léenos e con asiduidade, non hai máis que ler a última acta na que se nos menciona como “un blog que non é do BNG”, mirade vós que igual empregamos esa definición como o noso subtítulo.

    Señor Almuiña, tírese á piscina e debata con toda Baiona en BC, pode asegurarlle que (sin crispación) poderemos sacar algo bo do diálogo. Sería unha mostra de que é un Alcalde para todos e o que toda Baiona demanda.

  9. maria dijo

    2 de Novembro del 2008 a las 16:09

    señor almuiña se no blog do pp di que con as criticas tamen se aprende e se pode e quer …fagas bostede tamen ….por que no…..se pode defendase ……o non pode un saudo

  10. maria dijo

    3 de Novembro del 2008 a las 9:34

    ala …..outra vez sen seguridade pra os nenos na escola dia 3-11-2008 sei que canso pero vou aseguir repetindo asta que non no publiquen por estar cansos do mesmo …..son nenos e quede claro digo por todos calqueira dia botaremos as mans a cabeza esqueciame no noai ningun lunes e pola semana as veces 1 ..as veces 2 – e as veces ningunha ….. sentidiño a quen sexa responsable da seguridade ciudadana un saudo

  11. maria dijo

    3 de Novembro del 2008 a las 11:42

    eu fagome unha pregunta e seguro que algun do que lea isto tamen a fara ….agora que estamos entrando recesion …..que fara o concello de baiona se non abra moitas suvencions ….e que non ai cartos nas arcas polo que se fala na rua …. por iso aumentas os impostos …..nos os cidadans estamos peor que vos ….decides que non van aumentar os soldos dos traballadores do concello e os bosos tamen ….vos tendes reserva …e os que cobran unha miseria o lado boso …eses si que estan con perdon ….j … que queredes que o cidadan vos diga ….que boiños ….co que cobrades por todos os lados . un saudo …o que tiñandes que facer e enestes momento xa que mirades tanto …segun vos polos cidadans e vaixar os vosos soldos …….

  12. maria dijo

    4 de Novembro del 2008 a las 10:43

    teño que decir que hoxe si estaba a policia local notase que o señor alcalde lee este blog pero apolicia non estubo o que vai de semana nen lunes nen martes xa o comentarei os outros dias….gracias baiona consciente por que se vale pra que metan policia local nas escolas ….e moi bo …esta e a arma arroxadiza que di o señor alcalde un saudo

  13. maria dijo

    5 de Novembro del 2008 a las 16:52

    hoxe policia local entrada e salida da escola espero de que non se cansen de mardar a policia pola seguridade dos nenos por iso ainda que e un dever grazas

Comentarios RSS