Un lugar onde vivir

Tan consciente está Baiona que os debates de concellos limítrofes mesmo invaden o noso blogue e tamén se anticipan debates que tiñamos pensado iniciar hoxe. Noraboa Conscientes Baioneses, estades a darlle un pulo importante a BC e agardamos poder correspondervos. Xa que logo, e por aclamación popular, o tema de hoxe será o Plan Sectorial da Xunta para vivenda protexida.

En verdade non tiñamos pensado falar máis que de pasada desta iniciativa da Xunta, quizáis a iniciativa estrela de Anxo Quintana e Teresa Táboas (algúns dín que a preferida de “Quin”), non por nada senón porque Baiona nin tan siquera está incluida neste ambicioso plan para dar acceso a vivenda digna a quen a precise. Tiñamos entendido que o Plan Sectorial somentes afectaría a concellos sin planeamento aprobado, xa que naqueles que si o tivesen a propia obriga de reserva mínima imposta por lei xa cubriría a demanda presente neses concellos. Pero resulta que en Vigo contémplanse nove actuacións. Semella un número elevado cando supostamente o PXOM vigués ten unha media superior ao 40% de reserva para vivenda protexida.

E, como non, a polémica saltou no veciño concello de Nigrán. Podemos entender as críticas, mais o Responsable Local do BNG en Baiona, Roberto, xa expuxo con moito acerto os argumentos que demandabamos como contestación, no blogue do BNG de Baiona tamén falan do Plan Sectorial e dan o seu punto de vista. Ogallá que o Plan Sectorial de Vivenda impuxese 2.000 vivendas protexidas en Baiona, aínda así avería colas e iso teñen que telo metido na cabeza os nosos políticos. En troques de tirarse os trastos á cabeza sobre quenes se merecen máis ou non acceder a unha vivenda protexida ou o método de acceso a ela, os esforzos deberían ir en acadar a suficiente oferta como para cubrir a demanda. O concepto do Plan Sectorial é ben sinxelo: hai un interese público en xerar vivenda digna e a prezo razoable (obriga na Constitución Española) polo que o Goberno pode expropiar para levar a cabo ese fin. O mesmo caso que no das autoestradas. Iniciaranse reclamacións de xustiprezo e aparecerán os mártires das casas ilegais, por suposto, pero debemos mirar con coidado porque haberá perxudicados aos que convén escoitar e darlle a saida máis xusta aos seus problemas.

Desgraciadamente, namentres en España gobernaba Aznar e na Xunta Fraga o concepto vivenda protexida non existiu en Galicia, salvo contadas excepcións, logo viu o señor ZP e quedouse a mirar o bonitilla que estaba España e, timidamente, creou o inútil Ministerio da Vivenda. ¿Cál foi a receita ante o problema da vivenda?: pisos de 30 metros cuadrados (iso sí, con más metros cúbicos) e agasallar zapatillas aos mozos que estivesen buscando vivenda. Ole e ole.

Lamentablemente as decisións que se tomen hoxe en materia de vivenda non surtirán efecto ata dentro de catro ou cinco anos e namentres ¿qué?. Somentes temos que ver os efectos que está a producir a lei do solo do 2002, con apenas 20 concellos con planeamento aprobado. Todos deben asumir as culpas e non seguir mirando para outro lado, como si as hipotecas NINJA (no income, no job, no assets) foran culpa doutros e non tiveran sucedido cousas de igual ou superior calado á porta das nosas casas. ¿Alguén pode contestar ónde está a edificabilidade do solo urbanizado en Baiona?. Por exemplo, no caso da Urbanización Portolys. Porque no caso dos Tendais sabemos exactamente ónde está esa edificabilidade.

Agora anticipamos unha nova guerra. O BNG dí que o Alcalde é o culpable de que non haxa vivenda protexida en Baiona, rapidamente sairá o señor Almuiña a decir que o Plan Sectorial o asinan “os do bloque” e que o Goberno Municipal nada pode decir xa que non lles escoitan e o PXOM está parado na mesma Xunta e ¿qué van a facer eles entonces? Coma xa é habitual a conclusión é: eles peléxanse coma nenos no patio do colexio e asumen as consecuencias os de sempre, os cidadáns máis necesitados.

9 Comentarios

  1. carlos dijo

    5 de Novembro del 2008 a las 11:55

    O goberno central, en calqueira caso e máis na actual situación de parón inmobiliario e necesidade de vivenda a precios asequibles, ao traverso do Ministerio de Vivienda pode adicar recursos económicos á compra de solo e promoción de vivenda de protección dun xeito directo, ao traverso por exemplo sa sociedade pública SEPES, ou ben territorializando o gasto vía gobernos autonómicos.

    En estos momentos o Ministerio de Vivenda dota trescentos millóns de euros para compra de solo e 130 máis para urbanización dentro do seu Plan de Oferta Pública de Suelo, dirixido aos propietarios de solo -Concellos, particulares, etc-. As ofertas de solo pódense presentar antes do 29 de decembro. As comunidades autónomas e axentes sociais tiñan de prazo ata o 5 de Novembro -hoxe precisamente- para facer as súas aportacións e o documento será aprobado definitivamente. Xunta e goberno central están agora a discutir a aplicación de ése Plan en Galicia. O Plan Sectorial da Xunta entendo eu que pode participar do solo e a financiación do Ministerio.

    A previsión do Ministerio executando este Plan é ofertar 20.000 pisos protexidos dutante os próximos catro anos. A oferta de compra de solo se realizará en cidades de máis de 20.000 habitantes (este tamén é un tema en discusión entre Consellería e Ministerio).

    Polo que respecta ao informe que debe emitir a Consellería de Política Territorial encol do PXOM baionés decir que de ningún modo está parado. Que dende a súa presentación, coido que no mes de marzo, se solicitaron outros informes e documentos ao concello que este remitiu no verán. Ata donde eu sei, ése informe ten que ter unha pronta saída, opinión que creo recordar o alcalde de Baiona tamén reiteraba na entrevista no Faro o pasado domingo.

    Postdata: Esa entrevista merece algún comentario porque amosa bastante ás claras cáles son os fíos que move o alcalde. Dáme a impresión que PSOE/BNG ou están en outras batallas ou é que están dormidos.

  2. baionaconsciente dijo

    5 de Novembro del 2008 a las 12:17

    Ter un Ministerio da Vivenda son ganas de enfrentarse ás comunidades autónomas, as labores de financiación perfectamente poderían estar encuadradas no Ministerio de Fomento. É curioso como un partido supostamente federalista anda aínda tan despistado en materia de competencias transferidas. Igualmente sucedeu coa inflacionista Renda Básica de Emancipación, pero claro, ¿quén plantexa un recurso a unha subvención?

    Non nos esquencimos da entrevista ao señor Alcalde, que non ten desperdicio, pero é que outros temas saltaron á actualidade nos comentarios dos Conscientes Baioneses. Eles mandan, amigo Carlos.

  3. carlos dijo

    5 de Novembro del 2008 a las 12:56

    Concedamos que todo o mundo ten dereito a facer política. Para o goberno Zapatero, como para todo goberno con sensibilidade social, o problema da vivenda en España nos últimos anos é unha cuestión de máxima importancia o cal pode levar a un exceso de voluntarismo e querer facer cousas por riba de todo. Como por fortuna a realidade política é a que é, todo vai ao seu rego e administración central e autonómicas acaban sentándose á mesa de negociación e acordando quén pon os cartos e quén os debe xestionar.
    Neste senso tamén é curioso que a Conselleira de Vivenda, acompañada polo vicepresidente Quintana -qué pinta él-, presentou o Plan Sectorial galego unha semana antes de ser presentado o Plan de Oferta Público de Suelo do goberno central. Éso tamén é política, partidista e oportunista, pero política.
    En algunha outra ocasión xa lembrei a Deng Xiao Ping, o pequeno timonel,-apertas Xulio-, cando falou do gato blanco ou negro. Pois iso: o importante é facer as vivendas de protección canto antes. E o importante tamén é que Baiona está fora de onda nesta cuestión fundamental.

  4. Roberto dijo

    5 de Novembro del 2008 a las 13:20

    Somentes quero recordar, que as competencias en canto a Vivenda, estan transferidas as Comunidades Autonomas. Agas algunha actuacion esporadica da SEPES, moi contadas por certo en Galiza.

    Con referencia a se o BNG entara agora en batalla co Alcalde, coido que non ven o caso neste momento. A batalla xa se deu, o BNG estivo intentando que Baiona poidese entrar no Plan Sectorial de Vivenda, e non fomos quen de conseguilo, pero non, porque na Conselleria non quisera, xa teño comentado o motivo. Foron os veciños e veciñas de Baiona quenes perderon unha gran batalla, a de poder ofrecer os seus fillos vivendas no noso Concello.

    No tocante a referencia de Carlos sobre o panfleto que o Faro publicou o Domingo sobre o Alcalde, coido que non e preciso comentalo, coido que xa bastente favor lle fixo o Faro como para que nos lle deamos ainda mais bombo.

    O BNG ten moi claro que e o que ten que facer, e esta a facelo, cos seus acertos e cos seus erros, o BNG a dia de hoxe non se atopa en campaña, atopase traballando polos intereses dos Baioneses, facendo alegacions o Pepchab, traballando por que o Ministerio de Defensa devolta os terreos da Bateria de Silleiro, tentando facer no noso Concello Vivenda protexida, conseguindo financiacion para que Medio Rural invista en Baiona, ….

    Coido que xa se ten comentado en BC que os nosos politicos teñen que mudar a hora de facer oposicion, e non buscar o enfrontamento facil.

    Acollome a esta peticion de BC para non caer na tentacion, e imos seguir co noso traballo.

  5. Roberto dijo

    5 de Novembro del 2008 a las 13:30

    Vexo que tardie moito na escritura do post anterior e que os meus comentarios quedan solapados coas anotacions anteriores. Desculpas.

    So quero respostar a Carlos, no referente, a que pinta Quintana na presentacion do Plan Sectorial.

    Quintana e o Vicepresidente, e fai o que lle corresponde.

    Acaso o Presidente Touriño non acopaña a todos os seus Conselleiros?.

    Quintana acompaña os Consellerias de Industria, Cultura, Medio Rural e Vivenda, na medida das posibilidades, nas suas presentacions.

    No pacto de goberno quedaron ben definidas as areas de actuacion de uns e outros, e Vivenda competelle mal que lle pese a alguns o BNG. Tanto para ben como para mal.

    Sinceiramente non coparto ese comentario Carlos, pareceme fora de tono. Unha aperta.

    (Desculpade que non poida tildar, pero hoxe, seica non quere funcionar a tecla)

  6. carlos dijo

    5 de Novembro del 2008 a las 13:58

    Insisto en que o importante é que se fagan as vivendas. Para elo me basta con que o diga a ministra Corredor ou/e a conselleira Táboas. A presencia de outros -presidentes ou vicepresidentes- nos actos e nas fotos é para dar cobertura política ao evento. Non me parece mal; simplemente paréceme colateral.

    Ven a conto que si aceptamos a un vicepresidente de atención social da Xunta nun acto de Vivenda, aceptemos cando menos tamén que o goberno central poda ter iniciativas no terreo da vivenda de protección ademáis de por alguns cartos. As compètencias en vivenda están transferidas pero non son exclusivas.

    Roberto: ése panfleto, como dices, foi lido o domingo por tódo-los baioneses que leen o Faro, que son algúns. Igual PSOE/BNG están de acordo co que alí se decía porque eu non vin réplica ou aclaración ningunha.

  7. Marcote dijo

    5 de Novembro del 2008 a las 20:56

    Agora veñen todos a falar de vivenda protexida, pero hai catro anos, con ZP de Presidente, non se plantexaban estas posibles solucións. Coma sempre desde Madrid chegan tarde porque os “caladiños” fan ben a súa función.

    O BNG leva anos traballando no Plan Sectorial para desatascar un problema de planeamento do que os políticos teñen unha importante dose de culpa e tamén aqueles votantes que siguen empecinados en apoiar aos corruptos. E todos sabedes ben a ónde estou a mirar.

    Eu quédome con aquela frase de Aymerich: Non ao ladrillo, sí ao Bloque.

  8. Bieito dijo

    6 de Novembro del 2008 a las 5:48

    Roberto, a Robaleira como finca que xa consta cunha especial protección forestal e patrimonial, non debería tocarse un ápice. Existen outras bolsas de terreo perfectamente desenrolables sin ter que ser precisamente esa finca que está sendo inventigada e que no PXOM fallido pretendían mediante convenios urbanísticos e compensacións recalificala cunha edificabilidade dun 35%. Neste plan sectorial danlle unha edificabilidade dun 50%.
    Por certo, por si alguén no o sabe ainda o promotor e mediador para a búsqueda dunha figura de convenio urbanístico en Robaleira foi o voso colega de plenos o Sr. Carlos de la Peña, que actuo de “lobby” urbanístico nesta actuación en concreto. Como vos queda o corpo?

    Mario Puente merca a 7 millóns de euros e a xunta cómprallo a 12 millóns. Eu verdadeiramente non lle vexo problema á expropiación con semellantes cifras. Porque será que aos veciños cando lles expropian nunca lles sae a gañar?

    E unha vez finalizado o proceso penal aberto polo PXOM de Nigrán, resulta que esta finca sae como unha das que efectivamnete estava baixo corda esa recalificación dun paraxe protexido nas actuais Normas subsidiarias…como se nos queda o corpo cando Mario Puentes cobre os 12 millóns.

    Pero é que non só é esa actuación, sin non que a outra bolsa de terreo en Nigrán na zona das Angustias coincide tamén coa bolsa de terreo que mercou o Celta de Vigo.

    Se queredes pecar de inxénuos, alá vós. Pero aquí hai algo que non encaixa. Demasiadas vivendas para un só concello, e demasiadas casualidades neses terreos.

  9. Marcote dijo

    7 de Novembro del 2008 a las 10:31

    Bieito, as túas informacións son certamente inexactas. Para empezar non se pagan 12,2 millóns pola finca de Mario Puentes, senón por toda a actuación (104.000 metros cuadrados).

    Para que alguén merque algo poden darse dúas circunstancias: que se pidan os cartos ou que se tiren dos aforros. No primeiro caso se pagan uns intereses e no segundo se deixan de gañalos. Ónde están esas variables no teu cálculo? O curiosó é que nadie ve un timo que alguén cobre 7 millóns de euros por unha finca na que non se pode facer máis que prantar árbores e contemplar o patrimonio protexido ubicado na mesma (que seguirá protexido e se revalorizará coa actuación do plan sectorial).

    Por certo que no P.S. hai reserva de solo libre, pero de un prezo limitado na primeira e posteriores ventas (non hai guetos, hai entramado urbano) e unhas reservas para solo dotacional IMPRESIONANTES. Todos os nigranenses resultarán beneficiados. Acabouse que se beneficien uns poucos.

Comentarios RSS